Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Economía Doméstica

Λ

Pensións de xubilación: En canto quedará a miña pensión de xubilación?

Sobe a idade de xubilación aos 67 anos, aínda que os traballadores que cotizaran 38 anos e medio se poderán retirar aos 65 co 100% da prestación

  Non cómpre ter unha bóla de cristal diante para concluír dicindo que o futuro se presenta algo máis escuro, sobre todo, chegada a xubilación. A reforma das pensións aprobada recentemente no Consello de Ministros ten un claro obxectivo: reducir claramente as prestacións para este colectivo nos vindeiros exercicios. Dous son, en particular, os puntos clave: a idade legal de xubilación elévase de 65 a 67 anos e amplíase a base de cotización dos 15 aos 25 anos. En liñas xerais, un traballador poderá xubilarse con esta idade cobrando a totalidade da pensión, sempre que cotizara á Seguridade Social un período mínimo de 37 anos. Cambian, polo tanto, as regras do xogo para saber canto se vai cobrar unha vez chegada a etapa do retiro dourado. Previsiblemente e segundo cálculos iniciais, as pensións reduciranse unha media do 20% con respecto á contía actual. As modificacións afectan ao colectivo de traballadores por conta propia e allea, funcionarios, desempregados, estudantes con bolsas que cotizan... En canto quedarán as súas pensións? Como se pode calcular agora a prestación?

As claves

  Sen dúbida, para saber como calcular a prestación que se vai obter unha vez abandonado o mercado laboral, convén coñecer os aspectos principais da reforma. A combinación de todas estas variables, coas súas excepcións, dá lugar a unha casuística moi ampla:

Idade: é un dos puntos máis polémicos e que máis debate levantou entre a sociedade: a idade legal de xubilación amplíase dende os 65 aos 67 anos. Neste caso, para que o traballador cobre o 100% terá que cotizar 37 anos, fronte aos 35 que se aplicaban na actualidade. En calquera caso, a reforma contempla certas excepcións: a principal é que todos aqueles traballadores que cotizaran 38,5 anos e medio poderán retirarse aos 65 cobrando o 100% da prestación. Non obstante, o novo proxecto contempla certas excepcións de traballadores que poderán retirarse coa totalidade da pensión antes dos 67 anos. Así se permitirá en empregos de especial dureza ou perigosidade. Minería, pesca, construción, Forzas de Seguridade ou substancias químicas.

Xubilación anticipada: A idade mínima para poder xubilarse pasa dos 61 aos 63 anos. A esta idade sitúase agora o dereito voluntario para xubilarse. Non obstante, neste caso asumirase a rebaixa da prestación. Poderase exercer a xubilación anticipada dende os 61 anos se o traballador é despedido. Nestes casos prodúcese unha redución na contía da prestación do 8% por cada ano de anticipación, salvo que o interesado cotizara 40 anos ou máis, caso en que a redución será do 7% cada ano. Unha das novidades máis importantes e positivas é que ao colectivo de autónomos se lle recoñece por primeira vez o dereito á xubilación anticipada igual e nos mesmos termos ca ao resto de traballadores. Tamén se contempla a xubilación anticipada excepcional para situacións de crise antes dos 61 anos. Para optar a ela débense ter 33 anos cotizados.

Base de cotización: o período de cálculo da pensión amplíase dende os 15 aos 25 anos. Isto implica, basicamente, unha redución na prestación. Na actualidade, para calcular a pensión considerábanse os salarios dos 15 últimos anos cotizados. A partir de agora, tomaranse os 25 últimos exercicios de carreira laboral. A modificación, non obstante, será gradual e porase en marcha en dúas fases. Do 2013 ao 2018 subirá un ano de cotización por cada ano que pase. Deste xeito, no 2018 serán necesarios 20 anos para percibir a pensión mínima. A segunda fase abranguerá do ano 2022 ao 2027. Neste último exercicio xa se tomarán os 25 anos para calcular todas as pensións. En calquera caso, a principal consecuencia desta modificación é que baixará a porcentaxe da prestación que se vai percibir, xa que, tradicionalmente, canto máis se achega o traballador á idade de xubilación máis cobra debido aos complementos salariais, antigüidade, revisións de convenios, etc. Polo xeral, os traballadores acumulan o mellor salario nos últimos anos da súa vida laboral. Se se amplía a galla de cálculo e se incorporan exercicios con bases máis pequenas, loxicamente prodúcese a baixa na pensión.

Cotización mínima: o período mínimo para acceder á prestación contributiva mantense en 15 anos, aínda que con esta cotización só se poderá cobrar o 50% da base reguladora da pensión.

  Vida familiar: Entre os aspectos positivos da lei inclúense modificacións relacionadas coa conciliación de vida familiar e laboral. O traballador que teña que deixar o seu posto de traballo para coidar dos fillos terá unha cotización extraordinaria á Seguridade Social de nove meses por descendente ata un período máximo de dous anos.

Estudantes: Os bolseiros gañan dereitos para a súa xubilación. O novo proxecto de lei recoñece como períodos cotizados a participación de estudantes con carreira rematada en programas formativos ou de investigación nas empresas, cun período máximo de dous anos.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto