Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

A alopecia non ten xénero

O 30% das mulleres maiores de 50 anos sofre calvicie pola alteración hormonal da menopausa, causas xenéticas e pola idade

  A perda de cabelo non é só cousa de homes. Un número crecente de mulleres tamén sofre este problema. As razóns son múltiples, aínda que se centran nos hábitos de vida propios do século XXI. Datos recentes dun estudo arxentino indican que o 30% das mulleres maiores de 50 anos sofre calvicie como resultado da alteración das hormonas derivadas da menopausa, causas xenéticas e o paso dos anos. Entre as máis novas, dos 18 aos 40 anos, afecta o 5%. Delas, o 15% sométese a un tratamento. A boa nova é que algúns estudos xenéticos achegan esperanzas para a curación desta condición, que tantas consecuencias psicolóxicas e sociais leva consigo.

Os investigadores establecen a orixe deste trastorno na perda de protección estroxénica padecida durante a menopausa, que pode chegar a provocar a perda total da liña frontal de cabelo. Non son as únicas causas: tamén se citan problemas de tiroide, infeccións, estrés, anemia, exceso de cosméticos ou tratamento de quimioterapia.

Dende o punto de vista estético, o efecto da alopecia feminina é diferente á coroíña e ás entradas masculinas. Nas mulleres desenvólvese a calvicie "difusa ou de coroa": o pelo vai mudando por outro cada vez máis fino, que non cobre de todo o coiro cabeludo. Os cabelos da zona frontal mantéñense e, pola contra, cae ou debilítase o cabelo da liña central. Así e todo, nas alopecias que cursan con aumento de andróxenos, o proceso da enfermidade é semellante ao do home.

Debido a que este problema sempre se asociou aos homes, as mulleres afectadas arrastran a miúdo perdas de autoestima. Os especialistas, con todo, insisten en que non hai que preocuparse. Considérase que unha cabeleira normal pode ter arredor de 100.000 pelos, polo que perder uns cantos ao peitearse non é un inconveniente. O problema chega cando os pelos novos que saen comezan a ser máis finos.

Agora ben, quen se atreve a valorar a cantidade e a calidade do pelo que cae no lavabo ou que se traslada ao peite? Só o especialista debe estudar estas perdas para diagnosticar o tipo de alopecia que se sofre.

Mitos e verdades sobre a alopecia

  Os motivos mencionados ata agora acerca da súa causa non son os únicos. Hai certos virus, algunhas bacterias ou axentes físicoquímicos que poden desembocar nunha perda irreparable de pelo. Un traballo recente procedente dos Estados Unidos, "Hair Today, Gone Tomorrow: The Myths and Truths Behind Hair Loss", informa dunha gran variedade de falsidades sobre a alopecia. Hai numerosos os mitos arredor a este problema que carecen de base científica.

Segundo a investigación, a metade dos afectados intentan adoptar unha dieta saudable como tratamento fronte á alopecia, case as mesmas persoas que o intentan con vitaminas para o pelo ou con xampús ou acondicionadores para impedir que o pelo se volva máis fino. Sobre esta última cuestión os investigadores téñeno claro e afirman que nada disto comporta unha mellora na recuperación do cabelo. Non é o mesmo intentar que o pelo volva medrar que manter unha boa saúde capilar.

Outra das crenzas máis espalladas é que lavar o pelo en exceso pode provocar a súa caída ou a utilidade de aplicar cremas solares no coiro cabeludo. Segundo os expertos, estes dous hábitos só melloran a saúde do pelo. Lavar o pelo a miúdo contribúe a que se manteñan sans os folículos e utilizar cremas solares evita queimaduras en partes moi sensibles como esta.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto