Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Tecnoloxía téxtil

A revolución tecnolóxica chega á roupa para que os usuarios da era dixital poidan seguir conectados aínda cando estean lonxe do ordenador

  Nos últimos anos a tecnoloxía introduciuse no sector téxtil para mellorar os tecidos e para facelos máis funcionais. Pódense atopar prendas que controlan a temperatura, traxes de baño que reducen a resistencia na auga e camisetas que contan con sistemas de detección de sinais wifi ou de díodos LED. Esta innovación pode resultar extravagante, pero diferentes marcas xa traballan na inclusión de pantallas e luces na roupa. Phillips dispón dun prototipo de tecido luminoso, mentres que Corea del Sur desenvolve pantallas ULIDE flexibles que se poidan adaptar a diferentes pezas de vestir. Tamén se está a traballar no deseño de pezas de roupa nas que se insiran reprodutores multimedia, teléfonos móbiles ou navegadores GPS no mínimo espazo e sen que aumente en exceso o peso das prendas nin se altere a súa vertente estética.

Baterías nas costuras

  Outra tendencia extrema é a integración de baterías, de paneis solares e de microchips na roupa para engadirlles autonomía enerxética aos aparellos que se leven. As liñas de desenvolvemento e investigación son varias: dende a instalación dunha batería por baixo das costuras á inclusión de pequenos e flexibles paneis solares.

A Universidade de Carolina do Norte (Estados Unidos) desenvolveu unhas placas solares que se poden instalar nunha gravata ou nun traxe. O enxeño está dotado de diversas placas fotovoltaicas que alcanzan 3,6 voltios a plena carga en calquera aparato. Con esta enerxía pódense cargar un teléfono móbil ou un reprodutor de MP3. Polo de agora, non se superou a fase de probas, pero xa é posible atopar no mercado diferentes prendas con cargadores solares.

Moda con chips

A moda e a tecnoloxía non están disputadas. Na tempada 2007/2008, a marca de deseño italiana Ermenegildo Zegna lanzou a chaqueta SolarJacket, con placas solares no pescozo da americana capaces de xerar enerxía eléctrica abonda para recargar un dispositivo portátil. A chaqueta, que dispón dunha saída para auriculares, tamén conta cunha batería á que se conecta o dispositivo e que se recarga por completo mediante unha exposición ao sol das placas durante catro horas. Agora ben, non todo son vantaxes. Tanto as baterías como as placas solares engádenlle un peso extra á peza téxtil. Non obstante, pódense crear pezas de roupa que activen unha carga eléctrica ante un cambio atmosférico ou que xeren enerxía pola simple fricción dos seus tecidos. O Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia (Estados Unidos) desenvolveu unhas "nanofibras" que xeran impulsos eléctricos coa fricción.

Pódense recargar pequenos dispositivos electrónicos con só utilizar unha peza de roupa confeccionada neste material. Polo de agora é unha tecnoloxía en fase de investigación, xa que as fibras non se poden mollar porque dispoñen dunha cobertura de óxido de cinc que se disolve coa auga.

Tamén se comercializan tecidos que propician prendas funcionais con utilidades que van maís alá das tradicionais. A empresa británica Babyglow vende un pixama para bebés de ata 24 meses que muda de cor se a temperatura do bebé supera os 37 ºC. Estes pixamas deséñanse en diferentes cores, pero tórnanse brancos se o bebé ten febre.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto