Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
A maioría dos parques urbanos visitados atópase en bo estado de mantemento e limpeza
Fan falta, pero non sempre están presentes alá onde se precisan, nin tampouco nas mellores condicións. Os espazos verdes urbanos non son só un elemento decorativo máis que engalana vilas e cidades. Axudan a que os seus habitantes respiren aire fresco e limpo e son un punto de encontro para o esparexemento e o recreo. Tanto é así que a Organización Mundial da Saúde (OMS) considera as zonas verdes urbanas de uso público un recurso imprescindible polos beneficios que achegan ao benestar físico e emocional das persoas. A OMS aconsella que as cidades dispoñan, como mínimo, de entre dez a quince metros cadrados de área verde por habitante, distribuídos equitativamente en relación coa densidade de poboación e de edificación.
Para coñecer o estado no que se atopan estes espazos, EROSKI CONSUMER visitou 150 parques, zonas verdes urbanas e xardíns emblemáticos de 18 cidades españolas: A Coruña, Alacante, Barcelona, Bilbao, Córdoba, Granada, Logroño, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza. Valoráronse aspectos relacionados co mantemento, limpeza e conservación dos parques, o seu nivel de equipamento e os servizos que ofrecen (información ao usuario, o seu grao de accesibilidade e a súa seguridade). Para completar a investigación, solicitóuselles información aos concellos destes municipios co fin de coñecer, entre outros datos, a extensión global de zonas verdes en cada localidade, os metros cadrados verdes por cada habitante e a dotación orzamentaria que destina cada concello a manter e coidar eses parques urbanos.
En comparación cun estudo similar elaborado no 2006, os parques urbanos melloraron en seguridade e vixilancia: pasouse dun "ben" ao "moi ben" actual. As deficiencias en equipamento e servizos dispoñibles para os usuarios continúan a ser escasas, e empeoran, ademais, a información ao público e as medidas para garantir a accesibilidade a estas zonas verdes. No 2006, este apartado rexistrou unha nota de "ben" e nesta ocasión obtivo un "aceptable". Non obstante, o estado de mantemento e a limpeza das zonas verdes mantéñense, en xeral, como satisfactorios.
Por cidades, aínda que ningunha obtivo un "moi ben" neste apartado, destaca por riba do resto, o estado e equipamento dos parques da Coruña, de Barcelona, Bilbao, Córdoba, Madrid, Murcia, Oviedo, Pamplona, Sevilla, Valencia, Valladolid, San Sebastián e Vitoria. Todos eles rexistran, en conxunto, unha nota final de "ben". Mentres, os parques visitados en Alacante, Granada, Logroño, Málaga e Zaragoza rexistraron un "aceptable". En concreto, as mellores zonas verdes localizáronse en Bilbao e en Córdoba, mentres que as visitadas en Granada e Alacante amosaron importantes carencias.
Nunha cidade, poder pasear baixo as árbores, ou entre parques e xardíns, contribúe a aumentar a calidade de vida dos cidadáns. Pero para que o parque urbano sexa ideal, independentemente da súa tipoloxía (botánico, monumental, etc.), debe cumprir unha serie de requisitos:
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI