Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Incontinencia urinaria feminina: Máis ca unha perda de ouriños

As perdas involuntarias de ouriños, por pequenas que sexan, xeran un problema social e hixiénico para a muller e repercuten de xeito importante na súa calidade de vida

  Sófrese en silencio, pero cada vez menos. A publicidade sobre compresas que recollen as perdas e o maior número de casos rexistrados fan que a incontinencia urinaria en mulleres vaia quitando o tabú de riba e se revele como un trastorno máis habitual do que se podería pensar. De feito, en persoas novas a incontinencia urinaria é ata cinco veces máis frecuente entre as mulleres ca entre os homes, pero a idades avanzadas a proporción de afectados iguálase en ambos os dous sexos. O 12,2% das mulleres e o 3,6% dos homes padécena, segundo un estudo realizado sobre máis de 18.000 persoas que participaron na Enquisa de Saúde de Cataluña (ESCA), elaborado por Montserrat Espuña e outros autores do Hospital Clínico de Barcelona. Segundo este mesmo estudo, a partir dos 65 anos esa porcentaxe de incontinencia urinaria nas mulleres duplícase ata chegar ao 26,6%.

Entre as razóns que explican este trastorno os expertos sinalan como principal responsable a propia bioloxía da muller. Esta permite ter fillos e conduce a sufrir certas secuelas do embarazo e do parto, como a incontinencia urinaria. Así e todo, este é só un dos factores que fan máis frecuente este problema na poboación feminina ca na masculina, aínda que, por fortuna, na actualidade cada vez hai máis maneiras de combatelo. Un dos últimos tratamentos máis demandados son as inxeccións de toxina botulínica.

Tipos de incontinencia

  Mentres que a incontinencia de esforzo é máis frecuente na muller nova, a de urxencia é máis común a partir dos 60 anos e cada unha delas orixínase por causas distintas e, xa que logo, o seu tratamento tamén é diferente. Amais destes dous grupos ben referenciados, hai un terceiro: a incontinencia mixta, baseada en padecer os dous tipos á vez, de xeito que ás persoas que a padecen lles escapan os ouriños tanto ao realizaren esforzos como por urxencia.

Incontinencia de esforzo: razóns de peso

Este nome fai referencia ás perdas involuntarias de ouriños orixinadas por esforzos como tusir, espirrar ou rir e cando os músculos do chan pélvico resultan afectados por distintas situacións, como o embarazo e o parto. Estes músculos atópanse na base da cavidade abdominal, forman unha especie de "hamaca" ou embude ao final da pelve e contráense para que todos os órganos que sustentan (a vexiga, a matriz, etcétera) se manteñan no seu lugar e exerzan a súa función de maneira correcta; ademais, axudan a pechar o conduto dos ouriños e a evitar que escapen. Agora ben, cando a muller ten un parto vaxinal, estes músculos disténdense e, aínda que adoitan retornar á súa posición, ás veces non recuperan o seu ton previo. É máis, o propio embarazo supón unha sobrecarga que os debilita. O embarazo e mais o parto son un reto para a musculatura do chan pélvico.

Proba diso é que un estudo publicado no 2010 polo Grupo de Investigación do Chan Pélvico (GRESP) de España, constatou que o 30% de mulleres embarazadas sufriu escapes de ouriños na súa primeira xestación, cando nunca antes lles acontecera; que o 16% seguiu a padecelos despois do parto e que esta porcentaxe se reduciu á metade, ao 8%, ao cabo de seis meses. Moitas das afectadas recupéranse de maneira espontánea durante o semestre que segue o parto, mentres que o resto deben tomar medidas terapéuticas.

Neste mesmo estudo fíxoselles un seguimento a 1.100 mulleres durante o primeiro, segundo e terceiro trimestre de embarazo e durante o parto, co fin de identificar os factores de risco que conducían á incontinencia de esforzo. Tras este período, viuse que a obesidade (ter un índice de masa corporal ou IMC superior a 30) ao comezo do embarazo leva consigo o dobre o risco de desenvolvela, ter antecedentes familiares (nais ou irmás) con incontinencia multiplica por tres este risco, un aumento excesivo de peso durante o embarazo (mesmo en mulleres con peso normal antes da xestación) tamén eleva o dobre este risco e o parto por vía vaxinal incrementa entre dúas e tres veces a probabilidade. Outros factores de peso son a práctica de deportes de impacto onde se realicen saltos que repercutan no chan pélvico (como se se saltase sobre unha cama elástica). Isto acontécelles ás atletas de alta competición, pero tamén a calquera muller que faga aerobic ou steps no ximnasio. A obesidade, en si mesma, con independencia do embarazo, incrementa o risco de sufrir tanto incontinencia urinaria como fecal. E, para rematar, as mulleres con tose crónica, por alerxia, bronquite crónica ou por fumar, tamén rexistran un risco máis alto.

Incontinencia de urxencia: cando o control se perde

Este tipo de incontinencia aféctalles ás persoas que teñen ganas de mexar e carecen de control sobre a súa micción, polo que non chegan a tempo ao baño. Aínda que afecta sobre todo aos adultos, a situación poderíase comparar á que viven os nenos cando están a aprender a controlar a micción: o cerebro envía unha orde para mexar e o neno mexa por riba porque aínda non dá controlado o seu esfínter. Custa moito aprender a controlar de maneira voluntaria un músculo como a vexiga, que na natureza está previsto que se contraia de xeito involuntario, coma o corazón. Precisamente, quen sofre incontinencia de urxencia perdeu este control, o seu cerebro perde a capacidade de lle enviar unha orde á vexiga para que agarde e é daquela cando se produce a urxencia.

Pero tamén é a consecuencia de sufrir certos traumatismos ou ante unha causa neurolóxica evidente: lesionados medulares, enfermos de Párkinson, esclerose múltiple ou vítimas de accidentes cerebrovasculares. Outras causas non neurolóxicas deste trastorno son a vexiga hiperactiva idiopática, é dicir, en aparencia son persoas neuroloxicamente normais, pero teñen unha sensación incontrolable ou de urxencia de ir ao lavabo, sen que se saiba o porqué. Outras enfermidades como a diabete tamén pode derivar nunha neuropatía diabética que afecta ao sistema neurolóxico, con máis risco de incontinencia urinaria mixta. Por outra banda, as cardiopatías requiren que a persoa afectada tome diuréticos, o que aumenta moito a produción de ouriños. O último factor que cómpre salientar é a idade, xa que os mecanismos que controlan a micción se deterioran co paso dos anos.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto