Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Verduras de folla verde: Verde que te quero verde

As verduras de folla verde, pola súa achega en ferro, magnesio e vitamina K, son recomendables para casos de anemia, contracturas e para coidar a saúde ósea

  En ensalada, como prato principal, combinadas con arroz, pasta ou legumes, de gornición, en tortilla, salteadas, en 'tempura' como aperitivo, mesturadas co guiso de carne ou de peixe... Calquera idea é boa se se dá comido cada día algo de verdura. Iso si, non todas as propostas serven para todos os días: non é o mesmo comela crúa, cocida 'ao dente' ou ao vapor ca fritida, rebozada ou mesturada con salsas graxas. As verduras son un tesouro gastronómico moi saudable. Representan un conglomerado de nutrientes: fibra dietética, vitaminas (ácido fólico, provitamina A, vitamina E), minerais e oligoelementos (potasio, magnesio, ferro, calcio...) e achegan unha gran variedade de substancias bioactivas, entre elas os antioxidantes. A Organización Mundial da Saúde (OMS) dá conta de que o baixo consumo de froitas e hortalizas ten unha relación directa con máis de 2,7 millóns de mortes ao ano en todo o mundo, entre elas o 30% son cardiopatías isquémicas, o 20% corresponden a cancros gastrointestinais e o 10% a enfermidades cerebrovasculares. Todas estas son cifras alarmantes se se ten en conta que a inxestión cotiá deste grupo de alimentos reduciría de xeito considerable a incidencia destas patoloxías. Ademais, algunhas verduras destacan sobre outras polo seu particular contido en determinados nutrientes e substancias bioactivas, polo que a súa inxestión é máis recomendable durante determinadas situacións. Hainas máis idóneas en caso de padecer anemia ou doenzas musculares, especialmente indicadas para manter a saúde dos ollos e mesmo para a mineralización dos ósos.

Por que non como verduras acotío?
... porque A solución Suxestións de receitas
Resúltame aburrido e monótono comer sempre a verdura fervida Buscar receitas orixinais na combinación dos seus ingredientes e mais no seu modo de elaboración e presentación:
salteadas, en tortilla, en 'tempura', pudins, hamburguesas, albóndegas, croquetas, empanadillas...
  • Milfollas de verduras de tempada.
  • Canelóns recheos de pescada, espinacas e lagostinos.
  • Cabaciños recheos de arroz.
  • Revolto de acelga con gambas.
  • Feixóns verdes salteados con champiñóns.
  • Coles de Bruxelas con gambas e mexillóns.
Só me gustan en ensalada Todas as verduras teñen cabida para comelas crúas ou 'al dente'
para gozar da súa textura crocante.
  • Ensalada morna de espinacas con pasas, piñóns e lagostinos.
  • Leitugas con brócoli, cherrys, noces e tacos de queixo de cabra.
  • Ensalada de fabas brancas, feixóns verdes e salmón.
  • Ensalada de col e pasas.
Non me agrada moito o seu sabor Disimular o seu sabor con herbas e condimentos suaves e aromáticos, con salsas saborosas pero non graxas ni salgadas.
  • Acelgas gratinadas con abelás.
  • Alcachofas asadas con salsa de pesto.
  • Brócoli con crema de requeixo.
  • Espinacas salteadas con pasas e piñóns.
  • Feixóns verdes con salsa de sésamo.
Fártanme pouco Combinalas con alimentos máis consistentes como o arroz,
a pasta ou os legumes, ou como ingrediente de guisos de carnes e peixes.
  • Cuscús con feixóns verdes, acelga, cebola e cenoria.
  • Arroz estufado con brócoli e champiñóns.
  • Macarróns con brócoli e salsa de tomate.
  • Arroz cremoso con espinacas e sepia.
  • Potaxe de garavanzos con acelgas e espinacas.
  • Pencas de acelga rebozadas en salsa verde.
  • Roliños de col recheos de arroz e verduras.
Non teño tempo para preparalas Elixir dúas ou tres verduras por semana, cociñalas ao vapor, na pota a presión ou fervidas, e usalas, como máximo durante os tres días seguintes, como base para acompañar distintos pratos:
como prato principal o primeiro día; purés, salteadas de guarnición, en tortilla o revolto, acompañamento doutras receitas (arroces, pastas, legumes...).
Tamén é posible recorrer a verduras conxeladas (abonda con botalas na auga fervendo) ou en conserva ao natural, xa cocidas e listas para comelas.
  • Coliflor salteada con pemento; con bechamel; rebozada con salsa de tomate e maionesa.
  • Mesturada con garavanzos; con arroz; con salsa de queixo azul; ao curry; en tortilla...
  • Feixóns verdes con cabaza; con salsa de tomate;en puré; con arroz e lombo adubado; en ensalada con gambas;
  • Potaxe con fabas; con fetucini e salsa de queixo; revolto de feixóns verdes e xamón; en sopa con cenorias e picatostes...

Podes atopar estas saborosas receitas en: www.consumer.es

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto