Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

A sesta, un sono que remata aos 30 minutos

Aumenta o rendemento laboral, despexa a mente e libera estrés, sempre que a súa duración non se prolongue máis de media hora

  Sobremesa, sofá e sopor. A combinación destes tres elementos converte a sesta nunha consecuencia máis que inevitable, irresistible. Bautizada por Camilo José Cela como o ioga ibérico ou elevada á condición de tesouro nacional, botar unha soneca vespertina provoca paixóns en España. Tamén o fai noutros países pouco ou menos afeitos, polo menos ata agora, a este parón no atafego cotián. Un estudo elaborado pola Universidade de Regensburg no 2004 amosaba, para a sorpresa dos seus promotores, que a proporción de alemáns (25%) que recorrían á sesta era moi superior á dos españois (9%). O certo é que o ritmo de vida imperante non colabora precisamente á súa promoción. E é unha mágoa, porque a comunidade científica certificou que, lonxe de reducir a produtividade, aumenta o rendemento laboral e beneficia o benestar de quen a bota.

Iso si, as súas vantaxes están condicionadas á dose: para que o descanso sexa saudable e efectivo, os expertos en saúde de EROSKI CONSUMER recomendan que o tempo dedicado a durmir durante a sesta non exceda os 30 minutos. Superar ese límite pode desencadear o efecto contrario ao desexado, e mesmo ocasionar consecuencias pouco saudables para o organismo. Durmir a sesta na cantidade, calidade e maneira axeitada contribúe a aumentar o rendemento laboral, a descargar a ansiedade e a desbloquear a mente. Nos máis cativos é un hábito aínda máis valioso: favorece a capacidade de aprendizaxe e reduce a hiperactividade e ansiedade dos nenos.

Pracer e saúde

A orixe da sesta é antiga; remóntase á civilización romana, que se refería como "hora sexta" ao período de tempo comprendido entre as 12.00 horas e as 15.00 horas. Cos anos, a expresión derivou na actual palabra sesta. A súa procedencia pode resultar descoñecida para algúns, pero non acontece o mesmo cos beneficios máis evidentes que se experimentan logo de gozar dun pequeno sono vespertino. A sesta é reparadora porque proporciona unha sensación de benestar e despexa a mente.

É un hábito recomendable tamén polos seus efectos positivos na saúde psíquica das persoas. Os expertos coinciden en que unha sonada no ecuador do día libera o estrés e o nerviosismo acumulado durante a xornada, recarga o organismo e aumenta a creatividade e mais o nivel de alerta, preciso para previr posibles accidentes ao volante ou laborais.

Pero non só axuda por "dentro", tamén o fai por fóra. O descanso a media tarde prevén o avellentamento celular, xa que o seu efecto reparador dá combatido os radicais libres -moléculas responsables, entre outros efectos, do avellentamento celular-. A sesta é á vez unha aliada para manter a pel sa e luminosa, amais de acelerar o proceso de rexeneración das células e de mantela fresca e tersa.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto