Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Eroski Consumer analiza 143 instalacións deportivas municipais de 18 cidades: As instalacións deportivas municipais melloran, aínda que os concellos invisten menos cartos

En xeral, a maioría das instalacións atópase en bo estado de mantemento, limpeza, seguridade e accesibilidade, aínda que fallan en información e servizos

A limpeza e a seguridade nas instalacións, o mellor

  Sen dúbida ningunha, a limpeza e conservación das instalacións deportivas visitadas é un dos aspectos máis destacados da análise. A nota media obtida neste apartado (un 'moi ben') mantense con respecto a un estudo similar realizado por esta revista no 2006. É máis, en catro anos melloraron, xa que mentres daquela suspendía un 4%, na actualidade faino apenas un 1%.

Neste sentido, só se atoparon fallos no estado de conservación dun 11% dos casos analizados. As deficiencias tiñan que ver co mal estado das redes nas porterías, canastras e similares (nun 10% dos casos) e mais coa falta dunha man de pintura que delimitase correctamente as zonas de xogo (nun 12%), así como co lixo e co mal estado do pavimento das estancias visitadas (nun 9%).

Ademais, entre os máis de 600 vestiarios analizados nos 143 centros deportivos incluídos neste estudo, só un 2% deles e as súas duchas eran excesivamente vellas e, entre outros fallos, observáronse algúns casos con portas sen pomo e con perigo de quedar pechado, azulexos rotos, humidades, canalizacións oxidadas, etc. (en Alacante, un de cada cinco precisaba unha reforma). Precisamente, a limpeza e a hixiene tamén era boa nos máis dos vestiarios, só un escaso 1% estaba porco durante a visita.

En seguridade, os resultados tamén son positivos: só o 3,5% das instalacións suspende o exame desta revista (no 2006, esta proporción era do 5%), aínda que outro 1,4% debe conformarse cun mediocre 'aceptable' dentro deste apartado (no 2006, non obstante, eran un 12% os que quedaban con esta nota). Cómpre sinalar que a maioría das instalacións deportivas municipais se atopan convenientemente adaptadas e contan coas principais medidas de seguridade (luces de emerxencia, extintores). Non obstante, nun 14% das instalacións non se viron carteis indicadores de saída de emerxencia.

Por outra banda, nun 4% observáronse elementos que podían pór en perigo a integridade física dos usuarios: pavimentos deteriorados e con fisuras, zonas cunha altura considerable e sen valar, zonas de obras próximas ás pistas ou canchas de deporte, etc. Estas deficiencias observáronse en dúas de cada dez instalacións de Sevilla.

Ademais, en case todas as instalacións deportivas que teñen piscinas (e esta estaba aberta, un 71%) contaban con polo menos un socorrista no recinto no momento da visita (só nun 4% non o había). Aínda que na única instalación que se analizou en Cádiz na que había piscina, o socorrista atopábase traballando nunha oficina sen vixiar a piscina.

Información ao usuario e servizos dispoñibles, aspectos mellorables

Trátase sen dúbida dos aspectos que peor se coidan neste tipo de instalacións. Así, case unha de cada sete instalacións deportivas municipais visitadas non dá superado a análise desta revista e un 25% débese conformar cun 'aceptable'. En catro anos melloraron nesta materia, xa que no 2006 un de cada catro espazos analizados suspendía a proba e un 22% cualificábase cun 'aceptable'. Entre outras carencias salientables, un 11% contaba cunha deficiente sinalización, xa que non se sabía onde estaba cada dependencia ou a onde levaba cada corredor. Ademais, un 45% non informaba sobre as normas de uso particulares de cada estancia, un 36% non contaba con carteis co horario de apertura e peche do recinto ou dos distintos servizos, por non falar de que a caixa de suxestións só se atopaba presente no 38% dos espazos estudados.

Entre os servizos ofrecidos aos usuarios, destaca que no 80% dos recintos analizados había cabinas gardarroupa nos vestiarios. Non obstante, tan só en un de cada cinco había papeleiras ou colectores para a reciclaxe e máis da metade non contaba con servizo de cafetería ou bar. Con todo, a existencia dunha dependencia sanitaria (ben enfermería ou ben botica de primeiros auxilios) estaba claramente sinalizada en tres de cada catro ocasións.

Achegarse a estas instalacións non sempre resulta doado: aínda que practicamente a todas chega o autobús urbano, o metro, o tranvía e ata o tren, só o 36% conta con carril bici nas súas inmediacións (a mellor situación dáse en Vitoria e en San Sebastián).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto