Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Dixestións pesadas e fartas: da molestia ao remedio

Os alimentos por si sós non son os únicos culpables das dixestións pesadas, o xeito de cociñalos e mais a cantidade inxerida tamén inflúen

  Dixerir a comida non é unha tarefa doada para todos os estómagos. Unha parte da poboación sofre dixestións pesadas, aínda que os expertos non se atreven a dar unha razón que explique por que hai individuos que tomando a mesma comida en idéntica cantidade son máis propensos ca outros a padeceren este problema dixestivo. Iso si: todos coinciden en que os excesos, en maior ou menor medida, se pagan con molestias estomacais. Nestas datas de celebración que se aveciñan, as persoas con tendencia ás dixestións pesadas deben saber que o seu talón de Aquiles non descansa no Nadal. Por iso, é recomendable tomar nota dunha serie de remedios para combater os efectos das fartas.

O Nadal non sempre trae paz e ledicia. As persoas con tendencia a sufriren dixestións lentas e pesadas, e mesmo dolorosas (dispepsia), non gozan destas datas nas que comemos máis do habitual. Pero, cando se considera que unha dixestión é pesada? Os expertos explícano do seguinte xeito: pódese falar de dixestión pesada sempre que unha persoa note, transcorridas dúas horas de comer, o estómago aínda cheo, a barriga inchada con sensación de plenitude, con gases (eructos e ventosidades), somnolencia e mesmo dificultades para realizar as súas actividades cotiás. Outros síntomas, como o refluxo gastroesofáxico (ou desprazamento dos ácidos do estómago ao esófago que produce ardor), non son tan característicos das malas dixestións, aínda que hai quen, logo de realizar comidas pesadas, sofre ambos os dous efectos: dixestións lentas e acidez de estómago.

Ninguén se libra de sufrir unha dixestión pesada

  Non hai un perfil concreto de persoas máis vulnerables a padecer dixestións pesadas. Por moito que se escribise sobre o tema, as características físicas, como a gordura ou a delgadeza, non son determinantes. Non obstante, os expertos recoñecen que aos individuos máis delgados, afeitos a comeren pouca cantidade, cústalles máis dixerir unha gran comida. Tamén se sabe que unha parte dos afectados sofren algunha enfermidade asociada, como as pedras na vesícula biliar, que complican a dixestión e que a poden facer máis lenta. Outros toleran peor os alimentos, xa que teñen tendencia por natureza ás dixestións pesadas. Os nenos, non obstante, rexistran menos problemas de dixestións pesadas ca os adultos, xa que, por norma xeral, en caso dun exceso de comida, non o toleran e expúlsana con vómitos ou diarreas. Na poboación infantil, este é un problema pouco frecuente, posto que os nenos teñen un metabolismo rápido e dixiren os alimentos máis doadamente ca a poboación adulta.

Pola contra, nas persoas maiores, os procesos metabólicos fanse cada vez máis e máis devagar. Isto provoca que, aínda que nunca sufriran problemas dixestivos, se fagan habituais co tempo.

Inimigos da boa dixestión

O potencial inimigo dunha boa dixestión é a propia alimentación. Non obstante, convén aclarar que as dixestións pesadas non se deben só ao consumo dun determinado grupo de alimentos senón que, ademais, o xeito de cociñalos tamén inflúe.

As potaxes de legumes (de garavanzos ou lentellas) con cachos de carne, os pratos moi condimentados con picante ou con salsas e mais os alimentos fritidos cun exceso de aceite poden conducir a unha dixestión pesada se o aparello dixestivo é vulnerable. Isto débese a que a vesícula biliar debe traballar máis e precisa máis xugos gástricos para dixerir os alimentos. En cambio, é máis difícil que provoquen dixestións pesadas as comidas lixeiras, baseadas nos alimentos crus, fervidos ou á prancha.

Outros factores que favorecen ou entorpecen unha boa dixestión son as circunstancias persoais de cada quen -comer ás présas, estar estresado ou traballar e non poder descansar tras a comida-, o tipo de pratos que se consumen e a época do ano. No verán e durante o descanso estival é máis difícil que unha persoa padeza dixestións pesadas, aínda que acabe ben farto, xa que se se repousa tras a comida se notan menos as molestias propias deste problema dixestivo.

Pola contra, no inverno téndese a comer pratos máis caloríficos e a realizar excesos alimentarios que resultan difíciles de dixerir, sobre todo se non se pode botar a sesta. Polo tanto, as persoas con tendencia a padeceren dixestións pesadas pásano peor na época invernal. Isto ten especial incidencia nos traballadores que xantan fóra da casa, máis aínda se elixen pratos graxentos e complicados de dixerir que lles dificultan a realización da súa actividade laboral tras o mediodía. Algo semellante lles acontece aos estudantes que toman unha comida copiosa fóra do seu domicilio. Por iso, a miúdo pola tarde cústalles máis concentrarse.

Dous problemas distintos

A 'dixestión pesada' e a 'farta' non son trastornos iguais. Unha persoa pode sufrir unha dixestión pesada sen darse unha enchente, porque o problema reside na incapacidade do sistema dixestivo en facer a dixestión de xeito correcto. E viceversa: un individuo pode comer ata fartar, é dicir, acabar empachado, comer sen límites, sen sufrir despois unha dixestión lenta e pesada.

Polo tanto, considérase que unha persoa sofre unha farta cando se rexistrou un claro exceso alimentario. O habitual nestes casos é que o afectado vomite, xa que o seu aparello dixestivo se atopa colapsado, e non tanto por sufrir de dixestións lentas e pesadas. Agora ben, nas persoas máis susceptibles a sufriren molestias estomacais é máis habitual que logo dunha boa farta padezan unha dixestión pesada.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto