Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

María Teresa Domínguez, Presidenta de Foro da Industria Nuclear Española: "España necesitará tres centrais nucleares máis para o 2035"

 O Foro Nuclear representa a industria nuclear en España. A súa presidenta, María Teresa Domínguez, recoñece que o accidente de Fukushima foi "moi grave", pero considera que non é apocalíptico, como se suxeriu nalgúns casos. Domínguez coida que, a pesar deste incidente, a enerxía nuclear seguirá medrando en todo o mundo, incluído en España, onde apunta a necesidade de construír tres unidades máis para o 2035.

Fukushima marcará o comezo do fin da enerxía nuclear?

Non. O fin marcarao o momento no que se atopen outras fontes de enerxía. Hai que avanzar todo o que se poida en renovables, pero polo menos ata o 2050 non se poderá prescindir da nuclear. En países como Estados Unidos, China, ou mesmo en Europa, a idea é que siga.

Xapón volverá utilizar centrais nucleares?

Nos vindeiros 20 anos non poderán prescindir da enerxía nuclear, aínda que desenvolvan as renovables. Xapón ten máis de cen millóns de habitantes e carece de enerxía fósil ou hidráulica. Agora ben, terán que revisar os seus procedementos e as súas localizacións e se algunha central non cumpre terán que pechala e abordar novos proxectos.

O Consello de Seguridade Nuclear (CSN) detectou "lixeiros" aumentos puntuais da concentración de iodo e cesio no aire de España procedentes de Xapón.

Os niveis son mínimos e non son perigosos. Este suceso deixa en evidencia o enorme control internacional e que estas partículas se detectan moi rápido e ben.

Antes do accidente de Fukushima defendían a necesidade de construír máis centrais en España e de ampliar o período útil das actuais. Pensan agora igual?

Si. A tecnoloxía de auga lixeira demostrou que nunha situación moi complicada se pode controlar de maneira sinxela, con auga de mar. Dende Chernobil traballouse moito en seguridade. As centrais nucleares españolas están prepararadas, como creo que demostrarán as probas de estrés.

Cantas centrais máis necesita España?

Tendo en conta que nos vindeiros anos o consumo enerxético aumentará e que as centrais actuais se renovarán, necesitaremos tres máis cara ao 2035 para manter o 30% da produción total de enerxía en España. Non se debería tardar en realizar os estudos de viabilidade, como xa fan outros países.

Canto tempo máis poden funcionar as actuais centrais?

Cada dez anos o CSN estuda as condicións de seguridade, e se os requisitos se cumpren, pódese continuar dez anos máis, como Garoña e Cofrentes. Cando se deseñaron incluíronse tantas marxes que poderían funcionar entre 60 e 80 anos. Pero non hai que esquecer os investidores: se o CSN impuxese uns requisitos que non pagase a pena abordar, xa non se continuaría. Nestes momentos invístense ao ano uns 300 millóns de euros no parque nuclear español, case como construír unha central de gas natural de 800 megavatios.

Son seguras as centrais españolas?

Son, dío o CSN e polo que eu coñezo tamén. As avaliacións internacionais deixaron ao organismo regulador español moi ben catalogado.

Greenpeace entrou varias veces en centrais como Garoña. Non falla a seguridade?

Os sistemas de control a intrusos son confidenciais, e nin sequera no Foro os coñecemos. As torres de refrixeración onde entraron non son vitais. Agora ben, estanse a revisar algúns procedementos para melloralos.

Desde o sector da enerxía nuclear afírmase que é barata en comparación con outras enerxías. Tense en conta o custo de accidentes como o de Fukushima?

É a que ten os custos máis baixos de xeración. Pero máis ca barata ou cara, diría que os seus prezos son moi predicibles a longo prazo. Isto vénlle moi ben a todos os esquemas económicos. Tampouco digo que se houbese máis centrais a enerxía sería máis barata, porque inflúen outros factores.

Pero cóbrense os custos relacionados con accidentes?

Os custos de xeración nuclear cobren todo o ciclo da central, o almacenamento dos residuos, o desmantelamento, os impostos e os seguros de responsabilidade nuclear. Cando todo isto se harmonizou en Europa, resulta que as centrais españolas eran as que máis altas tiñan esa responsabilidade.

As empresas de enerxias renovables de Alemaña aseguraron que poderán ocupar o lugar da nuclear no 2020.

En Alemaña vanse esforzar dentro do obxectivo da UE de producir enerxía nun 20% con renovables. Outra cuestión é prescindir da nuclear, cousa que en ningún caso poden. E non hai que esquecer que o grande problema actual é o cambio climático e que as nucleares non emiten CO2.

Xa non se fala do Almacén Temporal centralizado (ATC) de residuos radiactivos de alta actividade. Construirase? É seguro?

É unha instalación necesaria e será segura. O proceso iniciouse moi ben, pero o tema das competencias autónomas complicouno.

Que poden facer os consumidores?

Non se pode desbaldir enerxía. A enerxía é cara e complexa e non se pode actuar con medo, hai que confiar nos organismos e nos técnicos de seguridade.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto