Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Chocolate, pecado ou pracer saudable?

Canto maior é a súa concentración de cacao máis propiedades saudables proporciona

  Para mitigar as penas, para tornar ledo un día gris ou para celebrar os mellores momentos. Así é o chocolate, un doce que non deixa indiferente. Por unha banda outórganselle propiedades saudables, mentres que por outra se lle adxudican efectos negativos como provocar acne, sobrepeso, xaqueca ou carie. Mesmo hai quen chega a dicir que crea adicción. Pero o certo é que non se coñece con seguridade o fundamento dalgunhas destas suposicións.

O chocolate, principal derivado do cacao, contén, segundo os expertos, compostos que reportan propiedades antioxidantes beneficiosas, especialmente interesantes para a saúde cardiovascular. Antes de divulgar as bondades do chocolate e de facelo coa certeza que outorga a evidencia científica, convén especificar o tipo, segundo sexa negro, con leite ou branco. Publicáronse estudos que avalan as características beneficiosas deste produto, sempre e cando se trate do chocolate máis puro, o negro, e o seu consumo non sexa excesivo. E é que unha inxestión moderada (20 gramos) podería proporcionar propiedades beneficiosas a nivel cardiovascular e emocional.

Chocolate negro, comprimido de saúde

  Son numerosos os adxectivos que tradicionalmente acompañan ao cacao, dende curativo ata daniño e afrodisíaco. E aínda hoxe moitos estudos tratan de descifraren as súas propiedades. O xeito máis popular de consumir cacao é como chocolate, o seu principal derivado. Polo tanto, é o consumo do chocolate o que inflúe na saúde da maioría dos cidadáns. Sábese que canto maior sexa o de pasta de cacao a calidade do chocolate é superior e máis indiscutibles son, xa que logo, os seus beneficios para o organismo. O chocolate negro 99% (99% de pasta de cacao) ten o dobre de contido en cacao ca o chocolate con leite (menos do 40% de cacao) e duplica o contido de compostos antioxidantes protectores. Pola súa banda, o chocolate branco ten manteiga de cacao, pero non a pasta de cacao rica en antioxidantes. Non é correcto polo tanto gabar as propiedades deste doce sen especificar máis, xa que o chocolate máis consumido pola poboación é o chocolate con leite, mentres que o obxecto de atributos saudables é o negro, e mellor aínda canto máis cacao teña, é dicir, canto máis amargo sexa. É máis, as investigacións subliñan que o efecto antioxidante do cacao se inhibe por acción do leite, ingrediente común tanto na presentación soluble coma nos paquetes de maior consumo. Segundo os expertos, isto pódese deber á formación de complexos non absorbibles entre os antioxidantes e as proteínas lácteas. Noutras palabras, que para que o chocolate resulte verdadeiramente san cómpre tomalo puro, amargo.

Destaca porque...

  • Reduce a presión arterial. A metaanálise máis recente realizada por investigadores australianos conclúe que o consumo habitual de chocolate negro ou de produtos derivados do cacao puro se asocia a unha redución pequena, pero significativa, nas cifras de presión arterial de individuos hipertensos. O mecanismo de acción asóciase á capacidade dos polifenois, antioxidantes que contén o cacao, de aumentar a formación de óxido nítrico endotelial, composto implicado na vasodilatación arterial, acción que redunda nunha diminución da presión arterial.
  • Regula o colesterol. Sábese que a graxa saturada da manteiga de cacao, pola súa riqueza en ácido esteárico, non aumenta o colesterol -a diferenza das graxas saturadas doutros alimentos-, senón todo o contrario. Comprobouse que o consumo de cacao ou de chocolate negro se traduce nunha diminución dos niveis de colesterol total e de colesterol LDL (colesterol malo), se ben non hai cambios no colesterol HDL. Isto é o que conclúe a única metaanálise que avaliou o efecto dos produtos derivados do cacao no perfil lipídico realizado por investigadores da Universidade de Ciencias Médicas de Beijing. Os autores suxiren que é preciso estudar a dose de consumo saudable e mais o efecto nos niveis de lípidos a longo prazo.

  Malia ás accións favorables do cacao, hai que considerar que os derivados máis consumidos pola poboación xeral (cacao soluble, bebidas de cacao, chocolate con leite, barriñas, bombóns, trufas, etc.) son doces en xeral cunha alta carga de azucres, graxas e calorías. Estes produtos non son unha opción aceptable para a mellora da saúde cardiovascular. O razoable sería animar a que a poboación faga un consumo moderado de cacao puro ou de chocolate negro no canto dos devanditos doces.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto