Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Depresión polo Nadal: Non sempre é Nadal a gusto de todos

A mellor medicina para combater os baixóns anímicos é innovar nas celebracións e facer o que realmente lle apeteza a un

  Bo Nadal! vén sendo a expresión que máis se repite durante estes días de celebración e está cheo de panxoliñas, postais, anuncios publicitarios e mais de saúdos e despedidas entre amigos e familiares. Así e todo, felicidade e Nadal non son sempre son un matrimonio ben avido. De feito, así o constatan os resultados dunha enquisa elaborada polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS). A investigación revela que o 56,5% dos españois considera que estas festas teñen un carácter familiar, mentres que un 26,2% coida que son puramente comerciais e un 11% salienta o seu valor relixioso. Igualmente, o Nadal é unha época de ledicia para o 49,8%, mentres que un 27% sente tristura e morriña e para un 17,3% o sentimento que reina durante estes días é a angustia. Todo iso apunta a que unha parte importante da poboación sobrevive, atura ou simplemente pasa o Nadal sen pena nin gloria. Hai quen non atopa nestas datas nada especial que o motive para pasalo ben dun xeito especial ou que o anime a emprender proxectos diferentes. A vivencia destas festas, xa que logo, é diferente segundo o estado de ánimo de cada persoa, de se se teñen nenos ou non ou de se se convive con persoas maiores.

É Nadal: toca pasalo ben?

Son moitos os psicólogos que tras o Nadal teñen a axenda chea. Non obstante, estes mesmos especialistas lembran que para moitas persoas o Nadal non supón nada. Trátase só dunha oportunidade coma calquera outra de atoparse con familiares e amigos. Agora ben, aínda que moitas persoas viven esta época con normalidade, hai quen non se dá liberado da presión social que empurra a estar ledo. O Nadal atragóaselle a moitas persoas ás que lles encanta comer ben ou pasalo ben nunha festa, precisamente porque senten obrigadas a compartir unha comida con familiares ou amigos cos que non manteñen unha boa relación. De aí a liberación que unha boa parte da poboación experimenta o 7 de xaneiro, co remate das festas.

Alén da compoñente relixiosa, o Nadal vencéllase directamente a agasallos e celebración. Nestas xuntanzas a comida e mais a bebida adquire un protagonismo especial. Pero o perigo céntrase en deixarse levar pola inercia e facer cada ano o mesmo: un día á casa dos pais e outro día á casa dos sogros, contar os mesmos chistes e manter as mesmas discusións. Os expertos aconsellan innovar e facer o que realmente lle apeteza a un. Esta, aseguran, é a mellor medicina para combater a depresión.

Nadal e persoas maiores

  Case un millón e medio de persoas maiores de 65 anos viven soas en España. Para elas o Nadal tamén debería ser unha época de ilusión, aínda que non sempre é así. O principal consello é non facerlles sentir que se cadra o ano que vén xa non van estar. É moi importante relacionarse con eles de acordo ao nivel de enerxía e vitalidade que teñan. "Nin como mozos de vinte anos nin como moribundos", aconsellan os expertos. Non obstante, o Nadal pode ser moi duro para as persoas maiores que non gozan dunha boa rede social ou familiar, malia á posta en marcha de iniciativas que intentan combater esta situación. O Ministerio de Sanidade, a través do IMSERSO, puxo en marcha de novo a campaña "Xuntos no Nadal", dirixida aos vellos que viven sós para que durante estas festas poidan gozar da compañía doutras persoas nun lugar cálido ou nun balneario.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto