Saltar o menú de navegación e ir ao contido
O lume atrae e horroriza ao mesmo tempo. O efecto da combustión representa unha forza desvastadora capaz de converter miles, millóns de hectáreas en cinzas. En definitiva, metáfora de vida, o lume éo tamén da morte. Para lle facer fronte organizouse por primeira vez baixo o mandato do emperador Augusto un grupo profesional de homes capaces de previr, detectar e combater os seus perigos. O oficio, herdado polas civilizacións posteriores, chegou aos nosos días, e conservou a súa autoridade, o seu prestixio e mais as súas funcións, que foron ampliadas. Hoxe, os bombeiros teñen encomendada a responsabilidade de apagar lumes, pero tamén moitas outras.
Hai escasas décadas, os corpos de bombeiros fundamentaban o seu exercicio na atención de emerxencias ligadas as máis das veces ao lume. Neste século, o seu primeiro obxectivo é lograr adiantarse ás consecuencias da súa ameaza e ampliaron o seu campo de actuación. Baixo os principios de celeridade, eficacia e proporcionalidade marcan as tarefas que alcanzan a todos os elementos de risco susceptibles de lles causar un dano ás persoas, aos bens e á natureza. Repítense as saídas técnicas ao se detectar cheiro a gas, de se coñecer vertedura de líquidos tóxicos, se se intúen desprendementos polo vento e ou se evidencian inundacións. A prevención ocupa unha alta porcentaxe das súas actuacións.
As avanzadas de bombeiros asumiron as competencias de examinar e vixiar o cumprimento de normas en locais, edificios, redes de abastecemento de auga tanto no ámbito urbano como industrial, rural e forestal. Entre as súas funcións está tamén proxectar e ensaiar as medidas preventivas de situacións de grave risco, e participar na elaboración e posta en práctica dos plans de emerxencia.
O rescate e salvamento de persoas accidentadas na estrada ou extraviadas na montaña, ríos, covas... marcan outra das súas actuacións. Trátase de ofrecer un servizo de atención sanitaria non programada que en ocasións resolven urxencias vitais. Os equipos de bombeiros préstanlles o primeiro auxilio a accidentados ou enfermos, e se cómpre practícase a súa evacuación ao centro sanitario.
O de bombeiros foi o primeiro grupo coordinado en chegar a Haití tras o terremoto que asolou o país caribeño o 12 de xaneiro. A súa preparación e as súas funcións condúcenos ás catástrofes, onde se coordinan con outros servizos de intervención. Ao seren eles os que executan os labores iniciais e directos, correspóndenlles as primeiras manobras. E tamén son eles os que marchan de últimos, xa que entre as súas potestades está rehabilitar os servizos públicos esenciais.
Os bombeiros continúan xogando as súas vidas ao apagaren lumes. Se ben as estritas normativas e as accións de prevención reduciron os incendios urbanos e industriais, a praga estival de lapas desvastadoras perpetúase. Aos profesionais súmanse no verán brigadas forestais antiincendios, pero só a precaución individual, o compromiso dos cidadáns e o cumprimento das medidas previsoras lograrán que decrezan o número de hectáreas que pasan a engrosar as peores estatísticas, as da natureza consumida polo lume.
A cereixa: algo máis ca un froito
Mercadorías que voan
Sobre os alicerces da palabra
Esquí alpino adaptado: reto e sacrificio vestidos de branco
O camiño da electricidade
A viaxe dun bo desexo
O ensino musical: unha sinfonía de catro movementos
A cidade flotante do transporte
Un bocado con suspense
Un caramelo esculpido no corazón do Pirineo
Cultivo de rosas, a paisaxe máis impresionista
Labregas do mar
Como se reciclan os aparellos eléctricos?
Recunchos de vida
A receita da eterna xuventude
Iluminar máis para ver menos
De alimento básico a manxar de reis
Unha luz na escuridade
A pel da devesa
Ocaso e esplendor nos humedais
Ir por la e saír rapada
O mar entre catro paredes
Operación: a viaxe da arte
Unha xornada nunha estación de esquí
O segredo do diamante negro da cociña
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI