Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Nocturia: cando o desexo de mexar interrompe o sono

Espertar polo menos dúas veces durante a noite para mexar delata que hai algo no organismo que non funciona ben

  Durmir pracidamente é un soño imposible cando se sofre de nocturia, un síntoma moi molesto que reduce tanto a calidade do sono como a calidade de vida e que, ademais, aumenta o risco de sufrir caídas nocturnas, sobre todo se quen a padecen son persoas de idade avanzada. A nocturia, ou a acción de espertar durante a noite con ganas de mexar un mínimo de dúas veces, afecta sobre todo á poboación masculina: sófrena sete homes por cada tres mulleres, e é máis habitual en persoas de idade avanzada. A Unidade de Urodinamia do Centro Médico Teknon, de Barcelona, estima que a partir dos 70 anos o 60% dos homes a sofren, mentres que por baixo dos 30 afecta a menos do 5%. Ante o crecente número de poboación afectada, un novo método permite diagnosticar con fiabilidade este incómodo hábito nocturno para lle pór tratamento.

Afección controlable

  Lonxe de quitarlle importancia, o interese por este síntoma entre a comunidade científica medrou nos últimos anos motivado polo temor de que poida provocar outros problemas de saúde como os trastornos do sono e as caídas en anciáns. Hai que ter en conta que a Sociedade Internacional de Continencia (IC) considera nocturia o feito de se erguer polo menos dúas veces durante a noite para mexar. O paciente esperta porque ten ganas de baleirar a súa vexiga e, así que remata, volve durmir. É habitual que se erga de xeito voluntario para ir ao lavabo, polo que non se debe confundir cos escapes de ouriños característicos da enurese infantil nin da incontinencia.

Son moitas as persoas que pensan que é unha afección inevitable, propia do avellentamento, razón pola que non informan o seu médico. Non obstante, na práctica, unha de cada 5-6 persoas novas de ambos os dous sexos espertan para miccionar máis de dúas veces pola noite e algúns estudos ata comezan a sinalar que as mulleres novas son máis proclives a sufrir nocturia. De feito, hai situacións especiais, como o embarazo, que poden favorecela.

Na actualidade, tamén se analizan outros factores que poderían conducir á nocturia. Neste sentido, un estudo realizado no Centro Médico da Universidade de Loyola, de Illionis (EE.UU.), en máis de 2.000 mulleres, revelou que padecer nocturia na infancia pode ser un predictor de nocturia na etapa adulta. Outra investigación da Universidade de Tampere (Finlandia), recollida en "The Journal of Urology", relacionou a obesidade cun incremento do risco de nocturia, mentres que aínda non está claro que certos hábitos nocivos, como o consumo de tabaco, alcohol ou café, a poidan favorecer.

As posibles causas

A nocturia pódese orixinar polas seguintes causas: ter a próstata ou a vexiga afectadas ou producir líquidos en exceso. O problema prostático que conduce a este molesto síntoma é unha lesión no tecido da próstata que obstrúe a saída de ouriños cara á vexiga e impide que se baleire por completo. Ao quedar un residuo de ouriños, téñense máis ganas de mexar durante a noite. En cambio, cando o problema se localiza na vexiga, a razón é que esta pode ser moi pequena (polo que hai que baleirala máis a miúdo) ou ser hiperactiva.

Non obstante, hai persoas que non teñen afección das vías urinarias pero que producen un exceso de ouriños durante a noite (poliuria nocturna), ben porque consumen moitos líquidos durante a cea ou pouco antes de se deitaren. Algunhas enfermidades como a diabete, a apnea do sono, a deficiencia de estróxenos, a esclerose múltiple, a insuficiencia renal ou a insuficiencia cardíaca (pola que toma fármacos diuréticos) tamén provocan ese efecto, tal e como subliña un estudo realizado no Hospital Universitario Erasmo, de Bruxelas (Bélxica), e publicado en "European Urology Supplements".

O diagnóstico, agora máis fiable

  A nocturia comezouse a estudar de modo específico dende hai pouco tempo grazas a unha nova proba diagnóstica, a fluxometría, que mide a cantidade de ouriños que se expele nun segundo, a forza do chorro, a súa duración e o fluxo intermitente. Para iso, o paciente debe ingresar unha noite no hospital. Durante ese tempo, o aparello de fluxometría permanece en funcionamento en todo momento. Así, cando a persoa sente ganas de baleirar a vexiga, só ten que premer un botón para que quede rexistrada a hora exacta da micción e mexar nun recipiente especial que permite coñecer a cantidade exacta de ouriños que verque. Trátase dun sistema de medición continua que rexistra todos os datos do paciente nun ordenador, deseñado para o Estudo Nocturia (Nocturia Study), unha iniciativa do equipo de Emilio Batista, do Centro Médico Teknon, de Barcelona.

Ata agora, para detectar a nocturia os pacientes empregaban un diario miccional. A vantaxe da fluxometría é que permite rexistrar os datos de maneira obxectiva. A cara negativa é que é unha proba novidosa, non está cuberta pola Seguridade Social e só se efectúa neste hospital da cidade condal.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto