Saltar o menú de navegación e ir ao contido
A celebración de festas caseiras e a elaboración de agasallos artesáns xunto á planificación e anticipación nas compras son algunhas das pistas que permiten un aforro real en plenas festas
Xa resoan de fondo as badaladas de fin de ano e, como vén sendo habitual nos últimos exercicios, comezan os crebacabezas para numerosos fogares que queren celebrar dignamente as festas sen se arruinaren no intento. A crise, a sensación xeral de pesimismo e o desexo de aforrar calaron fondo en moitas familias, que ven máis necesario ca nunca elaborar un orzamento co fin de non afundiren a súa economía. Este ano, de novo, toca planificar as festas máis coa cabeza ca co corazón. Como conseguilo? Basicamente, o consumo neste período divídese en tres apartados tradicionais: comida, saídas e regalos. En todos eles se poden aplicar unha serie de consellos útiles que permiten reducir o gasto e que axudan a dar un pouco de aire á economía familiar. Pero, ademais, é posible poñer un gran de area máis adoptando sinxelas prácticas de aforro no consumo de subministración de enerxías varias no fogar.
En realidade, dende o punto de vista do consumo, o Nadal é a época de maior gasto do ano. O gasto é, para moitos fogares, algo intrínseco a estas datas, que veñen ligadas a amplas comidas, máis abundantes do habitual e cheas de alimentos caros. Pero, ante as dificultades asociadas á crise cómpre pórlle fin a esta mala práctica, que algúns cualifican de "tirar os cartos". Velaquí unha serie de prácticos consellos:
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI