Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Economía Doméstica

Λ

Volver á casa polo Nadal

Se o avión é o medio elixido para gozar das vacacións do Nadal, convén saber que ante cancelacións e atrasos o pasaxeiro ten dereito a recibir unha indemnización

  Un total de 51 voos cancelados e o atraso doutros 74, só en Barajas. Non son datos que formen parte da folla de ruta dos posibles inconvenientes de viaxar no Nadal, senón que foi a realidade á que se enfrontaron centos de persoas a comezos de xaneiro do 2009. Esta historia repetiuse este ano por mor do caos aéreo ocasionado polo volcán islandés. O risco de sufrir un atraso ou unha cancelación sempre existe, aínda que a espera é máis frustrante no Nadal, cando os traslados se fan para compartir as festas con familiares e amigos durante uns poucos días.

Ademais, a intensificación do trafico aéreo nestas datas e as condicións climáticas invernais aumentan as probabilidades de que os aparellos sufran calquera contratempo. Con independencia da razón que esgrimen as diferentes compañías aéreas -mal tempo nuns casos, problemas cos controladores por outra, avarías, etc. -, a frustración e mais a indignación que sofre o usuario poucas veces queda compensada. Non obstante, nos últimos anos tramitáronse milleiros de reclamacións ás compañías aéreas e cada vez son máis as que acaban nos xulgados. Medra, polo tanto, o número de pasaxeiros coñecedores da posibilidade de resolver ante a xustiza as súas peticións de indemnización por cancelación e atraso, ignoradas en moitos casos polas compañías aéreas. Para iso, non se precisa da contratación dun avogado, polo que facer cumprir os dereitos do usuario non ten por que ter custo ningún. Abonda con acudir ao xulgado máis próximo do domicilio do afectado e cumprir un formulario. Agora ben, convén aclarar que isto non significa que en todos os casos o viaxeiro teña dereito a ser indemnizado. Hai riscos que o usuario ha de aceptar sen ningún tipo de compensación, como os climáticos e as folgas. É o que se chama de "forza maior".

Considérase indemnizable, xa que logo, o dano moral nestas datas do Nadal?

  Non hai que descartalo, pero 'depende de cada caso'. A Audiencia Provincial de Santa Cruz de Tenerife, en sentenza do 9 de xuño do 2006, concedeu unha indemnización por dano moral nestas datas e circunstancias. Segundo a Audiencia de Santa Cruz, a existencia do dano moral no caso resultaba incuestionable pola súa obviedade. Neste sentido, dixo que se trataba dunha viaxe familiar nas festas de fin de ano. Abondaba con pór de manifesto o recoñecemento a nivel nacional do período vacacional nos días de Nadal e fin de ano ou Ano Novo, así como as opcións que ofrece o sector da hostalería para celebrar estes días. Por esta razón, a Audiencia concluíu que a frustración das vacacións familiares en tales datas, provocada pola inoperancia dos voos contratados, debía estimarse como causa dun dano moral.

No tocante á súa valoración, considerou que foi a transportista demandada a que lles impediu aos pasaxeiros gozar duns días de vacacións coa súa familia. Por todo iso, a Audiencia determinou a valoración do dano reclamado en 1.848 euros, cantidade que correspondía aos gastos acreditados polos afectados da frustrada viaxe.

Dereitos dos pasaxeiros ante...
Qué facer? Posible compensación
Voo cancelado Formular unha reclamación ante a compañía aérea responsable de efectuar o voo. As aeroliñas deben dispor de follas ou impresos de reclamación
  • -Entre 250 e 600 euros, segundo a distancia do voo. Aínda que o pasaxeiro pode solicitar unha contía maior por dano moral
  • -A aeroliña debe ofrecer: comida e bebida abondas (en función do tempo de espera), dúas chamadas gratuítas ou enviar correos electrónicos
  • -A compañía está obrigada a devolver os cartos do billete ou a ofrecer un transporte alternativo. Nese caso, e de ser necesario, farase cargo dos gastos de aloxamento e dos traslados
Atraso no voo Formular una reclamación ante la compañía aérea responsable de efectuar el vuelo. Las aerolíneas deben disponer de hojas o impresos de reclamación
  • -Sempre que se dean as circunstancias citadas no texto, a aeroliña debe ofrecer: comida e bebida abondas (en función do tempo de espera), dúas chamadas gratuítas ou a posibilidade de enviar correos electrónicos
  • -Se o atraso supera as 3 horas, segundo unha recente sentenza e o Convenio de Montreal, ao afectado cóbreno os mesmos dereitos ca os correspondentes a unha cancelación
  • -Se a demora é de máis de 5 horas ao pasaxeiro débeselle ofrecer:
    • *reembolso en 7 días do prezo integro do billete
    • *traslado ata o seu destino en voo alternativo ou noutro medio de transporte
  • -? Se o atraso pospón o voo ata o día seguinte, a compañía debe ofrecer aloxamento e transporte entre o hotel e o aeroporto

A indemnización por cancelación e atraso é sempre a mesma?

O regulamento europeo considera o dereito a recibir unha indemnización ante un caso de cancelación, mentres que para as situacións de atraso prevé unicamente que se cumpran os dereitos de atención ao pasaxeiro (recibir asistencia gratuíta -comida e bebida abonda, comunicación telefónica ou por correo electrónico e ata botar a noite nun hotel, traslados incluídos). Non obstante, de acordo a unha recente sentenza do Tribunal de Xustiza europeo (do 19 de novembro do 2009), se o atraso é superior a tres horas, ao afectado cóbreno os mesmos dereitos indemnizatorios ca os correspondentes á cancelación.

Por outra banda, hai que ter en conta que o feito de que o regulamento fixe ou taxe un importe concreto por cancelación, variable en función das distancias (entre 250 e 600 euros; a maior distancia, maior importe), o pasaxeiro sempre pode solicitar unha contía máis elevada, por exemplo, por dano moral agravado en función das circunstancias.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto