Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Parques infantís: estudados 739 aparellos de xogo de 132 áreas de recreo de uso público situadas en 18 cidades españolas: O mantemento de un de cada tres elementos de xogo é insuficiente

A seguridade das zonas de xogo é boa, aínda que precisa melloras

  Arriba, abaixo, arriba, abaixo... Os parques infantís adquiriron nos últimos anos un aspecto futurista, con intricados aparellos de atrevido deseño. Pero a esencia do seu estilo non mudou: arriba, abaixo, arriba, abaixo... Nenos e nenas que soben aos bambáns ou aos tobogáns, nenos e nenas que baixan. Nesta demostración constante dos efectos da lei da gravidade, é fundamental que estas zonas se atopen nas mellores condicións para evitar que aos pais lles dea unha volta ao veren os seus fillos baixaren demasiado rápido ou dun xeito pouco ortodoxo. A teor dos resultados da investigación realizada por EROSKI CONSUMER, o servizo que ofrecen as zonas infantís do noso país aproba, pero polos pelos. A súa valoración é un pobre 'aceptable', idéntica á obtida nun estudo semellante elaborado hai cinco anos. Aínda que se observaron melloras, distan de seren as desexables. Entre as razóns desta pobre valoración están o deficiente mantemento observado en case un de cada tres elementos de xogo, o que pode pór en perigo a integridade dos máis cativos, e que en máis da metade das áreas de recreo non hai carteis que informen do grupo de idade ao que están destinados os xogos. En materia de seguridade, a realidade evolucionou positivamente: en sete de cada dez áreas de recreo as superficies son de caucho reciclado e o 84% das zonas de xogo estaban delimitadas.

EROSKI CONSUMER analizou entre finais de xaneiro e comezos de febreiro un total de 739 aparellos de xogo de 132 zonas públicas de xogo infantil situadas en 18 cidades: A Coruña, Alacante, Barcelona, Bilbao, Cádiz, Córdoba, Granada, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza. Valorouse a seguridade, o estado de mantemento, a información e accesibilidade dun total de 40 balancíns, de 50 tobogáns, de 129 estruturas multixogo, de 254 asentos de bambáns e de 262 resortes. A metade destas zonas infantís atopábanse no centro das cidades e a outra na periferia ou en barrios non céntricos. Tamén se lle solicitou información aos concellos sobre o número de parques infantís e mais o orzamento destinado ao seu mantemento.

As zonas infantís visitadas con mellores cualificacións foron as de Cádiz, Barcelona, Córdoba, Vitoria, Pamplona e Granada (cun 'ben'). Bilbao, Madrid, Murcia, San Sebastián, Valencia, Zaragoza, A Coruña, Alacante e Málaga recibiron un 'aceptable'. O suspenso recae nas zonas infantís estudadas en Oviedo, Sevilla e Valladolid ('regular').

Saberse comportar

  Os parques infantís atraen os rapaces pola súa combinación de diversión e risco. Así e todo, os máis pequenos non son realmente conscientes dos perigos aos que se poden enfrontar. De aí que para que estas zonas sexan seguras, non só sexa importante o mantemento e bo estado de cada elemento de xogo, senón a educación dos pais e as normas de comportamento que lles deben transmitir aos seus fillos:

  • Respecto. Os cativos non se deben empurrar ao xogaren cos equipos de xogo. O conveniente é que o usen sen présa e, na medida do posible, con orde.
  • Ao utilizaren os xogos, débeno facer correctamente: por exemplo, ao se lanzaren polo tobogán, teñen que facelo sentados, cos pés cara a diante e non se recomenda que se poñan de pé nos bambáns.
  • Hai que ter coidado coa roupa: non é conveniente levar roupa moi folgada, con cordóns ou cordas cando se xogue nun parque infantil. Pódese tornar nun serio perigo, xa que poden quedar enganchados no aparato e causarlles lesións ao menor.
  • É recomendable avisar os cativos de que se deben fixar nas superficies que pisan e agarrarse firmemente nas estruturas de trepar. Evitaranse así esvaróns e sustos.
  • Os nenos menores de tres anos deben ir acompañados constantemente dun adulto, que non os deixarán sós en ningún momento.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto