Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

A saúde da pel: Acné: Cando o rostro rebenta

Para evitar lesións máis graves e duradeiras é fundamental acudir ao dermatólogo ante a aparición dos primeiros grans

  Xuventude, divino tesouro, dicía o poeta. Non obstante, o espertar desa etapa vital é tamén unha época de revolución hormonal que, en ocasións, pasa factura ao rostro. A maioría de adolescentes sofre a, a miúdo, molesta acne, un problema dermatolóxico que tamén pode afectar aos adultos por mor de diversas causas. Cando isto acontece, os dermatólogos aconsellan acudir á súa consulta ante a aparición dos primeiros grans para evitar lesións máis graves e duradeiras no tempo.

A acne é unha enfermidade da pel moi común, visible e antiestética, que se desenvolve en distintas etapas da vida, como a adolescencia, a xuventude e a do adulto novo. Nestas idades, amosar unha boa imaxe corporal é para moitos, determinante.

Por este motivo, o benestar psíquico das persoas afectadas, xunto co alcance das súas lesións, son razóns de peso abondo para iniciar un tratamento que borre a indesexable acne das rexións corporais afectadas, que son as máis ricas na produción de graxa e, desafortunadamente, as máis expostas e difíciles de agachar: cara, pescozo, ombreiros, costas e tórax.

A acne e as súas lesións

  A acne vulgar, tamén chamada polimorfo, aparece en zonas seborreicas localizadas no rostro e na parte superior do tórax. O motivo reside en que son áreas de pel ricas en produción de sebo e isto favorece a posterior aparición das lesións típicas da acne. A secuencia dos feitos é a seguinte: na maioría dos casos, a acne debuta na adolescencia xa que as hormonas adrenérxicas actúan sobre pequenos peliños invisibles (os folículos pilosos) da cara e do tronco, que se inflaman. Deseguido rexístrase un aumento da graxa que obstrúe eses folículos e, en consecuencia, fórmanse uns pequenos grans vermellos que se enchen de pus e outras lesións máis fondas que logo cicatrizan. Para rematar, nese terreo graxo a bacteria "Propionibacterium acnes", que se atopa na superficie da pel, coloniza as zonas dérmicas ricas en sebo e orixina a inflamación característica destes grans.

  O resultado é un rostro e un tronco zarrapicado con distintos tipos de grans (negros, brancos, vermellos, con pus e tamén grandes e dolorosos) que se distribúen aleatoriamente. Así, entre as lesións típicas desta afección cutánea figuran os sebos (ou graxa que aparece primeiro), os comedóns (ou típicos poros da pel que se taponan e que se coñecen como puntos negros, aínda que tamén pode haber grans brancos) ou as pústulas (aparición de pus en grans vermellos). As pápulas (grans previamente vermellos que logo se inflaman), os nódulos (lesións máis profundas que doen), as máculas (ou zonas da pel descoloridas detrás dunha lesión acnéica que lle confire ao rostro un aspecto inflamado) e as cicatrices resultantes das distintas lesións son outras das caras da acne.

Alén da adolescencia

A cadea de cambios físicos que conducen á aparición da acne retárdase cos anos, aínda que hai unha franxa de idade, comprendida entre os 35 e os 40 anos, que a sofre cada vez máis. Trátase, especialmente, de mulleres que sofren un estado de nerviosismo por distintos motivos familiares e laborais, pola alimentación e polo estrés, factores que poden perpetuala. De feito, o tipo máis frecuente é a acne persistente, a que xorde na adolescencia pero se mantén na idade adulta. Pero tamén existe a "acne de inicio tardío", que xorde en persoas de máis de 25 anos que nunca a padeceran antes.

Segundo os últimos datos facilitados pola Asociación Española de Dermatoloxía e Venereoloxía (AEDV), durante a adolescencia e a xuventude, a acne é a enfermidade máis prevalente, xa que afecta ao 80% dos mozos de ambos os dous sexos de entre os 12 e os 18 anos, mentres que a partir dos 19 e ata os 24 anos xa afecta a unha menor porcentaxe, en concreto, a unha cuarta parte dos que se atopan nesa franxa de idade.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto