Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Economía Doméstica

Λ

Veciños, non inimigos

O administrador pode ser de grande utilidade, sobre todo en edificios con numerosas vivendas ou con moitos servizos comúns

  Levarse ben cos veciños resulta en ocasións traballoso, pero sempre compensa. Non só se trata de aforrar o mal trago que supón topar cun veciño co que non te saúdas, nin sequera de evitar anoxarse, pasar un mal anaco e conflitos que fan imposible unha mínima convivencia ou que poden ata chegar a prexudicar a nosa economía. E non hai escusa: deixar de acudir ás Xuntas de Propietarios e delegar noutros veciños a toma de decisións que van acabar afectándonos, amais do recoñecemento dun fracaso, é un craso erro. Hai que participar, facerse escoitar e defender os nosos puntos vista, aínda que somos conscientes de que lograr este clima de entendemento e boas relacións cos veciños é difícil.

As friccións xorden por motivos moi comúns, como o atraso no pagamento dunha derrama, non pagar un recibo, o uso inadecuado dun espazo común ou o comportamento inaceptable de cans e doutras mascotas. A crise económica, pola súa banda, lonxe de axudar, non fixo senón acentuar os problemas das comunidades de veciños. Segundo un estudo da consultora Arrenta, en España o 15% dos bloques de vivendas conta polo menos cun veciño que non paga as súas cotas. En só un ano, pasouse do 10 ao 15%. O mesmo informe revela que case o 60% dos conflitos económicos consisten en non pagar as cotas mensuais e derramas. Ségueno en importancia as obras non consentidas (15%) e a instalación de ascensores e de sistemas de aire acondicionado (7%). Expertos en vivenda e xuristas de EROSKI CONSUMER facilitan unha serie de consellos prácticos para evitar e, de ser o caso, dar solución a estes e a outros problemas veciñais. Coñecer o que din as leis ao respecto, manter a temperanza e a cortesía nas situacións críticas e facer gala do sentido común son tres claves útiles.

"Nesta comunidade nosa"... de morosos

  A limpeza e a electricidade das zonas comúns, o mantemento dos ascensores e, se os hai, dos xardíns ou das piscinas e mais -só nalgúns edificios e urbanizacións- o salario do porteiro e do administrador son os principais gastos xerais que afrontan as comunidades de veciños, desembolso regular ao que se suman ocasionalmente outros para pagar obras de reparación ou pintura e limpeza. Estas cargas deben ser asumidas polo conxunto dos propietarios de vivendas e locais, e o problema máis frecuente xorde cando un ou varios copropietarios deixan de pagar as cotas que teñen asignadas. Esta situación provócalles dificultades ao resto de veciños, que poden sufrir atrasos na execución de acordos, e mais anoxa a quen cumpre puntualmente coas cotas. E, en casos extremos de comunidades con moitos morosos, a interrupción ou cancelación de servizos por falta de pagamento. Co fin de protexer os intereses dos propietarios que pagan as cotas, a lei contempla un procedemento rápido de cobramento aos morosos que se pode pór en marcha sen a necesidade de recorrer a un avogado: o proceso monitorio.

Co acordo da Xunta de Propietarios convocada para tal efecto (os que deben cotas teñen voz, pero non voto nesta reunión), o administrador da propiedade ou o seu presidente poden esixir ante o xuíz o pagamento da débeda. Ademais, pode ser a propia comunidade quen tramite a demanda sen necesidade de facelo mediante avogado ou procurador.

Unha vez admitida a demanda no xulgado, concédeselle ao moroso un prazo inferior a un mes para liquidar a débeda ou para alegar ante o tribunal os motivos polos que non considera xusto pagar a totalidade ou parte da débeda. Unha vez concluído este prazo, se o demandado non paga nin alega, o xuíz ditará a execución da cantidade debida máis os xuros, os gastos e os honorarios do avogado, se é que a comunidade contratou un. Neste caso, o xuíz pode ditaminar o embargo do piso ou do local do veciño moroso, que se decide apelar a decisión do xuíz deberá antes liquidar a débeda coa comunidade.

Virus contra a convivencia veciñal

Non poder pechar o ollo en plena madrugada polo ruído dunha lavadora ou polos ladridos dun can, a súa coada botouse a perder porque os veciños de arriba sacoden as alfombras sobre a roupa posta a secar... Quen non se viu algunha vez nunha destas tesituras? A boa nova é que non hai por que resignarse. A Lei de propiedade horizontal regula estes e outros problemas de convivencia que poden xurdir entre os propietarios dunha comunidade. Esta norma tende a atribuírlle ao titular da propiedade a máxima liberdade posible, pero establece límites claros, baseados nos dereitos dos demais propietarios e no interese xeral da propiedade, da comunidade.

Calquera veciño que entenda que outro ou outros realizan actividades que poidan resultar molestas, perigosas ou insalubres para os demais pode queixarse ante o presidente da comunidade, que lle deberá esixir ao veciño causante do problema que mude de actitude. Unha vez advertido de xeito directo e persoal, se segue igual o que cómpre facer é esixirlle, mediante burofax certificado con xustificante de recibimento, o cesamento inmediato das actividades molestas, advertindo de que se van iniciar accións xudiciais se segue adiante con elas. Se o veciño problemático fai oídos xordos, pódese convocar unha Xunta para discutir o asunto, na que, se así se decide, se autorizará o presidente para iniciar unha acción xudicial.

Unha vez presentada a demanda, o xuíz pode ordenar a suspensión preventiva das actividades molestas. E se a sentenza é finalmente condenatoria, amais de se ordenar o cesamento desas accións inadmisibles, pode ditarse o pagamento dunha indemnización por perdas e danos e ata a privación do dereito ao uso da vivenda ou local por un tempo determinado. Se o causante das actividades molestas é un inquilino e non un propietario, pódese anular o seu contrato de alugueiro.

Paginación


Relacións deste contido

Descargar esta información en PDF

PDF: Fai clic aquí para Descargar esta información en PDF (780 Kb)

Neste artigo

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto