Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Mochilas lixeiras, costas sas

Son a mellor opción para cargar o material escolar, por diante das carteiras e dos carriños, sempre que non pesen máis do 10% do peso corporal do neno

  O saber non ocupa lugar, pero si peso. Moitos nenos en idade escolar sófreno acotío. Cada día deben transportar cadernos, dicionarios e libros demasiado pesados para unhas costas aínda inmaturas. Estímase que un 50% dos nenos e un 70% das nenas de entre 13 e 15 anos xa sufriu nalgunha ocasión dor de costas. As porcentaxes varían dun sexo a outro porque as nenas teñen, por norma xeral, menos masa muscular, porque tenden a queixarse en voz alta sobre a dor de costas ao seren máis comunicativas, e ás veces, tamén porque interpretan como dor lumbar unha dor de orixe menstrual. Isto eleva considerablemente o risco de que padezan esta dor de xeito crónico na etapa adulta, tal e como alerta a Fundación Kovacs, especializada no coidado das costas. Para evitalo, os expertos insisten en que cómpre alixeirar o peso das mochilas, que en ningún caso debe exceder o 10% do peso corporal do neno, e apostar por alternativas como os libros por fascículos ou os soportes dixitais.

A mochila máis axeitada e o seu uso

Mentres se fraguan as futuras aulas dixitais, os pais deben prestarlles atención ás recomendacións dos expertos en costas para que as dos seus fillos non se resintan. As elaboradas pola Escola de Costas de EROSKI CONSUMER (http://escuelas.consumer.es/web/es/espalda), a Fundación Kovacs na web das Costas (http://www.espalda.org) e as diversas asociacións de pais e nais son algunhas delas. Todas insisten en que alén de que os libros e o material escolar se poidan levar en carteiras, carriños, bandoleiras ou bolsos, a mellor opción é a mochila. As carteiras non son as máis recomendables, xa que cargan todo o peso sobre un só ombreiro e obrigan a adoptar posturas asimétricas. No tocante ás mochilas de rodas ou carriños, aínda que non están desaconselladas de todo, deben ter unha asa regulable á altura do neno para que poida transportalos de maneira cómoda e ergonómica. Ademais, no canto de tirar do carriño cunha soa man, o neno debe aprender a empurrar coas dúas mans cara a diante. É o modo menos daniño para a súa saúde lumbar, xa que pola contra téndese a torcer as costas.

Non máis do 10% do peso corporal

Un de cada tres escolares de máis de seis anos transporta un peso, entre a mochila e o seu contido, equivalente ao 35% do seu peso corporal. O aconsellable é que o neno non cargue con máis do 10% do seu peso corporal. Isto significa que un estudante de 40 quilos non pode levar máis de 4 quilos sobre as súas costas. Cando se supera este límite máximo recomendado, increméntanse entre 1,3 e 3,4 veces as molestias lumbares.

Por esta razón, a Fundación Kovacs e a Organización Médica Colexial (OMC) deseñaron o pasado ano a campaña "Non lle deas as costas ás túas costas", dirixida a estudantes de entre 13 e 15 anos. Este ano lanzaron unha campaña dirixida a escolares de menor idade. Aínda que a dor de costas sexa menos frecuente en nenos máis pequenos (aféctalle ao 10% antes dos 10 anos), a súa incidencia aumenta a partir da primeira década da vida. Por esta razón, difundiron consellos de prevención a idades máis temperás. Para iso, mentres que na ocasión anterior utilizaron o "Conto das costas" para concienciar os adolescentes sobre este problema, o obxecto desta campaña é un conto titulado "O lumbago de Xoán", dirixido a nenos de entre 6 a 8 anos. A ferramenta pódese consultar a través da Web das Costas (www.espalda.org).

Consellos fronte ao pupitre e o ordenador

  •   Postura: o neno ten que sentar o máis pegado posible á cadeira. A súa postura é correcta se ao apoiar os pés no chan, os xeonllos se manteñen ao mesmo nivel ou por riba das cadeiras. É recomendable cambiar de postura con frecuencia e erguerse e camiñar, se é posible, cada 45-60 minutos.
  • Mesa de estudo: o seu deseño debe permitir introducir as pernas por completo debaixo dela e a altura ten que ser a axeitada para que o estudante poida apoiar os antebrazos nela.
  • Cadeira: é preferible que sexa regulable en altura e con rodas, xa que se pode adaptar en función do crecemento do neno e permite que apoie os pés no chan. O respaldo ha de ser alto para que o pescozo tamén descanse. Fronte ao ordenador, hai que situar a cadeira o máis preto posible do teclado co fin de que o neno non teña que se inclinar cara a adiante.
  • Pantalla: débese colocar a 45 cm de distancia da cabeza e do corpo do neno, á altura dos ollos ou mesmo un pouco por baixo.
  • Teclado: a elevación do teclado sobre a mesa non debe superar os 25 ° nin se debe traballar con el sobre os xeonllos. A súa correcta colocación debe permitir apoiar en liña recta os pulsos e os antebrazos en relación a este, cos cóbados flexionados uns 90°.
  • Rato: hai que elixir o rato axeitado para o tamaño das mans dos nenos.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto