Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Valor emocional dos alimentos: Manter a liña en Nadal

Os pratos preferidos durante estas datas tamén teñen cabida na maioría das dietas terapéuticas sempre que o seu consumo sexa moderado e puntual

  Quen seguira algunha dieta ou o estea a facer neste intre polo motivo que sexa -adelgazar, engordar, controlar a tensión, o colesterol, a diabete... - é probable que sentise nalgunha ocasión a tentación de comer o que menos lle convén. Para comprendermos por que nos tentan de xeito particular certos alimentos cando nos poñemos a dieta, cómpre entender que estes van cargados de valor simbólico e emocional, que están compostos de algo máis ca de nutrientes (hidratos de carbono, proteínas, vitaminas...). Non en van se tende a asociar algúns alimentos a emocións e sentimentos, a determinadas persoas ou situacións da nosa vida, a boas ou malas lembranzas, etc. E moitas destas asociacións son necesarias para a nosa estabilidade emocional.

Os expertos en psicoloxía advirten sobre como reaccionar fronte a alimentos cargados dun gran valor simbólico e emocional se estamos a dieta ou se desexamos coidar ao máximo a alimentación en circunstancias concretas, como pode ser o Nadal. O consello no que todos coinciden é que non se debe prescindir deles. Simplemente hai que ser conscientes de que son necesarios de cando en vez para sentirse ben, sen que iso xere ningún tipo de trauma e inseguridade. Gozar con gusto dun doce e saborealo de vez en cando e en pequenas doses resulta unha boa terapia para sentirse mellor de ánimo e, segundo o caso, para continuar con éxito a dieta. É a maneira de que as necesidades psicolóxicas que se agachan detrás do valor dese alimento (sentirse querido, acompañado, elixido...) queden satisfeitas.

Comida e emocións

O estreito vínculo entre a comida e as emocións é evidente. Por iso, seguir dietas moi estritas, sen concesións esporádicas con mesura e sentido común, como inxerir un anaco pequeno de turrón ou un canapé, xera tal ansiedade que fai que esa persoa coma máis para acougala. A estas situacións únese o feito de que moita xente complica o seguimento dunha dieta ao marcarse obxectivos a moi curto prazo ou metas inalcanzables, como pode ser pórse a dieta no Nadal, crendo que é a solución para non caer na tentación de comer turrón, ou chegar a obsesionarse cos alimentos e as súas calorías ante a posibilidade de engordar 2 ou 3 quilos nestas datas.

A ansiedade maniféstase fisicamente no organismo e a maior necesidade de comer é unha das súas mostras. Coa ansiedade medran os niveis de adrenalina e redúcese a capacidade para o autocontrol. O individuo vólvese máis susceptible de seguir comportamentos malsáns, como fumar máis ou comer demasiado. A serotonina, un neurotransmisor cerebral relacionado co ánimo, participa no control do apetito. En baixos niveis relaciónase cunha maior ansiedade por comer, sobre todo doces.

Por outra banda, o control das situacións emocionais que poden xerar ansiedade, e que tamén inflúen ao inxerir alimentos, é unha axuda para discernir se se come con ansiedade, se é a propia ansiedade a que nos leva a comer ou se se sofren as dúas sensacións. Levado á práctica, ese control materialízase nun rexistro diario do que se come. É moi importante prestar especial atención ao medio e observar se a persoa come soa ou acompañada, como é o seu estado de ánimo (triste, leda, aburrida...) e os alimentos que máis consume en momentos de ansiedade ou nervios.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto