Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Eroski Consumer analiza 143 instalacións deportivas municipais de 18 cidades: As instalacións deportivas municipais melloran, aínda que os concellos invisten menos cartos

En xeral, a maioría das instalacións atópase en bo estado de mantemento, limpeza, seguridade e accesibilidade, aínda que fallan en información e servizos

Grandes diferenzas entre cidades

Instalacións deportivas: grandes diferenzas

Ningunha cidade pode presumir de ter un equipamento óptimo, aínda que a evolución positiva é xeneralizada. Na actualidade, apenas hai unha piscina de media por cada 19.500 habitantes (no 2006 a proporción era de unha por cada 21.000 habitantes), un ximnasio por cada 15.600 residentes (hai catro anos, era de un por cada 18.500 habitantes), un campo de fútbol por cada 17.700 habitantes (no 2006, era por cada 21.304 habitantes), unha pista de tenis por cada 20.500 habitantes (hai catro anos era unha por cada 25.016 habitantes). A excepción: os polideportivos cubertos. No 2006 había un por cada 26.000 habitantes, e na actualidade hai un por cada 33.000 habitantes. As medias non agochan que os medios despregados polas institucións públicas nalgunhas cidades son moi superiores aos doutras. Neste estudo comprobouse que os residentes de Vitoria, San Sebastián e Barcelona teñen un mellor acceso á práctica deportiva ca os doutras cidades como Alacante, Granada e Sevilla.

Para os afeccionados á natación, Vitoria é a mellor opción (unha piscina por cada 8.728 habitantes, a maioría cubertas), ao contrario ca Cádiz (unha para 63.383 residentes). Vitoria, xunto con Valladolid, tamén destaca en campos de fútbol (unha instalación deste tipo por cada 10.000 habitantes). E a capital valisoletana sobresae así mesmo en canchas polivalentes ao aire libre (unha por cada 5.500), moi por riba de Madrid (unha por cada 22.600). Se o que se desexa é golpear a pelota cunha raqueta, Granada, Valladolid e Málaga destacan sobre o resto (unha pista por cada 15.000 habitantes), moi por riba de Alacante (unha pista por cada 30.400 habitantes). Se a raqueta é de pádel, A Coruña destaca moi positivamente ao contar con 76 pistas para a súa poboación censada, mentres que Barcelona apenas ten 15 para a súa.

A visita ás instalacións: fállase en información

As instalacións deportivas municipais visitadas atópanse en bo estado e contan con medidas de seguridade e accesibilidade abondas. Trátase dunha situación que se mantén pois, hai catro anos, cando esta revista realizou un estudo similar, só un 7% suspendía. Na actualidade, esta proporción diminuíu e só o 4% das instalacións deportivas analizadas incumpren os requirimentos básicos esixidos, aínda que un 9% debe conformarse cun mediocre 'aceptable'. Os aspectos máis positivos do estudo son a seguridade dos recintos analizados e o estado de mantemento e limpeza (en ambos os dous apartados obteñen un 'moi ben'). Non obstante, quedan nun axustado 'aceptable' no que atinxe á información ao usuario e aos servizos ofertados. Polo que respecta á accesibilidade a nota media obtida foi de 'ben'.

Por cidades, destacan as óptimas apreciacións obtidas polos equipamentos deportivos de Barcelona, Bilbao, Córdoba, Málaga, San Sebastián e Vitoria: todas elas obtiveron un 'moi ben'. Pola súa banda, as instalacións visitadas na Coruña, en Madrid, Granada, Murcia, Oviedo, Pamplona, Sevilla, Valencia, Valladolid e Zaragoza acadan un 'ben', mentres que Alacante e Cádiz deben conformarse cun mediocre 'aceptable'.

Equipamentos deportivos sostibles?

As instalacións deportivas tamén contaminan. Precisamente, no VI Encontro de Políticas Deportivas nos Municipios celebrado en Bilbao en abril propuxéronse algunhas medidas para facer delas espazos máis sostibles, como reciclar os residuos (perigosos e non perigosos), aforrar auga, utilizar paneis solares, etc. E son moitas as cidades que xa as levan á práctica:

Zaragoza: entre outras medidas, danlle moita importancia ao aforro da auga, por iso instalaron nos espazos deportivos sensores de rega e flexos nas billas dos aseos, entre outros sistemas, para evitar desbaldir. Ademais, consideran fundamental informar o usuario mediante carteis e folletos para que se impliquen en que o funcionamento das instalacións deportivas sexa máis sostible.

Valladolid: os paneis de enerxía solar nas instalacións deportivas municipais levan unha década funcionando. Ademais, empréganse os chamados fluxómetros (billas que producen unha gran descarga nun inodoro sen necesidade de cisterna), billas con temporizador (para o aforro de auga) e iluminación de espazos con control de presenza.

Vitoria: vincúlase dende 1999 o funcionamento de caldeiras (calefacción e ACS) ao sostemento enerxético (CO2) e melloras para a redución de consumos.

Valencia: dende o 2003 trabállase no deseño e na remodelación de edificios para mellorar a implantación de sistemas de aproveitamento de enerxías renovables (favorecer a iluminación e ventilación natural, instalación dun axeitado illamento térmico...).

Sevilla: hai nove anos, púxose en marcha un plan de eficiencia enerxética e de aforro de auga e o pasado exercicio procedeuse á instalación de placas solares nas instalacións deportivas.

San Sebastián: deseñou un proxecto de optimización enerxética das instalacións deportivas municipais. Tamén se están a utilizar placas solares fotovoltaicas nas cubertas de varias instalacións deportivas municipais.

Bilbao: na capital biscaíña traballan para reducir o consumo de enerxía, auga (de piscina, de rega, etc.) e gas das instalacións municipais mediante varios sistemas: substituír as caldeiras antigas por equipos novos máis eficientes, crear plantas solares fotovoltaicas, recuperar a auga de chuvia e manter a calor da auga das piscinas, entre outras.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto