Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Xeados: Máis ca un pracer, un auténtico alimento

Os xeados débense consumir con moderación: son bastante caloríficos e teñen moito azucre. Ademais, boa parte da súa abundante graxa é saturada

  Os xeados son para o verán, aínda que en España se vai consolidando a tendencia á desestacionalización: consúmense durante os doce meses, tal e como sucede dende hai anos no norte de Europa e en Latinoamérica. Agora ben, seguimos preferindo degustalos cando vai sol. De amorodo, de chocolate, de nata, de vainilla, de leite merengado e de manteigado. Esta era a concisa variedade de sabores que se ofrecían nas xeadarías non hai aínda tanto tempo. Hoxe necesitariamos boa parte desta páxina só para enumerar a interminable listaxe de formas e de sabores con que se venden os xeados, que, tal e como os entenden os máis dos consumidores, son o produto resultante de bater e de conxelar unha mestura, pasteurizada e homoxeneizada, de leite, de derivados ou ingredientes lácteos e doutros alimentos como azucre e froitos secos. Agora ben, deles, en realidade, dificilmente se pode falar en termos xerais, dadas as grandes diferenzas en composición nutricional que manteñen os distintos tipos de xeado.

Legalmente, hai ata seis denominacións: "xeado crema" (un mínimo do 8% de materia graxa, que ten que ser láctea, e un mínimo do 2,5% de proteínas, tamén de orixe láctea),"xeado" (polo menos un 5% de graxa, que pode non ser láctea, e as súas proteínas -sen obriga dunha cantidade mínima-, de orixe láctea), "xeado de leite" (como mínimo, un 2,5% de materia graxa láctea e un 6% de extracto seco magro lácteo), "xeado de leite desnatado" (non máis do 0,3% de materia graxa láctea; e polo menos un 6% de extracto seco magro lácteo), "xeado de auga" (como mínimo, un 12% de extracto seco total) e "sorbete" (polo menos, un 15,5% de froitas e un 20% de extracto seco total). Normalmente, coñécense como xeados as catro primeiras denominacións comerciais: xeados crema, xeados, xeados de leite e xeados de leite desnatado. Nós referirémonos aquí aos tres primeiros, os máis consumidos.

Non é unha lambetada, senón un alimento

  Podemos gozar este verán de tan saboroso alimento (que non lambetada, porque o seu contido, sobre todo en graxa e hidratos de carbono -basicamente, azucres-, pero tamén de proteínas, é significativo), e de feito facémolo: no 2008 cada español consumiu 6,5 litros de xeados, media similar á europea, que se cifra en 6,3 litros. Os expertos de alimentación de EROSKI CONSUMER recomendan non consumir xeados en grandes cantidades nin con demasiada frecuencia, porque son bastante enerxéticos (entre 210 e 320 calorías cada cen gramos, segundo o tipo de xeado, exceptuando os ligth e os sen azucre), conteñen unha gran cantidade de azucre e de graxa maioritariamente saturada, a menos saudable. E aconsellan, ademais, adoptar certas medidas hixiénicas e de temperatura para evitar o desenvolvemento de microorganismos contaminantes.

  Os xeados son unha sobremesa saborosa, nutritiva e perfectamente compatible cunha dieta equilibrada, pero non deben ser considerados como un aperitivo para tomar a calquera hora do día co fin de gozar do seu sabor ou de combater a calor. A imaxe do telespectador que mata a tarde comodamente instalado no seu sofá ante un tarro inmenso de xeado que engulirá na súa totalidade dunha única sentada vén sendo unha tolería en materia de hábitos alimentarios. A súa elevada achega enerxética de azucres e de graxas (a maior parte, entre o 70% e o 95%, saturadas: aumentan a incidencia de enfermidades cardiovasculares), obriga a consumir os xeados preferentemente como sobremesa e, sempre, en cantidade moderada. Trátase de que poidan formar parte dun plan de alimentación equilibrado. Lembremos que achegan arredor de 220 calorías cada cen gramos (hai algún de máis de 300, e varios que superan as 250, pero o máis habitual é o intervalo 205-230 calorías/100g), é dicir, o dobre ou máis ca outras sobremesas lácteas doces como arroz con leite, iogures, flans ou cremas. Unha opción interesante é elixir as presentacións de xeado menos graxas e menos azucradas.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto