Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Piollos: hóspedes que nos traen de cabeza

As locións antiparasitarias só se deben administrar se xa hai piollos, por iso a mellor prevención é a revisión periódica do cabelo cunha piolleira

  Disque o can é o mellor amigo do home, pero non nos precisa tanto como o piollo, que só pode vivir á nosa costa: somos a única especie animal que estes minúsculos parasitos admiten como morada. Nas escolas son un clásico, repiten curso unha e outra vez. Segundo un estudo de Laboratorios OTC, o 14% da poboación escolar padeceu o curso pasado a presenza destes molestos inquilinos, se ben case todos os nenos teñen piollos polo menos unha vez na vida, normalmente no seu paso pola escola e na franxa de 3 a 12 anos. Pero os adultos non están a salvo: o continuo contacto cun neno infectado por piollos pode rematar co adulto rañando tamén na cabeza. Os piollos, amais de molestos pola comechón que producen, son mestres da camuflaxe e detectalos a simple vista entraña dificultades. Os expertos en saúde e hixiene de EROSKI CONSUMER recomendan non baixar a garda e, no canto de cruzar os dedos e confiar na sorte mentres non chegue unha circular da escola que alerte da presenza destes parasitos na aula, hai que adoptar unha serie de precaucións e, sobre todo, saber cales son as mellores medidas en caso de infestación.

Perfil do inimigo: molesto, pero non perigoso

Os mitos e as falsas crenzas sobre os piollos abundan. Quizais a máis espallada sexa a que asocia a súa aparición coa falta de limpeza e cos malos hábitos hixiénicos. Esta situación é a que explica que en moitas familias a aparición de piollos sexa aínda un tabú, e que, en consecuencia, os contaxios se oculten e non se comuniquen na escola, por pura vergoña.

Hai tres clases de piollos, e cada unha afecta exclusivamente a unha parte do corpo humano. Dous deles (o piollo da pube ou piollo pato, e o do corpo) si están asociados á sucidade, ao amoreamento e á falta de hixiene. En cambio, non se pode dicir o mesmo do piollo da cabeza, o máis común e o que ataca aos escolares, xa que aparece por transmisión e contaxio. En ningún caso os piollos da cabeza se aloxan na zona perineal ou os do corpo na cabeza.

Outra lenda é que transmiten enfermidades a través das súas picaduras. Falso: os piollos da cabeza son moi molestos, pero nada perigosos, xa que o único problema de saúde que poden orixinar é o de sobreinfección das bostelas e feridas producidas pola intensa comechón que lle producen a quen os sofre. Non obstante, hai indicios científicos de que os piollos do corpo foron, ao longo dos séculos, transmisores de enfermidades graves, como a "febre das trincheiras" ou o tifo.

O verdadeiro problema dos piollos da cabeza é a facilidade coa que se reproducen e se espallan. Os piollos poden vivir no cabelo un mes e nese tempo dan posto uns 110 ovos, dos que o 60% chegará a adulto.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto