Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Dieta contra os excesos do verán

Dez consellos para unha alimentación sa que compense os excesos dietéticos cometidos durante as vacacións

  A fin do verán implica menor peso nos petos e maior peso na cintura. As vacacións representan unha ruptura da normalidade, pero non só co traballo; tamén coa alimentación. Os hábitos ou patróns de decote deixan paso á profusión de tapas e pinchos, patacas fritas, xeados, refrescos, petiscos constantes, descontrol de horarios... Non é estraño que o exceso estival de doces e salgados se transforme nun lixeiro aumento de masa graxa, ao que se suma un maior volume abdominal, por mor do inchazo provocado polo exceso de líquidos e a acumulación de gases, froito da fermentación intestinal dos azucres inxeridos de máis. Segundo os expertos de Eroski Consumer, o xeito de evitar o trastorno pasaxeiro que supón gañar uns quilos está en aplicar, amais do sentido común ao comer, unha serie de consellos para compensar os excesos e alixeirar os pratos, avalados polo coñecemento de dietistas-nutricionistas.

  1. Cen calorías menos por día. Se a escasa variedade dos alimentos e a súa maneira de cociñalos son unha limitación para anovar o receitario, é útil aprender trucos para alixeirar as receitas. Pódense restar cen calorías diarias ao cociñar pratos tradicionais con pequenos xestos, como engadirlles menos queixo ás pizzas, máis vexetais aos bocadillos e usar aerosois para aliñar con aceite as ensaladas.
  2. Pratos pequenos para comer menos. O tamaño dos recipientes e das porcións dos alimentos que se serven ten un impacto considerable na cantidade de comida que se inxire. A "ilusión óptica" propicia que se subestime a cantidade consumida se se serve nun prato fondo ou nun prato grande, en comparación con outro de menos capacidade (ou nun bol de maior volume respecto a unha cunca), aínda que se consumira o mesmo número de culleradas en ambos os dous casos. A elección de pratos pequenos é unha maneira lóxica que axuda a servir a porción xusta de primeiros, segundos e sobremesas e, xa que logo, a comer menos.
  3.   Comer san a deshoras. Se se ten fame entre horas, pódese optar por petiscos máis saudables, como as tortas de cereais, as barriñas de pan torrado ou os flocos de millo caseiros. Outra alternativa pasa por elixir vinagretas (ceboliñas, cogombros novos) ou preparar pequenos aperitivos de peixe e marisco, como uns mexillóns ao vapor, uns berberechos á pementa ou un cóctel.
  4.   Doce non é o mesmo ca azucrado. O uso de especias como o cravo e a canela, a selección de alimentos de natureza doce (froitas frescas ou desecadas) e as coccións longas a lume lento son recursos útiles para acentuar o sabor doce das receitas cociñadas sen engadir azucre nin outros adozantes caloríficos como o mel, a nata, a marmelada ou o chocolate. Se lle gustan as sobremesas doces, no recetario de EROSKI CONSUMER colgado na súa páxina web hai dispoñibles 45 receitas adaptadas a dietas en caso de obesidade e diabetes, nas que o azucre engadido é prescindible para a súa elaboración. Dende refrescantes refrescos xeados con alimentos de tempada, deliciosos purés de froitas ou simples licuados, ata apetitosas mousses, entre outras tantas receitas doces pero sen azucre.
  5. Froita a calquera hora. Segundo o estudo Hábitos alimenticios dos españois 2006, elaborada pola Sociedade Española de Nutrición Comunitaria (SENC) e Hero Nutrición, o 43% da poboación non consume as porcións diarias de froita aconselladas pola Organización Mundial da Saúde. As recomendacións oficiais suxiren tomar entre dúas e tres porcións de froita, as pezas que máis agraden, preparadas ao gusto de cada un: amorodos, en zume, en ensalada, macedonia, compota, asados... O truco está en atopar o mellor momento para comelos. Por que sempre de sobremesa?
  6.   Xermolados ata na sopa. A adición de xermolados nas ensaladas mellora as dixestións. Son alimentos ricos en encimas, substancias cunha acción similar ás encimas dixestivas do organismo, esgotadas tras os excesos de comidas estivais abundantes en proteínas, graxas e azucres. Os efectos dos xermolados tradúcense na recuperación do ventre plano, ao combater a fermentación e a conseguinte formación de gases. Pódese ir máis alá e probar os xermolados en tortilla, nas sopas ou como acompañamento ou gornición dun segundo prato.
  7. Adeus temporal ás verduras flatulentas. A sensación de inchazo abdominal en certos períodos ou en determinadas persoas que comen moitos vexetais pódese deber a problemas de flatulencia. As verduras máis flatulentas son: leituga, alcachofa, coles, brócoli, cogombro, cebola e ravos. A ausencia de vexetais e comer todo refinado, non integral -azucre, arroz, pasta e pan-, pode ocasionar falta de encimas dixestivas. Isto explica a sensación de tripa inchada, a pesadez e o estrinximento que sente, sobre todo, despois de comidas abundantes.
  8. Pasarse ao integral. Tomar o pan, o arroz, a pasta e as galletas integrais é un san costume, especialmente de se optar polas versións biolóxicas. Máis fibra, vitaminas e oligoelementos, nutrientes que o organismo necesita acotío e que deben repoñerse tras días de comidas a base de alimentos refinados e azucrados. A fibra permite que o aproveitamento dos azucres sexa máis lento. Axiña se terá sensación de estómago cheo durante máis tempo, máis saciedade e un mellor ritmo intestinal.
  9. Infusión de sobremesa. As comidas máis graxas, demasiado proteicas e moi azucradas, xunto co alcohol, provocan un maior traballo para o fígado, o principal órgano depurativo. Os vexetais con lixeiro sabor amargo, como alcachofas, chicoria, endivias, escarola e ravos, favorecen a recuperación do fígado, polo que é aconsellable incluír algunha delas cada día no menú. O malestar no estómago pode ser a causa do inchazo abdominal e das molestas dores de cabeza. Tomar unha infusión dixestiva, antes ou despois de comer, de macela, anís, poleo, canela, melisa ou regalicia, entre outras, séntalle ben á dixestión. A froita é mellor deixala para comela entre horas, que resultará aperitiva e refrescante.
  10.   A auga, o mellor diurético e depurativo. É unha idea sa ter sempre á man unha garrafiña de auga: no bolso, na oficina, no coche, na mesiña de noite... Un xeito de tomar máis líquidos durante o día é deixar preparados dous litros de caldo elaborado coas verduras máis diuréticas, como apio, feixóns verdes, borraxe, cenoria, cebola... Bátese e tómase unha cunca antes de comer. Hidrata, depura e sacia.

A estes consellos engádese o de mastigar cada bocado. Os beneficios de comer devagar e de mastigar a conciencia son triplos: mellora a dixestibilidade dos alimentos, cómese menos xa que dá tempo a ter sensación de saciedade e conséguese un demostrado beneficio psicolóxico ao respectar o tempo dun acto que se debe gozar. Por outra banda, manterse nun peso saudable esixe saber planificar a alimentación máis alá dos días inmediatos e sen renunciar para sempre ao pracer que proporcionan determinados alimentos. A clave está na variedade e na moderación.

Outra vez a dieta?

As patas do trípode no que se sustenta o mantemento dunha boa saúde son tres: alimentación equilibrada, exercicio físico continuado e unha relación saudable coa comida. Por iso, cando se quere adelgazar, o seguimento de "dietas milagre" trae consigo problemas.

O doutor Gregorio Varela, xunto con outros expertos en nutrición, publicou en 1999 un documento que explica as contraindicacións sanitarias das dietas máxicas. No documento, advírtese de que non é equilibrada unha dieta que permita comer sen medida un alimento, como é o caso das monodietas "piña, mazá, alcachofa...", ou que faga restricións drásticas de alimentos saudables, como moitas das chamadas dietas disociadas ou dietas hiperproteicas. O Ministerio de Sanidade e Política Social, a través da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN), faise eco na súa páxina web do perigo para a saúde de seguir unha dieta milagre.

Paga a pena facer as cousas ben, sen présas derivadas da impaciencia. Deste xeito prevense o coñecido efecto yo-yó, é dicir, que a persoa, lonxe de perder peso, gañe máis quilos dos que tiña antes de comezar a dieta. Ademais, o exercicio é un bo aliado para sentirse ben e acelerar a perda de peso se fose preciso. Camiñar lixeiro durante media hora axuda a queimar unhas 100 calorías. Unha hora de baile serve para eliminar unhas 400 calorías. Os efectos beneficiosos do exercicio físico nótanse tanto dun modo fisiolóxico como psicolóxico.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto