Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Dieta sa: As vantaxes de comer en prato pequeno

O tamaño e a forma dos pratos tamén inflúen na inxestión de calorias; utilizar un prato chairo no canto dun fondo pode levar a comer un 22% menos de cantidade

  A diario, cada individuo toma, de media, máis de 250 decisións relacionadas coa comida, segundo os investigadores do comportamento alimentario: dende elixir o almorzo -salgado ou doce? madalenas ou pan?...- ata a porción que se vai tomar de cada alimento, e así ao longo de toda a xornada e acotío.

A cantidade de comida que se toma non só depende das características sensoriais (gusto, olor ou textura) dos alimentos. A iluminación, a música e o ruído do lugar onde se come e as calidades inherentes da propia comida (temperatura, cor, aroma...) marcan a diferenza entre comer máis ou menos. Igualmente, a dispoñibilidade, a comodidade e a proximidade dos alimentos facilitan o seu maior consumo, aínda que estes sexan pouco recomendables. As preferencias e aversións, os condicionantes familiares e culturais, a compañía ou mesmo o tamaño do alimento e mais do envase ou da vaixela onde se serve son factores que tamén determinan o resultado da elección. De feito, estímase que pasar dun prato fondo a un chairo pode levar a servirse e a comer ata un 22% menos. Recorrer a pratos pequenos para comer resulta unha axuda inestimable cando se desexa comer menos.

Prato grande, maior consumo

Case o 72% da inxestión calorífica dunha persoa está condicionada por aspectos alleos ao propio alimento, como o tamaño e a forma de cuncas, pratos, vasos ou utensilios que se utilizan para servir a comida. Nesta liña, científicos da Universidade de Illinois (EEUU) confirman a teoría de que ao servir máis cantidade nun prato ou escoller porcións máis grandes, se tende a comer máis. Aínda que non se teña fame ou xa se estea farto cómese ata un 45% máis, segundo comprobaron en recentes estudos. A "ilusión óptica" fai que se subestime a cantidade consumida se se serve nun prato fondo, en comparación con outro de menos capacidade (ou nun bol de maior volume en comparación cunha cunca), malia que se tomara o mesmo número de culleradas en ambos os dous supostos. Isto comprobouse en diversos ensaios, entre eles os desenvolvidos polo doutor Brian Wansink, recoñecido polos seus numerosos traballos sobre o comportamento alimentario do consumidor.

Nun deles os participantes recibiron aleatoriamente cuncas de distinto tamaño e comprobouse que os usuarios que usaron cuncas de maior volume consumiron de media un 27% máis de xeado. As porcións aumentaron un 14,5% cando se lles ofreceu para servir unha culler grande.

  A percepción visual con respecto ás dimensións vertical e horizontal dos obxectos foi outra das variables que se estudaron. Nesta liña, Piaget e outros investigadores demostraron que cando as persoas observan un obxecto cilíndrico, como un vaso de vidro, tenden a centrarse na súa dimensión vertical (altura) a expensas da horizontal (anchura), e mesmo sobreestiman a altura nun 20%. Para probar isto, os doutores Wansink e Van Ittersum realizaron un estudo con adolescentes en campamentos de perda de peso. Observaron este nesgo visual ao comprobar que os adolescentes botaron e beberon ata un 88% máis de de zume nos vasos anchos. O máis sorprendente é que estaban convencidos de que engadiran a metade de bebida da que realmente botaran. Noutro estudo con adultos sans, os mesmos autores descubriron que os participantes botaban máis bebida nos vasos anchos ca nos altos e estreitos.

A figuración de cambio de tamaño tamén se observa cando se usa unha mesma culler e se serve igual cantidade de alimento en dous pratos de distinto tamaño. Subestímase o tamaño do cullerón e do seu contido cando se engade a un prato grande en comparación coa mesma porción se se bota nun prato pequeno.

Os resultados destas investigacións poñen de manifesto que o tamaño da vaixela pode ser unha ferramenta moi útil para un mellor control da cantidade de comida que se debe consumir, en particular para quen teña necesidade de perder peso, e tamén, no caso contrario, para as persoas que teñen baixo peso ou desnutrición e que se amosan inapetentes. En ambos os dous supostos, aínda que o obxectivo sexa o contrario (comer menos ou máis, en cada caso), o resultado é o mesmo: a persoa séntese satisfeita co volume proporcional de comida que vai no prato.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto