Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

^

Como pagar con seguridade en Internet?

EROSKI CONSUMER deseñou un protocolo que, sumado á seguridade das pasarelas de pagamento, garanta unha compra on line segura

Protocolo de actuación

1. Aprender a defenderse da fraude

  A primeira medida para que isto non aconteza é que o usuario aprenda a defenderse das estafas. Os seus datos bancarios son intransferibles e debe fixarse con detemento onde os escribe. Como norma inquebrantable, nunca se debe abrir un correo electrónico que non se pedira expresamente ou que teña un remitente descoñecido. Nin bancos nin caixas nin servizos de pagamento, como PayPal e outros, envían mensaxes de correo para pedirlle que entre na súa páxina, xa sexa para probar novos servizos ou para alertar dalgún problema. Non o fan xamais e no caso de que o fagan nunca lle ofrecerán un enderezo URL dentro do correo para que entre no servizo. Diranlle, pola contra, que o faga sempre dende a barra do navegador. En resumo, non hai que entrar nunca a unha páxina web dende un correo electrónico que resulte sospeitoso ou que non pediramos. Este tipo de correos deben remitirse, sen abrilos, á carpeta de spam.

No caso de que un internauta abra un destes correos de maneira accidental e acceda ao enderezo web que se lle propón nun enlace, e no que se lle ofrece algún produto en venda ou se lle pide que deixe os seus datos, xamais debe mercar ou escribir ningún dato. É doado comprobar que se trata dunha conta falsa: abonda con mirar primeiro o enderezo do remitente do spam e verá que non se corresponde co de ningunha empresa coñecida, senón que é dun particular. Ademais, na páxina web que lle propoñen, o consumidor comprobará que a dirección URL non pertence a empresa ningunha, senón que é unha longa lista de letras e números sen significado ningún. É a primeira proba de que a páxina é falsa.

  Se o usuario chega a unha páxina na que se lle pide deixar os seus datos ou onde efectuar a compra do produto que lle ofrecen, poderá comprobar que non está nun sistema SSL. Saberao, en primeiro lugar, porque o enderezo URL da páxina non é "https" (todos os SSL o son) senón "http", e, polo tanto, non é unha páxina segura. Con este dato debería abondar, pero é mellor seguir a comprobación e buscar un cadeado na parte inferior dereita do navegador (non do sitio web, senón do navegador). Se non existe, non hai que buscar máis: a páxina é unha fraude.

Para completar a comprobación pódese picar na cabeceira que antecede ao cadro do enderezo URL no navegador. Ao facelo, se a páxina é SSL, aparecerá a certificación do navegador, que explicará nunha ventá emerxente os protocolos de cifrado empregados, así como a empresa de seguridade que verifica o protocolo. As empresas de seguridade xamais responden por páxinas fraudulentas. Se a páxina o é, o navegador faránolo saber ao picar na cabeceira, xa que na súa ventá emerxente anunciará que a páxina non está cifrada e que os datos que se deixen nela poden ser usurpados por terceiros. Polo tanto, e tras comprobalo, nunca se debe mercar en páxinas que non utilicen protocolos SSL para realizar os pagamentos.

2. Mercar nun contorno seguro

  Pero alén de previrse contra as fraudes, o comprador debe estender a súa cautela á propia situación do comercio, porque non é o mesmo mercar en España, en Francia ou en Inglaterra que facelo nalgunha ex república soviética. Hai que ponderar onde se merca e a seriedade do comercio. Este debe ter á disposición do usuario un servizo de atención ao cliente cun enderezo de correo electrónico e cun teléfono, ademais doutros posibles sistemas. Outra mostra de tenda segura é que nas condicións do contrato ou no apartado "quen son" se amose información veraz e contrastable sobre o domicilio social da empresa e os seus titulares.

Ademais, debe especificar a que lexislación se acolle e confirmar que cumpre coa Lei de protección de datos do país ao que pertence. Non está de máis que explique os protocolos de seguridade que utiliza para almacenar os datos dos particulares. Estes indicadores atópanse nos servizos e tendas da maioría de países do ámbito da Unión Europea, Estados Unidos, Canadá. Corea, Xapón, Brasil ou China. Con todo, noutros países tamén pode haber negocios serios e eficaces. Se cumpren os indicadores especificados, ofrecen boas garantías. Como norma é preferible mercar en tendas grandes e de marcas globais, entre outras razóns porque á hora de reclamar será máis difícil que poidan esquivar as súas responsabilidades.

3. Manter o ordenador limpo

  E, para rematar, aínda que non menos importante, cómpre manter o equipo informático limpo, sobre todo os quen use calquera das versións do sistema operativo Windows. Aínda que os ataques por programas espías -coñecidos como troianos- son os que menor incidencia teñen, a falta de prevención e coidados facilita a súa entrada.

En primeiro lugar hai que manter sempre o sistema operativo actualizado. Windows actualiza periodicamente as súas principais versións para corrixir vulnerabilidades. É fundamental asegurarse de ter un cortalumes instalado no ordenador e de que estea actualizado e activado de xeito constante, amais de contar cun sistema antivirus activado e actualizado. Por outra banda, débense usar periodicamente programas limpadores do ordenador. Na Rede pódense atopar moitos tanto de pagamento como gratuítos. Para rematar, é conveniente manter o navegador que se utilice sempre actualizado á última versión que se lanzase á Rede.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto