Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

A calor e a fatiga, inimigos ao volante

Conducir con calor é perigoso porque a nosa capacidade de atención e de reacción diminúe. Por iso hai que deterse cada dúas horas e hidratarse durante o traxecto

  É invisible e silandeira, pero os seus efectos poden ser letais. Conducir durante un longo traxecto con temperaturas elevadas dentro e fóra do vehículo contribúe a que os niveis de concentración e de atención do condutor sobre o volante diminúan. Esta non é unha advertencia menor, a nosa vida e a doutros compañeiros de estrada está xogo. A razón: conducir con temperaturas superiores aos 30 °C reduce os reflexos coma se se tivesen 0,5 gramos de alcohol en sangue. Por se fora pouco, a calor fai que as sensacións de fatiga e de somnolencia se disparen ata o punto de que o cansazo é a cuarta causa de sinistralidade con vítimas mortais nas estradas españolas, por riba doutras como o estado das estradas ou as condicións meteorolóxicas adversas.

O nerviosismo e a agresividade aumentan conforme máis calor marca o termómetro do coche. Calcúlase que o número de veces que se toca a bucina nun semáforo ou nun atoamento medra de xeito considerable cando a calor abafa. Un inconveniente que, xunto co cansazo e o baixo rendemento visual e físico, dificulta circular pola estrada con responsabilidade. Para este verán a DXT prevé 86 millóns de desprazamentos, o que implica un maior número de accidentes motivados, entre outras razóns, pola perda de concentración e a fatiga, froito das altas temperaturas. Os expertos en motor e saúde de EROSKI CONSUMER propoñen unha serie de consellos e recomendacións para aprender a combater a calor na estrada e para controlar a fatiga.

Como detectar a fatiga?

  A calor é, xunto coa falta de sono, as comidas copiosas e a ausencia de descanso durante traxectos longos, o principal factor desencadeante da fatiga. Isto provoca, entre outras cousas, unha diminución da atención ao volante e a redución da capacidade para procesar a información e para calcular as distancias e as velocidades. Estímase que aumenta nun 86% o tempo de reacción ante un obstáculo situado na vía, o que incrementa o risco de sufrir un accidente. En ocasións, o desexo e a ansia por chegar ao destino das vacacións fai que non se tomen en serio os primeiros indicios de cansazo porque "xa pasarán". Pero non pasan se non se adoptan as medidas oportunas. Por iso, a mellor maneira de previr o cansazo e a somnolencia motivada pola calor é aprender a detectar os primeiros síntomas e saber como actuar para frealos.

As primeiras manifestacións que advirten da urxencia de descansar son a necesidade de moverse e cambiar de postura de xeito constante mentres se conduce, así como a sensación de ter os brazos e os pés durmidos. A tensión no pescozo, a comechón e pestanexo constante nos ollos, os zunidos nos oídos ou a necesidade de tocar a cara e o pescozo non son signos pasaxeiros e casuais, senón sinais de alarma de que a fatiga acaba de subir ao noso vehículo. Este fenómeno detéctase tamén por outros indicadores psíquicos, como o aburrimento, a ansiedade, a inestabilidade e unha maior brusquidade ou agresividade nos movementos e nas manobras. E o peor é que estes síntomas aumentan progresivamente, en frecuencia e intensidade, a medida que o condutor se aproxima ao seu lugar de destino.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto