Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Barcelona mantense como a capital co IBI máis caro

·En catro anos, apenas variaron as importantes diferenzas entre cidades no imposto de vivenda.
·As familias de clase media da cidade condal pagan tres veces máis ca as burgalesas (589 euros fronte a 181 euros).
·O recibo que pagan os barceloneses deste segmento medio duplica o do 80% das cidades seleccionadas para este estudo

  Unha vez ao ano, o peto dos propietarios de pisos e casas recibe unha visita que non suscita precisamente entusiasmo. Protagonízaa un recibo que responde ao nome de Imposto de Bens Inmobles (IBI). A escasa ledicia que xera na economía familiar débese a que esixe un desembolso considerable. Tan considerable que un de cada seis euros dos case 53.000 millóns recadados polos concellos españois no 2008 provén desta taxa. Pero ese peto sofre máis ou menos en función da cidade na que se sitúe a vivenda. Así o constatou EROSKI CONSUMER tras comparar a contía do imposto que pagou no 2010 unha familia definida convencionalmente como clase acomodada ou alta, outra de clase media (a máis numerosa en España) e unha terceira con menos recursos económicos, denominada clase baixa. Todas elas residentes nun piso característico (superficie, calidade de construción, zona da cidade) do seu nivel económico-social en 18 capitais: A Coruña, Alacante, Barcelona, Bilbao, Burgos, Córdoba, Granada, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza.

Os datos son elocuentes: unha familia de clase media (á que se lle asignou a xeito de simulación un piso de 100 metros cadrados) en Barcelona paga 589 euros ao ano en concepto de IBI (78 euros máis ca nun estudio similar elaborado por EROSKI CONSUMER no 2006), mentres que en Burgos ten que desembolsar unha terceira parte desa contía, 181 euros (32 euros máis ca hai catro anos). Ademais, a taxa da cidade condal duplica a do 80% das cidades seleccionadas para este estudo e que lle facilitaron datos á revista.

Tamén Madrid fixa cos seus 429 euros o segundo IBI máis caro das 18 cidades comparadas para esta vivenda de segmento medio, pero a moita distancia da capital catalá. Aínda que no 2006 se cobraba na capital española a metade ca na cidade condal, en catro anos produciuse un incremento de case o 70% no recibo do IBI, a evolución máis destacada do estudo. Isto débese a dous factores: en primeiro lugar o tipo impositivo subiu en catro anos un 12% e, en segundo lugar, o resto de incremento da cota xustifícase pola incorporación paulatina do incremento de valor derivado da revisión catastral. Ademais de en Burgos, a fiscalidade menos gravosa para este tipo de vivenda, inferior aos 260 euros, atopouse na Coruña, en Málaga, en Murcia, Pamplona, Valencia, Valladolid e Zaragoza.

Pola súa banda, San Sebastián fixa, cos seus 363 euros, o terceiro IBI máis caro para as familias de clase media das 18 cidades comparadas, seguida de Vitoria, con 335 euros (tendo en conta que na capital alavesa se tomaron como referencia valores catastrais medios de tres barrios da cidade, Ensanche, Coronación e Adurza). Rematando coas familias de clase media, as de Alacante, Bilbao, Córdoba e Oviedo pagan unha cota de IBI intermedia, entre 270 e 300 euros, sempre falando do piso tipo empregado no informe para estes fogares.

No tocante á vivenda das familias de clase baixa (superficie de 83 metros cadrados), a capital alavesa lidera a lista coa cota de IBI máis onerosa, 325 euros. A segunda na lista é Barcelona, como xa o fixo no 2006 (neste segmento páganse 238 euros, 35 euros máis ca hai catro anos). O desembolso na capital catalá é o dobre ca o de Valladolid, Pamplona, Oviedo, Burgos e Bilbao (todas, algo menos de 115 euros) e oito veces máis ca o de Murcia.

Para calcular o imposto de vivenda que pagan as familias de economía desafogada comprobouse o que lle correspondería a un piso de 155 metros cadrados nunha zona elegante e céntrica das 18 cidades. A análise, igual ca no 2006, revela que Valencia é a capital onde se paga unha cota máis alta, 1.275 euros, un 43% máis ca en Madrid (894 euros) e case o triplo ca na Coruña (442 euros) por unha vivenda de características moi similares. A cota que hai que pagar en Barcelona é, de novo coma no 2006, a segunda máis cara, de 1.258 euros. As cidades nas que o pagamento do IBI é menor nas familias con rendas máis altas son Vitoria, Oviedo, Zaragoza, Murcia, Pamplona, A Coruña e Burgos (entre 442 euros e 597 euros).

Cales son os dereitos do contribuínte?

  Moi pouco ou nada sabemos dos dereitos de cada un á hora de pagar os nosos impostos e, especialmente, o Imposto sobre Bens Inmobles. Así e todo, neste sentido, o contribuínte ten dereito a:

  • Que no Catastro figuren debidamente descritos nas súas características físicas, xurídicas e económicas todos os inmobles dos que sexa titular.
  • Que as súas propiedades atopen correctamente valoradas conforme á Lei.
  • Que se lle notifiquen, en tempo e forma, os valores catastrais dos bens inmobles dos que sexa titular, resultante dos procesos de valoración colectiva de carácter xeral, parcial ou do procedemento simplificado de valoración colectiva.
  • Ao coñecemento dos elementos e criterios que se tiveron en conta na valoración.
  • Ser notificado das variacións de valor, resultantes das alteracións declaradas ou de procedementos realizados polo Catastro.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto