Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

A pneumonía, unha ameaza para os pulmóns

A súa gravidade depende do microorganismo que a causa, da idade do paciente e doutras enfermidades que poida padecer

  "Non acaba de curar esta catarreira". Velaquí o veredicto autoproclamado pola maioría dos afectados que tras sufrir cadros de febre, mucosidade e dor muscular durante varios días, mesmo semanas, non melloran. Lonxe de ser un arrefriado ou unha catarreira mal curada, como se pensa en numerosas ocasións, é probable de que se trate dunha pneumonía ou pulmonía, infección respiratoria moi común que afecta especialmente ás persoas con poucas defensas e aos anciáns que sofren outras patoloxías. Entre o 40% e o 50% de todas as pneumonías detectadas non revisten gravidade, pero na mesma proporción esta infección require hospitalización e ata o ingreso na UCI. Certos costumes malsáns, como fumar, beber e non cepillar os dentes logo de cada comida, e determinadas doenzas poden favorecela. Evitar os primeiras e controlar as segundas son dúas das medidas máis efectivas para previr esta ameaza.

Quen estea libre de sufrila...

A pneumonía, máis coñecida como pulmonía, é unha inflamación dos pulmóns causada por unha infección. Desenvólvese cando un individuo entra en contacto con diferentes clases de microorganismos patóxenos (bacterias, virus e fungos) que chegan aos pulmóns a través do aire ou que xa se atopan na boca e que penetran nas vías aéreas.

Entre eses microorganismos, o principal axente que a causa, ata nun 40% dos casos, é o Streptococcus pneumoniae ou pneumococo. A pneumonía pode orixinarse tamén pola Legionella pneumophila e o Mycoplasma pneumoniae, bacteria causante da pneumonía en nenos maiores e adultos novos. En calquera caso, os síntomas que a anuncian son a febre alta, acompañada de suor e calafríos, tose produtiva, falta de apetito e debilidade, dor xeneralizada, dor de cabeza e nos casos máis graves dificultade ao respirar ou disnea. Ademais, en certos tipos de pneumonía, como a que afecta ás persoas maiores, rexístranse outros síntomas, como o padecemento de cadros de confusión, e, na pneumonía causada polo pneumococo, é frecuente a aparición do herpes labial. A intensidade con que se manifestan todos estes síntomas é variable, como tamén o é a gravidade da pneumonía: existen numerosos casos leves, que se poden tratar no domicilio; outros de maior gravidade, que requiren hospitalización; e outros moi graves, que esixen o ingreso na Unidade de Coidado Intensivo (UCI).

Casos vulnerables

  As persoas máis vulnerables fronte á pneumonía son as inmunodeprimidas, ben por unha enfermidade ou ben porque toman algún tratamento que debilita as súas defensas, así como as persoas máis vellas que xa padecen outra enfermidade. De feito, a pneumonía é a infección máis frecuente nos adultos de máis de 65 anos e nos nenos. Pero, amais da idade -un factor non corrixible- hai certos hábitos nocivos que poden favorecer o desenvolvemento dunha pneumonía e que poderían evitarse, como o alcoholismo e o tabaquismo, xa que un 51% dos fumadores teñen máis risco de sufrir pneumonía ca os non fumadores. A mala hixiene bucal tamén eleva a presenza de bacterias que potencialmente poden causar a enfermidade. Outras situacións que contribúen a que baixen as defensas fronte á pneumonía son certas enfermidades crónicas, como a enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC), a cardiopatía conxestiva, a diabete ou certas doenzas hepáticas e inmunolóxicas. Entre as que aumentan a concentración de bacterias causantes da pneumonía destacan as que xeran perda de conciencia. Nestes casos, redúcese a capacidade de tusir e de expeler mucosidade e outras secrecións. Deste xeito, auméntase o risco de que se desencadee unha infección se se diagnosticou un tumor de larinxe, de esófago ou pasou por unha cirurxía de abdome ou por un traumatismo de tórax, xa que os afectados presentan unha respiración pouco profunda, teñen menos capacidade para tusir e, polo tanto, reteñen máis mucosidade que pode dar orixe á infección.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto