Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Bosques de cortiza: A pel da devesa

O horizonte tisnado de verde ata onde enxerga a vista prepárase para espirse. Artesáns dun oficio ancestral quitaranlle a pel ao bosque. O que noutras árbores non supera o milímetro nas sobreiras pode alcanzar os 25 centímetros: a codia, que se saca e se transforma mudando o nome por cortiza. De aí que o súa recolleita anual se coñeza como A saca da cortiza. É o material sobresaínte que permite conservar embotellado o zume de uva maxicamente fermentada e descuberto por frei Dom Pérignon.

  
Ruben García Blázquez

150 anos de vida

A sobreira chega á idade adulta aos 25 anos, tempo en que se lle arrinca a súa pel adolescente, rugosa, percorrida por gretas, irregular e trabada ao tronco. Sobre a súa nudez comeza a medrar de novo a pel, pero haberán de pasar nove anos para recuperar a súa epiderme. No momento da circulación do zume, os 'sacaores' executan o estonado sen tocaren o tronco. Con forza, habilidade e respecto cosen a árbore con machados, de arriba abaixo, buscan a incisión vertical e limpa que procura unha cortiza fina, regular e homoxénea. A escena repetirase ao longo de máis dun século. Aos 150 anos a sobreira avellentada morre.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

Un traballo en cadea

Os 'sacaores' precisan media hora para estonaren a árbore. Cédenlle a quenda ao tallador, que é quen parte a cortiza en tiras pequenas que facilitan o seu transporte e aseguran que non rompan mal. O axuntador amoréaas e o carrexador cárgaas. Así que os camións están cargados, diríxense ás fábricas, que aínda hoxe resisten ao triunfo das alternativas sintéticas á cortiza.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

Sacar a rolla de cortiza

De todos os produtos que se extraen da cortiza, a rolla é o máis valioso e a razón da industria da cortiza. Confórmana arredor 600 empresas, moitas delas familiares ou explotacións medianas, que lle dan emprego a tres mil persoas. O proceso de transformación é complexo e mecanizado e, cada día máis competitivo, ábrese a novos mercados. Portugal é o principal importador, seguido de Francia e de Alemaña, e entran moi forte Chile e Sudáfrica, países onde o viño comeza a ser un referente.

  
Ruben García Blázquez

De cortiza a rolla

Grazas á súa estrutura e composición química, as propiedades da cortiza son numerosas. É un material lixeiro, elástico, de gran poder calorífico, doado manexo, illante e, ademais, 100% natural e reciclable. A calidade final dunha rolla depende principalmente do tipo de cortiza empregada. Para a súa conversión é precisa unha segunda fervedura. Co aumento do nivel de auga na cortiza, aumenta tamén o seu volume, e así pasa á adega, onde permanece unha semana e se prepara para a torada. Mediante o corte cunha coitela circular, sepáranse tiras de cortiza, de anchura lixeiramente superior á lonxitude da rolla que se pretende fabricar. Así que remata este proceso, penéiranse, é dicir, sepáranse as rollas con defectos das útiles. As rexeitadas incorporaranse a outros procesos, nos que a cortiza se converte en colmea, illantes, parqués e outros elementos de construción, xuntas de automóbiles, calzado, papel e ata tecido de moda.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

Recuperar o final e o principio

Cando a codia xa é unha rolla, procédese a reparar o resultado. Por unha banda, este termo refírese a recuperar as rollas con defectos corrixibles, pero tamén se amplía á explotación da sobreira de xeito sostible. Trátase de executar unha selvicultura que aproveite a devesa de tal xeito que se asegure a persistencia do solo, do arboredo e da vida salvaxe. E así, ano a ano no horizonte verde, o castaño dos troncos perderase na codia e mudará a laranxa. Amosará a pel núa da devesa.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

Outras fotorreportaxes que che poden interesar

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto