Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Tocar un instrumento, unha sinfonía de beneficios

A práctica habitual desenvolve a memoria, a creatividade e as habilidades da linguaxe, pero é imprescindible a motivación do intérprete

  O sobrecargado calendario de actividades extraescolares de nenos e nenas lidérano a práctica deportiva, o coñecemento de idiomas e a familiarización coa informática. A unha considerable distancia soa a música. Así o confirman os últimos datos do Instituto Nacional de Calidade e Avaliación (INCE), que sitúa a aprendizaxe de partituras, pentagramas e escalas, co Do-Re-Mi-Fa-Sol-La-Si-Do á cabeza, como o cuarto ensino máis demandado entre os alumnos de Primaria e Secundaria. Malia a que os beneficios que proporciona tocar un instrumento debería ser música celestial para os oídos dos pais, séguese preferindo oír, escoitar no mellor dos casos, que interpretar unha melodía. E iso que a práctica habitual desenvolve a creatividade, mellora a memoria e as habilidades lectoras, entre outros moitos efectos positivos. Pero para iso a música debe representar pasalo ben, xogo, divertimento, non sufrimento. Os expertos en saúde de CONSUMER EROSKI lembran que é elemental que os nenos se divirtan mentres aprenden a tocar o seu instrumento e que non o deben considerar unha obriga ou unha imposición paternal.

O fútbol, o baloncesto, a natación... o exercicio físico reina nas actividades extraescolares. A formación musical, curiosamente, foi ata hai non moito a nota discordante. Xunto coa pintura, o teatro ou o ballet, é unha alternativa aparentemente minoritaria, malia a súa boa, e merecida, sona. Son innumerables os estudos, investigacións e teses os que certifican que a aprendizaxe musical potencia unha longa lista de capacidades entre os estudantes. A práctica habitual cun instrumento mellora a destreza manual e a visual. A memoria, a creatividade e as habilidades da linguaxe tamén se reforzan. Por iso mesmo, cada vez máis especialistas recomendan unha formación musical para mellorar as habilidades lectoras e de escritura, sobre todo, en nenos con dislexia. A intelixencia espacial, que é a capacidade para percibir de maneira detallada o mundo e formar imaxes mentais dos obxectos, desenvólvese de forma significativa en quen toca un instrumento musical. É un aspecto fundamental na vida cotiá. Por exemplo, a intelixencia espacial é útil para orientarse, para solucionar problemas matemáticos complexos e ata para xestos aparentemente sinxelos como envolver o xantar diario. E o mellor é que os efectos positivos da música saen pronto a escena. Os expertos estiman que a partir dos catro meses de ensino os cambios comezan a detectarse nos estudantes.

Amais dos beneficios fisiolóxicos, a práctica de tocar un instrumento deixa tamén a súa pegada no carácter de nenos e nenas e na súa relación cos demais. En xeral, son persoas metódicas e disciplinadas que coidan os detalles, tenden a planificar ben as tarefas e destacan pola súa capacidade de atención. Todos estes son aspectos moi valorados en calquera estudante. A miúdo, quen toca un instrumento debe facelo diante de profesores, examinadores ou de público. Isto ensina aos mozos a vencer o medo e a timidez e achega seguridade e autoconfianza.

Coa música a outra parte

  Agora ben, todos os beneficios que achega a práctica habitual cun instrumento poden ir ao garete por dous motivos recorrentes. O primeiro, que o estudo e a aprendizaxe musical cheguen por imperativo paternal e sen que acaben de convencer ao principal interesado: o neno. Grande erro. Se é así, é probable que a práctica co instrumento se converta nunha condena e deixe de atraer o interese e a atención dos pequenos. É fundamental que os nenos aprendan e practiquen co instrumento, pero sen esquecer a súa faceta lúdica. De non ser así, córrese o perigo de que pensen que a música é unha tarefa obrigatoria, de que non gocen con ela e que os seus efectos positivos se dilúan.

A aprendizaxe musical é, ao igual ca o resto de actividades extraescolares que complementan a formación dos nenos, beneficiosa para os estudantes sempre e cando non se caia no erro de sobrecargalos. Pola mañá van ao cole, pola tarde, adestramento de fútbol, piscina, clases de inglés, de guitarra, baile... Mais, é bo que teñan unha axenda tan apertada? O horario libre dos estudantes hai que organizalo con sensatez e prudencia e dun xeito estruturado e supervisado. A música, a práctica de deportes, de idiomas ou de calquera outra actividade fóra do horario lectivo permítelles desenvolver habilidades sociais e cognitivas difíciles de adquirir na aula. Pero é tamén prioritario cederlles espazo para xogar, para estar coa familia ou simplemente para non facer outra cousa máis que descansar.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto