Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

A friameira (ou o tupper) saudable

Unha alimentación equilibrada e saudable tamén cabe na friameira, un recurso cada vez máis común entre os que xantan fóra da casa

  Non é un sistema novo, non resulta sofisticado e nin sequera precisa unha tecnoloxía revolucionaria. Pero, aínda que hai que buscar a súa orixe hai xa varias décadas, está cada día máis de moda. "Comer de tupperware", a versión evolucionada da tradicional friameira, é unha opción que está ben lonxe de esquecerse. Malia os variados menús do día que ofrecen os restaurantes e mais os comedores de empresas e universidades, emerxe con inusitada forza en España, sobre todo entre os traballadores novos e os estudantes. Se cadra é porque levar a comida da casa sabe mellor e ata menos a horarios e espazos, se cadra simplemente porque nola fai a nosa nai e sabe moi ben, ou quizais porque nunha conxuntura económica como a actual cómpre reducir gastos, o tupper gaña adeptos. O mellor é que esta fórmula para se alimentar tan socorrida e escasa en gastos non impide manter unha dieta saudable. Iso si, sempre que as présas, a incultura culinaria, os malos hábitos e o aburrimento non conduzan ao abuso de fritos, conservas, precociñados, de alimentos ricos en graxas saturadas ou de guisos caloríficos de máis. No outro extremo, comer de tupper tampouco debe equivaler á monotonía das eternas ensaladas e pastas, por moito que se varíe a súa composición. Os expertos en nutrición de EROSKI CONSUMER aseguran que o máis conveniente sería recuperar esas entrañables receitas tradicionais que todos coñecemos: lentellas, fabas, garavanzos, verduras cocidas, arroces... A clave reside en cociñar pratos sabedores e saudables que permitan manter o equilibrio nutricional.

Comida requentada, saborosa e nutritiva

Unha comida equilibrada componse de catro equipos básicos: verduras e hortalizas, féculas, alimentos proteicos e lácteos ou froitas de sobremesa. Así de doado, xuntos ou separados, todos estes "xogadores" achegan a enerxía e mais os nutrientes básicos que -como nun crebacabezas- encaixan á perfección no cómputo nutricional cotián. O resultado é a elaboración dun menú "para levar" que permita alcanzar o 30-35% da enerxía diaria, proporción que se considera conveniente para o xantar polo mediodía. E velaquí é onde entra en xogo a capacidade do recipiente. Recoméndase o uso de envases medianos, porque se axustan á porción de alimentos que se asocia a unha comida equilibrada; 125 gramos de carne ou 150 gramos de peixe; 150 gramos de legumes, arroz ou pasta cocidas, 200-250 gramos de patacas e 150-200 gramos de verduras ou ensalada.

Pero non só é importante facer un seguimento dos menús no día a día. Tamén convén pensar en cada un deles como parte da previsión nutricional de toda a semana. Porque a variedade na frecuencia de consumo dos diversos alimentos é esencial para se nutrir axeitadamente e para manter un peso corporal correcto.

Prato único

 A maioría dos que comen de tupper consomen un único prato. A proteína da carne ou do peixe, gornecida coas vitaminas, os minerais e a fibra dos vexetais, co complemento enerxético dos carbohidratos -pan, arroz, pasta, pataca ou legumes-, garanten todos os nutrientes nun único prato. Unha minestra de verduras, un prato de patacas con peixe, unha fideuá de polo e cogomelos, ou unha ensalada de arroz e carne ou peixe, son pratos únicos saudables e bastante equilibrados. Só se se pretende consumir estes alimentos como pratos únicos se deben gardar nun mesmo recipiente. De non ser así, convén conservalos en friameiras distintas: evitarase a mestura de cheiros e sabores.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto