Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Eroski Consumer analiza os menús do día de 160 restaurantes de 18 cidades españolas: A calidade dietética de un de cada tres menús do día é deficiente

A oferta non mellorou nos últimos cinco anos: as deficiencias mantéñense en proporcións similares e a porcentaxe de boas cualificacións diminuíu

  Menú saudable é igual a menú pouco (ou nada) saboroso e a menú pouco (ou nada) atraente. Esta asociación de ideas, espallada mais errónea, mantense na conciencia dos consumidores (un 37% dos españois maiores de 18 anos ten exceso de peso, segundo a última Enquisa Europea de Saúde do 2009) e, por defecto, no traballo cotián dun número nada pequeno de restaurantes. Así o constatou EROSKI CONSUMER logo de analizar o menú do día en 160 establecementos de 18 capitais e comprobar que unha de cada tres ofertas gastronómicas suspendía en calidade dietética. Se se compara este resultado cun estudo semellante elaborado por esta revista no 2006, compróbase que non se rexistraron melloras en cinco anos (os suspensos daquela ascendían ao 30%). Peor aínda, a porcentaxe de boas cualificacións reduciuse (do 41% ao 15%). O que si cambiou foi o prezo medio: dos 8,9 euros pasouse aos 10,8 euros actuais, o que representa un aumento do 21%, máis do dobre do IPC acumulado nese período (un 8,5%). Pero non todas as valoracións son negativas. A calidade do servizo hostaleiro e a atención ao cliente cualificáronse como moi satisfactorias, aínda que o 5% dos establecementos non contaba coas obrigatorias follas de reclamacións e o 10% non tiña os prezos expostos na entrada.

EROSKI CONSUMER enviou os seus técnicos a 160 restaurantes situados en zonas céntricas da Coruña, Alacante, Almería, Barcelona, Bilbao, Córdoba, Granada, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza. Os técnicos desta revista pediron mesa en cada establecemento, apuntaron as opcións de menú e consumiron os pratos seleccionados. Para rematar, pediron as follas de reclamacións para comprobar se as tiñan a disposición do público. Coa información obtida, o equipo de dietistas-nutricionistas de EROSKI CONSUMER avaliou a composición de cada menú do día (entrantes, cando os había; primeiros e segundos pratos, gornicións e sobremesas) e valorou a súa diversidade e mérito dietético. Tamén se estudou a calidade do servizo de cada restaurante: presentación da mesa, rapidez ao servir a comida, ambiente e servizo do comedor, e estado e accesibilidade dos baños.

Como puntuou EROSKI CONSUMER os menús do día?

Todos os pratos comparten elementos dietéticos. Os expertos de EROSKI CONSUMER utilizáronos para desenvolveren un sistema de puntuación e para valoraren a calidade dietética dos 160 menús seleccionados neste estudo. Cada menú distribuíuse en cinco partes (primeiros e segundos pratos, gornicións, sobremesas e pan) e a cualificación máxima fixouse en 10 puntos. Todos os menús estudados incluían, polo menos, dúas posibilidades en cada un dos pratos.

  • Primeiros pratos (máximo tres puntos): penalizáronse a ausencia de verduras, ensaladas e farináceos variados (arroz, pasta ou pataca) e a presenza na metade ou en máis da metade das opcións de alimentos de orixe animal.
  • Segundos pratos (máximo tres puntos): o uso de peixe e a ausencia de alimentos precociñados subiron a puntuación do menú.
  • Gornicións (máximo un punto): Valorouse a variedade, máis alá das patacas fritas ou a leituga.
  • Sobremesas (máximo dous puntos): Sancionouse a ausencia de froita fresca ou de lácteos sinxelos (iogur, callada, queixo).
  • Pan (máximo un punto): Premiouse a posibilidade de comer con pan integral.

Se o menú acada 9 ou 10 puntos, catalógase como "moi bo"; se a cualificación é de 7 a 8 puntos, é "bo"; entre cinco e seis puntos, considérase "aceptable"; con catro, "regular"; con tres, "malo", e de cero a dous, "moi malo".

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto