Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Eroski Consumer analiza 143 instalacións deportivas municipais de 18 cidades: As instalacións deportivas municipais melloran, aínda que os concellos invisten menos cartos

En xeral, a maioría das instalacións atópase en bo estado de mantemento, limpeza, seguridade e accesibilidade, aínda que fallan en información e servizos

  O deporte non só se ve, tamén se practica. Ademais, de maneira crecente. Os seus beneficios na saúde física e emocional de persoas de toda idade e condición incrementaron a demanda e a oferta de equipamentos para poder nadar, xogar ao fútbol, ao baloncesto ou ao tenis. De feito, estas instalacións incrementáronse nos últimos 30 anos en máis dun 77% e dúas de cada tres son de titularidade pública. A súa xestión precisa investimento e un bo mantemento, algo que se dá nas principais capitais do país, aínda que o certo é que os concellos destinan menos cartos ca hai catro anos. Así o constatou EROSKI CONSUMER logo de analizar a dotación de infraestruturas deportivas municipais e de visitar 143 delas, en 18 capitais: A Coruña, Alacante, Barcelona, Bilbao, Cádiz, Córdoba, Granada, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza. Dos resultados do estudo extráese que as instalacións deportivas municipais melloraron nos últimos catro anos, malia que os concellos invisten unha menor proporción do seu orzamento para ese fin. A pauta é que, en comparación cun estudo semellante elaborado no 2006, a dotación aumentou de xeito significativo, se ben aínda queda marxe para lograr unha situación óptima: hai unha piscina de media por cada 19.500 habitantes (no 2006 por cada 21.000), un ximnasio por cada 15.600 residentes (hai cinco anos por cada 18.500) e un campo de fútbol por cada 17.700 habitantes (no 2006 por cada 21.300). Non só mellorou a cantidade: a calidade das instalacións municipais visitadas é 'boa' e apenas un 4% delas non cumpre cos requirimentos de limpeza, seguridade, accesibilidade, conservación e información esixidos.

Canto gastan os Concellos en deporte?

  Os 18 concellos gastan unha media de case 24 millóns de euros anuais en deporte (46,6 euros de media por habitante). O peso das partidas destinadas ao deporte nas 18 cidades é dun 3,8% de media. É dicir, que os concellos gastan algo menos de 4 euros por cada 100 que dispoñen nos seus orzamentos totais no mantemento e conservación de instalacións, pagamento do persoal, oferta de cursos e programas, etc. Os municipios que máis cartos destinaron para o deporte son: Vitoria (supón unha partida do 9,1% do seu orzamento total), A Coruña (5,5%), Valladolid (5,4%), San Sebastián (5,3%), Murcia (4,5%) e Oviedo (4,3%). O resto de cidades achega pouco máis do 3% dos seus orzamentos anuais ao investimento en materia deportiva. Á cola sitúase Málaga (apenas supón un 1,5% do orzamento total anual do seu concello), Zaragoza (2%) e Alacante (2,4%).

En cinco anos, a proporción das partidas destinadas ao deporte diminuíron unha media dun 1%. As únicas cidades que aumentaron a súa achega a esta materia foron A Coruña, San Sebastián e Valencia. Non obstante, hai outras que diminuíron os orzamentos á metade: é o caso de Oviedo (no 2005, a cidade que destinaba unha maior proporción de diñeiro, un 8,4%) e Madrid (era a segunda capital que no 2005 destinaba unha maior proporción, un 7,2% dos seus orzamentos totais anuais).

Canto custa facer deporte?

  A pretensión de unificar a multitude de tarifas e abonos que hai que pagar por facer deporte é misión imposible. Pero si se poden establecer unha serie de factores para clasificar os prezos. Velaquí algúns exemplos:

O prezo do abonamento de tempada para maiores de 18 anos móvese este ano entre os 83,70 euros que pagan en Vitoria os cidadáns maiores de 25 anos (79,50 euros aboan os que teñen idades comprendidas entre 18 e 25 anos), os 109,2 euros anuais de Bilbao, os 190,70 euros de Valencia e os 160 euros de San Sebastián por ter a chamada kirol txartela adulto. En Madrid e Valladolid, pola súa banda, a cota é mensual. En Madrid, o abono vai dende os 17,70 euros aos 38,50 euros, en función dos días que se utilice a instalación deportiva (1, 2 ou 3 días). Mentres tanto, en Valladolid a cota é de 21,10 euros.

Tamén está moi espallada a posibilidade de ter un abono familiar: na capital bilbaína ascende a 162,95 euros anuais, en San Sebastián son 283 euros por sacar a kirol txartela familiar e en Valencia supón un desembolso de entre 357,55 euros e 408,85 euros en función dos membros dos que se compoña a familia. Pola súa banda, en Valladolid, todo membro que se vaia sumando á unidade familiar pagará 21,10 euros mensuais e o quinto é gratuíto.

Para rematar, os maiores de 60 ou 65 anos tamén se poden beneficiar de descontos importantes. Por exemplo, en Alacante e Vitoria a bonificación da cota é dun 50%. Noutras cidades como Madrid, a cota mensual que pagan estas persoas nesta franxa de idade vai dende os 7,60 euros aos 4,30 euros mensuais (en función dos días que utilice as instalacións deportivas municipais, 1 ou 2 días).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto