Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Os nutrientes de maior impacto na saúde

O límite no contido de graxas trans, azucres e sodio nos alimentos permitiralle ao consumidor eleccións alimentarias máis saudables

  Elixir os alimentos non é tarefa doada. Á necesidade de escoller un alimento por fame ou sede, súmanse numerosos condicionantes que determinan que a elección sexa correcta ou incorrecta; sociais (culturais, familiares), económicos (custo, ingresos), de tempo (comodidade, facilidade), psicolóxicos (emocións, estrés, sensación de culpa), de coñecemento (actitudes e educación sobre os alimentos...), etcétera. O resultado da elección alimentaria reflíctese no estado nutricional e a medio e longo prazo na saúde física e mental.

Nos países desenvolvidos, as enfermidades cardiovasculares e a obesidade, ambas as dúas evitables e cun forte vínculo á alimentación, son as enfermidades crónicas que marcan o paso das estratexias sanitarias de prevención e control na actualidade. En España, o proxecto de Lei de Seguridade Alimentaria e Nutrición inclúe recomendacións importantes para lles pór límite aos nutrientes máis prexudiciais, como os azucres e mais o sodio, que se deben seguir no ámbito escolar. Estes son, a carón dos ácidos graxos saturados, os nutrientes que en exceso teñen un maior impacto negativo na saúde do consumidor. A meta que se pretende é que o consumidor inxira estes nutrientes en cantidades limitadas para reducir o risco das devanditas enfermidades crónicas. Para conseguilo, amais das campañas informativas e formativas dirixidas á poboación xeral, cóntase co papel activo da industria alimentaria. O seu compromiso débese dirixir á mellora da calidade nutricional dos seus produtos ou á súa reformulación, para adecuarse ás recomendacións nutricionais e posibilitarlle ao consumidor eleccións alimentarias máis saudables.

Freo ao azucre engadido

  Un consumo desproporcionado de doces é un dos malos hábitos alimentarios que se cometen. Ante este risco sanitario, a Organización Mundial da Saúde (OMS) proponlles aos fabricantes de alimentos que engadan un máximo do 10% da enerxía procedente dos azucres durante a preparación ou elaboración dos alimentos, aínda que isto non sempre se cumpre.

En cuestión de inxestións recomendadas, nunha dieta de 2000-2200 quilocalorías para persoas adultas sas, a achega de azucre debe representar entre o 10-18% * do valor enerxético total, o cal equivale a uns 90-100 g de azucres (85 gramos de azucre máximo para nenos de entre 5 e 10 anos*). Esta sería a cantidade máxima recomendada para consumir en todo o día. Un vaso de leite con cacao, dúas galletas de chocolate e un vaso de zume supoñen a metade do recomendado, uns 50 gramos. A este importe queda sumarlle o resto de azucres que se come acotío; dende o azucre engadido como edulcorante, o que levan outros produtos elaborados (néctares, marmelada, bolería, repostería, galletas, cereais de almorzo, iogures, batidos, refrescos, lambetadas e demais) e o presente de xeito natural (froitas, mel, zumes...).

É doado que calquera persoa (e máis un neno) afeita a comer alimentos doces ou azucrados supere a dose recomendada de azucres, coas consecuencias sanitarias negativas que iso supón. A obesidade, a diabete, a hipertrigliceridemia e a carie son algúns dos trastornos asociados.

Convén saber... a cantidade de azucres dos alimentos por 100 gramos, respecto do total de hidratos de carbono, co fin de poder facer eleccións máis saudables con coñecemento e seguridade. Esta información non adoita reflectirse na etiquetaxe nutricional dos produtos máis azucrados.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto