Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

O mar entre catro paredes

Os acuarios proliferaron en plena febre científica de comezos do século vinte nas cidades costeiras. Cen anos máis tarde chámanse oceanarios e a súa misión de achegar o mundo mariño, exhibindo unha recreación natural da súa fauna e da súa flora, afianzouse. Cumpren ademais a tripla función de conservar, investigar e concienciar da necesidade de protexer o planeta. Co convencemento de que se salvagarda mellor o que se coñece, o espectador destes escaparates acuáticos contempla o resultado dun traballo preciso de biólogos e profesionais que velan polo funcionamento perfecto dunhas instalacións complexas e cunha organización eficaz. Todo para lograr achegar a biodiversidade dos mares e amosar o ecosistema, o patrimonio universal que se agacha baixo a auga.

  
Ruben García Blázquez

O mantemento cotián

A primeira hora da mañá comeza a actividade no complexo labirinto de zonas privadas e no espazo público. A parte franca, a que gozan os visitantes, confórmana salas de cristal percorridas por corredores. Antes de que estes accedan, inspecciónanse os acrílicos e o metacrilato, obsérvase a auga e compróbase que reine a harmonía dentro dela. No outro lado do cristal a actividade multiplícase. Tómanse probas de auga, contrólanse os filtros, os sensores, os vasos, as canalizacións e os comprensores, as tomas de mar e as bombas que permiten o intercambio da auga. Malia que todo o sistema está informatizado, a inspección visual é constante.

  
Ruben García Blázquez

En corentena

Os milleiros de animais e plantas que poboan as augas chegan do mar ou críanse en catividade, pero sexa cal sexa a súa procedencia, antes de pasaren a convivir na reprodución oceánica do oceanario salvan unha corentena. Aínda que a imitación é perfecta e a flora e a fauna viven nun hábitat idéntico, as novas incorporacións poden supor un perigo de alteración dos ácidos e microorganismos. Para evitalo, todas as especies, grandes ou pequenas, viven os seus primeiros días no acuario en pequenos tanques, agardando o momento de pasar ás augas definitivas. A corentena é un proceso complicado, pero de vital importancia, porque é onde se consegue que os peixes se aclimaten, que se afagan ao alimento que van recibir, e tamén onde se desparasitan e se lles curan as feridas. Cando o peixe está en óptimas condicións pode pasar á exposición.

  
Ruben García Blázquez

Análise e cultivo

Nos laboratorios e nas cociñas deséñase a cadea alimenticia. Nos primeiros analízanse as augas, investíganse comportamentos, estúdanse problemas e ensáianse solucións. O propósito é o mantemento dos parámetros saudables, de temperatura e salinidade, que permiten a vida. Tamén é traballo de tubos de ensaio, algúns deles gran tamaño, a cría de fitoplacton e o cultivo da artemia, o alimento vivo para augamares e larvas, como os cabaliños de mar acabados de nacer. E vixíase o zooplacton (animais moi pequenos), que serve para alimentar as corais. Nas cociñas trabállase a unha escala maior, preparando o alimento para os animais grandes: anacos de pescadas, mexillóns e a comida específica das quenllas.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

A alimentación

Dende os alimentos microscópicos ata os bocados máis grandes son subministrados polos coidadores. Cada especie, e cóidanse todas, precisa un tratamento e un coidado concreto. No acuario de San Sebastián a figura máis sorprendente é a quenlla Toro. Conviven un macho e unha femia e a súa dieta contrólase ao máximo. Deste xeito, acádase unha convivencia pacífica entre os animais e tamén o control do seu peso, necesario para preservar a súa saúde.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

A limpeza

No acuario non hai correntes que limpen as augas, nin os animais poden fuxir dun foco intoxicado. A limpeza é clave. O lixo do fondo sifónase acotío, xa sexan excrementos, algas ou restos de comida. Realízase mecanicamente con ferramentas específicas para cada espazo, pero cando o tamaño do vaso impide a manipulación de mangueiras son os mergulladores os que se encargan de manter a hixiene das paredes, do chan e dos decorados.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

O ciclo da vida

Visitar un acuario é ter a oportunidade de imaxinar unha viaxe no submarino do capitán Nemo, o protagonista de 20.000 leguas de viaxe submarina. Tras os cristais reina a vida inalcanzable do fondo dos océanos. Pero un acuario non é só a suma de recipientes con millóns de metros cúbicos de auga nos que se expón o ciclo de animais e plantas e nos que se poden ver peixes tropicais, corais, atúns, augamares, tartarugas. Tamén son centros científicos que realizan labores de investigación e de conservación da fauna e da flora mariña. Alí desenvólvense proxectos ambientais agora máis necesarios ca nunca, porque vivimos un tempo en que a saúde dalgúns mares, deteriorada pola actividade humana, pon en risco a saúde de todo o planeta.

  
Ruben García Blázquez

Outras fotorreportaxes que che poden interesar

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto