Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Cultivo de rosas, a paisaxe máis impresionista

Incontables puntos de vistosas cores que medran grazas á calor apresada por un lenzo de plástico. Velaquí a paisaxe impresionista que debuxa o cultivo de rosas de té, especie híbrida das rosáceas de aroma intenso que reina nas florerías.

  
Ruben García Blázquez

Cultivo e recolección en invernadoiro

O cultivo de rosas faise nun invernadoiro. Deste xeito obtense a máxima produción nun espazo mínimo e baixo unha temperatura e humidade controladas. A planta enraíza en terra ou en substrato hidropónico durante os primeiros sete ou oito meses. De cada planta poden medrar de unha a seis rosas e florece no invernadoiro catro veces por ano. A recolección ten lugar dende comezos da primavera ata finais do outono, mentres que o inverno é a época idónea para a poda. Sempre ao amencer ou contra o serán e armado cunhas simples tesoiras, o produtor percorre os corredores do invernadoiro e corta os exemplares máis fermosos. As rosas con talos máis altos son as máis cotizadas. Se a rosa xa está aberta en exceso xa non poderá aproveitarse para a súa venda individual ou en ramo, aínda que os seus pétalos se poden utilizar para facer centros florais.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

Prevención e combate de pragas

O cultivo de rosas frutifica sempre que haxa un control total do pH da terra, da rega, da cantidade de fertilizante e da temperatura e humidade, e mais sempre que non aparezan pragas. Minúsculos insectos alados, o oidio (un fungo parasito que seca a planta e que se combate con xofre), o sempre protagonista pulgón e mais a araña vermella -un ácaro insaciable, só visible a través dunha lupa, que se alimenta de zume- son os inimigos máis comúns das rosas. Para limitar a aparición de pragas non hai mellor ferramenta ca a prevención: arrincar malas herbas, colocar bandas adhesivas, etc.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

Do invernadoiro á casa

Aínda que se importan moitas rosas de países como Holanda, Colombia ou Ecuador, en España tamén se cultiva unha cantidade considerable delas que mesmo se poden adquirir horas despois da súa recollida. Iguálanse os talos e clasifícanse e protexen no propio invernadoiro. Deseguido transpórtanse ata o almacén máis próximo, que llelas pode vender a outros distribuidores ou directamente ás florerías da zona. A gama de variedades dispoñible é moi ampla e os especialistas a miúdo producen híbridos de sorprendentes tonalidades.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

Outras fotorreportaxes que che poden interesar


Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto