Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Cociñar con nenos: Os nenos, tamén coas mans na masa

  Os máis cativos da casa contan os días que quedan para as vacacións do Nadal. As semanas que se achegan cheas de xogos, agasallos e, sobre todo, sen clases, apuntamentos e profesores, ocupan a súa mente. A conta atrás tamén se inicia para os pais, pero cunha preocupación distinta: como entreter durante as vacacións aos máis pequenos. As vacacións do Nadal pódense converter nunha oportunidade para lle abrir a porta da cociña a un neno, unha práctica que non se ensina en ningún outro sitio mellor ca na casa. Como toda materia que se aprende, esta tamén se debe desenvolver de xeito ameno, atractivo, sinxelo e interesante. Un bo comezo é parte do éxito. Para iso convén empezar por pratos doados, como almorzos, aperitivos, merendas e refrixerios. Tamén podemos animalos a se ocuparen da decoración dos pratos, unha tarefa que lles chama moito a atención e que lles permite adquirir novas responsabilidades no fogar. Máis adiante poden practicar coa elaboración de apetitosas e rechamantes receitas cos alimentos que en xeral menos gustan, como as froitas, as verduras e os peixes.

Desde a compra á cociña

  Unha idea recomendable é que os fillos participen en todo o relacionado coa alimentación; ir mercar, organizar o xantar no fogar, poñer e recoller a mesa, cociñar, etc. A colaboración nestas actividades axúdaos a entender a importancia que lle hai que prestar á alimentación. Ademais, á hora de introducir os alimentos máis problemáticos no menú, resulta moi útil explicarlles para que serven, as súas características nutritivas e a repercusión positiva que ten a súa inxestión no seu crecemento e benestar. As primeiras experiencias dos nenos na cociña deben ser doadas e estimulantes. É un bo hábito que os nenos realicen as operacións previas ao cociñado (selección de alimentos, limpeza, torado e pelado manual...) e mais a decoración final dos pratos. Máis adiante, cando a idade e a habilidade de cada neno o permita, convén que axuden na preparación das receitas dos alimentos que menos lles gustan para fomentar a súa apetencia e consumo. Deseguido preséntanse diferentes propostas para convidar os nenos a participar na cociña.

Educar en valores

  Aos nenos gústalles imitar aos maiores. Por iso, cociñar pódelles resultar un exercicio fascinante pola novidade e porque é entretido e saudable ao mesmo tempo, xa que os anima a comer preparacións caseiras e unha gran variedade de alimentos. Ademais, cando os nenos son partícipes da elaboración dun prato amosan un interese especial por ver e probar o resultado final. É moi útil cando os pequenos rexeitan algúns alimentos como o peixe, a froita ou a verdura. Ademais, con esta actividade, amais de educalos en sabores e hábitos de vida saudables, trabállase a súa autonomía, iniciativa e responsabilidade individual, ao mesmo tempo que se incentiva o traballo en equipo, entre outros valores.

  A responsabilidade de lles ensinar aos máis cativos a comer san e equilibrado para garantir o correcto crecemento e desenvolvemento infantil é, en primeiro lugar, da familia. E este labor require convicción, unha dose de imaxinación e moita paciencia e cariño. Por iso, se se ensina canto antes a importancia de comer variado e se reforza aos nenos con mensaxes positivas cada vez que adoptan condutas axeitadas -vas medrar moito, vaste pór ben forte, dá gusto verte comer, etc.- será máis doado que coman ben.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto