Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Analizada a accesibilidade en tres edificios públicos (Concello, hospital e estación de tren) de 18 cidades: As cidades avanzan na accesibilidade para os discapacitados, pero esquecen aos cegos e aos xordos

A escaseza de información en braille e a falta de intérpretes profesionais de lingua de signos son as trabas máis evidentes para os discapacitados auditivos e visuais

  Accesibles para calquera. Así deberían ser as cidades, pero non sempre o son. Sófreno en primeira persoa os que teñen algún tipo de discapacidade (preto de 3,9 millóns de persoas en España). Elimináronse multitude de barreiras arquitectónicas intentando alcanzar a accesibilidade universal, aínda que queda unha morea por facer. Así o comprobou EROSKI CONSUMER nunha investigación realizada sobre a accesibilidade das institucións públicas de 18 cidades españolas para as persoas que se moven en cadeira de rodas e para as que teñen unha discapacidade auditiva e visual. Os técnicos de EROSKI CONSUMER, que contaron coa valiosa colaboración de numerosas organizacións de usuarios con discapacidade, acompañados dunha persoa en cadeira de rodas, outra invidente e outra xorda visitaron no mes de febreiro tres edificios públicos en cada unha destas cidades: A Coruña, Alacante, Barcelona, Bilbao, Cádiz, Córdoba, Granada, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza. A visita consistía en comprobar o nivel de accesibilidade dun edificio municipal, as consultas externas dun hospital e unha estación de tren da seguinte maneira: primeiro realizábase un pequeno percorrido de cinco minutos deica o inmoble comprobando se este itinerario era accesible e despois entrábase no edificio e analizábanse a entrada e as instalacións interiores, aseos incluídos.

A valoración global é dun axustado aprobado: 13 capitais das 18 estudadas quedan con esa nota e só Córdoba, Málaga e Valladolid aproban o exame cun folgado 'ben'. Alacante e San Sebastián suspéndeno cun 'regular'. A conclusión máis evidente do informe é que nos últimos anos as cidades se esforzaron máis para se adaptaren ás necesidades das persoas en cadeira de rodas (a nota media das 18 cidades é un 'ben') ca para se adaptaren ás dos discapacitados visuais (nota media 'aceptable') e, particularmente, ás das persoas con discapacidade auditiva (valoración media 'regular'). Na proba relativa ás persoas en cadeira de rodas, ningunha das 18 cidades da mostra suspende o exame proposto pola revista.

Os invidentes téñeno peor ca os que se desprazan pola cidade en cadeira de rodas, xa que se atopan con máis dificultades para levar unha vida normal e para facer as xestións oportunas nestes tres edificios, tal e como o ratifica a nota media de 'aceptable', especialmente por mor da falta de información en braille e de elementos sonoros que axuden á orientación destas persoas. Neste caso, os suspensos entre as cidades analizadas son numerosos.

As persoas con discapacidade auditiva son as que peor o teñen pola falta de medidas de accesibilidade. A nota media é un suspenso ('regular'). Así e todo, hai excepcións: a mellor cidade é Málaga ('moi ben'), exemplo de accesibilidade para persoas xordas.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto