Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Centros de día para as persoas maiores: analizadas 130 instalacións en todo o país: A calidade asistencial non mellorou e só é aceptable

O prezo medio por día é de 28 euros (un 22% máis ca no 2006), aínda que as públicas roldan os 20 euros diarios, as privadas 36 e as concertadas 23

  O noso país vai vello. As persoas con máis de 65 anos alcanzan xa o 17% da poboación (máis sete millóns de cidadáns), un colectivo que na súa maioría necesita atencións e coidados especiais. Os centros de día son, xunto coas residencias de anciáns, un recurso máis para seguir atendendo as necesidades dos nosos vellos e dar un respiro, durante unhas horas ao día, aos familiares que se encargan deles.

EROSKI CONSUMER estudou 130 centros de día (30 públicos, 48 privados e 52 concertados) para persoas maiores situados na Coruña, Álava, Alacante, Asturias, Barcelona, Cantabria, Córdoba, Granada, Guipúscoa, Madrid, Málaga, Murcia, Navarra, Sevilla, Valencia, Valladolid, Biscaia e Zaragoza. Para iso, solicitóuselles información aos responsables de cada instalación sobre a calidade asistencial, os servizos que proporcionan, os prezos e a información ás familias. Para complementar esta investigación os técnicos desta revista visitaron entre os meses de febreiro e marzo as instalacións para comprobaren in situ o seu estado, a seguridade, a limpeza e a accesibilidade das infraestruturas.

O balance dos resultados obtidos é bastante positivo: a nota media obtida por estes 130 centros de día é dun 'ben', sen diferenzas en función da titularidade do centro, e parecida á nota obtida hai catro anos nun estudo semellante realizado por EROSKI CONSUMER. Por provincias, Asturias, Álava, Cantabria, Granada, Guipúscoa, Murcia, Valencia, Valladolid, Biscaia e Zaragoza obteñen un 'ben', superan a nota cun 'moi ben' Alacante, Barcelona, Córdoba, Madrid, Málaga e Navarra. Destacan negativamente Sevilla e A Coruña: a primeira non logra máis que un 'aceptable' e a segunda suspende cun 'regular'. Un bo nivel global que se ratifica en que dos 130 centros visitados unicamente un situado en Murcia suspende o exame da revista.

Calidade asistencial: só aceptable

Cando os familiares dun ancián se deciden por este tipo de instalacións esixen en primeiro lugar unha atención difícil de medir: cariño, respecto e afabilidade. Non obstante, existe outro tipo de atención á que cómpre prestarlle especial coidado. Entre outros aspectos, buscan que a dotación de asistencia directa (persoal de enfermería, auxiliares ou xerocultores) sexa a axeitada: a ratio recomendada polos expertos é de un por cada seis anciáns. A existencia de salas de consulta médica e para as curas, a disposición dun médico de modo permanente no centro ou servizos de fisioterapia e rehabilitación son aspectos que tampouco deberían faltar. Non obstante, a nota resultante tras a análise deste capítulo pon en evidencia carencias, apenas un 'aceptable', similar á lograda no estudo elaborado no 2006. As mellores provincias en calidade asistencial son Cantabria, Murcia, Valencia, Álava e Valladolid (un 'ben' en todos os casos), Alacante, Barcelona, Córdoba, Málaga, Navarra (estas cinco provincias comparten un 'moi ben') e Madrid, que acada un 'excelente'. Non obstante, os centros de día analizados en Asturias, Granada, Biscaia e Zaragoza só rexistran un 'aceptable'; mentres que A Coruña, Guipúscoa e Sevilla ('regular') suspenden.

Dous de cada tres centros analizados dispoñen dun coidador para seis anciáns, ratio que segundo os especialistas pode considerarse óptima para estes centros (proporción similar á obtida no estudo realizado no 2006). Non obstante, a este dato súmase outro menos positivo: unha de cada cinco instalacións estudadas declaran contar con máis de 10 anciáns por coidador, un equipo insuficiente. Para rematar, constatouse que no resto dos centros analizados (un 17%) a un coidador lle correspondían entre 7 e 9 anciáns. Por titularidade da instalación, o índice recomendado cúmprese en maior medida nas públicas (74%), mentres que nas privadas e nas concertadas esta circunstancia se dá nunha proporción menor (56% e 61%, respectivamente).

A calidade na atención tamén se mide pola cobertura médica permanente do centro: tan só a metade conta con asistencia médica en todo momento, algo máis nos privados e concertados (nun 48% dos casos) ca nos públicos (un 39%). Outro dos servizos de maior importancia na calidade asistencial dun centro de día, especialmente entre os minusválidos físicos, é o tratamento fisioterapéutico e de rehabilitación. Non obstante, o 14% dos centros estudados non o ofrecen entre os que si o proporcionan un 18% non contaban cunha sala específica adaptada a este fin.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto