Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

EROSKI CONSUMER analiza 170 centros de saúde de atención primaria en 18 provincias do país e a duración da consulta, o tempo de espera e a satisfacción de 4.250 pacientes: Os pacientes están satisfeitos coa atención médica, pero a facilidade para conseguir cita é o aspecto que peor valoran

Os ambulatorios atópanse en bo estado, aínda que a información ao usuario continúa a ser deficiente. A duración media de cada consulta é de dez minutos

  Seis veces. Esa é a media de ocasións que cada persoa acode ao ano aos Centros de Saúde de atención primaria, máis coñecidos como ambulatorios, en España. Esta frecuencia de uso e a súa condición de primeiro elo do sistema sanitario marcan a relevancia dunha infraestrutura asistencial clave. Revisións, vacinacións, asistencia a enfermos crónicos, tratamento de procesos agudos ou coidados paliativos son algúns dos campos de actuación dos 2.914 centros de saúde españois.

EROSKI CONSUMER investigou algúns parámetros fundamentais da calidade do servizo que ofrecen estes centros de atención primaria, e fíxoo mediante dous métodos complementarios. Por unha banda, estudouse o grao de satisfacción dos usuarios, para o que se lles realizou o pasado mes de setembro unha enquisa a 4.250 pacientes maiores de idade de 170 ambulatorios distribuídos en 18 provincias: A Coruña, Álava, Alacante, Asturias, Barcelona, Córdoba, Granada, Guipúscoa, A Rioxa, Madrid, Málaga, Navarra, Murcia, Sevilla, Valencia, Valladolid, Biscaia e Zaragoza. Por outra, técnicos de EROSKI CONSUMER comprobaron, mediante visita in situ, o despregamento e o estado do equipamento e os servizos deses 170 ambulatorios. Ademais, rexistraron os tempos de espera e os minutos que cada médico lles concedía de consulta a 4.250 usuarios. Fíxose anotando, cronómetro en man, a hora da cita previa, a hora de entrada do usuario á consulta e a hora na que saíron dela de cada un destes pacientes.

  Os datos da enquisa revelan que, en termos medios, os usuarios se amosan satisfeitos co funcionamento dos centros e, de feito, a nota media final que os pacientes outorgan é un 8. Os apartados peor valorados son a facilidade para conseguir a cita, o horario de atención ao público e o trato do persoal administrativo.

Pola súa banda, a visita realizada por EROSKI CONSUMER aos 170 ambulatorios constatou que as infraestruturas manteñen a súa calidade con respecto a un estudo semellante realizado no 2006, xa que o estado de limpeza e mantemento, a seguridade e o grao de accesibilidade das instalacións son bos. Iso si, ao igual ca hai catro anos, deben mellorar no apartado de servizos e información. Por cidades, os centros que máis carencias concentran son os da Coruña, Asturias, Madrid, Málaga, Navarra, Valencia, Biscaia e Valladolid, xa que obteñen un 'aceptable'. No resto de cidades, mantéñense no 'ben' da media.

A opinión dos pacientes: notable alto

A enquisa a 4.250 usuarios de centros de saúde evidenciou un considerable grao de satisfacción co funcionamento dos ambulatorios, como así o demostran os 8 puntos de media global (medio punto máis ca no 2006, cando se realizou un estudo similar) que os pacientes lles concederon a estes centros e ao servizo que neles reciben. As variables sobre as que os enquisados opinaron foron: a proximidade do centro de saúde, o horario de atención ao público, o trato do persoal administrativo e do de enfermería, o tempo dedicado aos pacientes, o coñecemento do historial, as explicacións e consellos do médico, a información sobre os problemas de saúde, a capacidade de escoitar do médico, a facilidade para conseguir cita e o equipamento e medios do centro.

Por provincias, as notas medias máis baixas concédenas os enquisados en Valencia (un 7) e Álava (un 7,4). Pola contra, os usuarios máis satisfeitos son os residentes na Coruña e en Málaga (en ambos os dous casos cun 8,6). Os aspectos mellor valorados foron as explicacións e a información que lles ofrece o médico aos seus pacientes e mais a súa capacidade para escoitar (cun 8,2 en todos os casos). Pola contra, a facilidade para conseguir cita, o horario de atención ao cliente, o trato administrativo e o equipamento do centro obtiveron as cualificacións máis baixas. Así e todo, cómpre salientar que todas elas rexistran unha nota de entre 7 e 8 puntos.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto