Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

^

Eles miran por ti, mira ti por eles

Non só a pel, tamén os ollos sofren os estragos do sol: unhas lentes de sol homologadas, con protección ultravioleta e filtro soar axudan a combatelos

Elixir ben as lentes de sol

Mirar pola calidade das lentes

A normativa comunitaria de 1997 (EN 1836) recolle unha serie de estándares que deben cumprir as lentes antes de saíren ao mercado. En primeiro lugar, deben superar as probas de laboratorio, dende as mecánicas, como valorar as posibilidades de que se deforme a montura, ata medicións cun espectrofotómetro que analiza a capacidade de filtrar a luz visible e os raios ultravioleta. Tras superar estes controis, conseguen a 'marca CE', criterio de calidade mínimo, aínda que algunhas lentes de mercados e bazares locen esta marca sen superaren os controis de calidade. Amais da certificación CE, hai que fixarse en que na etiqueta ou adhesivo colocado na lente se faciliten certas informacións, como o filtro solar, a normativa que cumpre ou se protexe ou non contra os raios ultravioleta (UV). Estes filtros van do 0 ao 4, e canto maior sexa a luminosidade solar do ambiente, máis alto deberá ser o filtro da lente.

Hainas baratas e boas

O prezo pode ser indicativo da calidade, e de feito as lentes máis caras adoitan ser de boa calidade, pero, e velaquí a clave, hainas baratas e de calidade satisfactoria. Unha análise comparativa desta revista na que se estudaron 20 lentes con prezos que ían dende 12,90 ata 286 euros comprobou que todas cumprían coas esixentes probas da norma europea EN 1836:2006 que regula a calidade das lentes de sol. Isto é, as vinte filtraban a radiación ultravioleta case por completo, eran aptas para conducir e superaban as probas de resistencia. Os especialistas en óptica poden argumentar que entre lentes con tanta diferenza no prezo as diferenzas non se reflicten na protección solar, senón na calidade e nitidez da visión. Parece moi probable que sexa así, pero o certo é que o relevante en materia sanitaria é a protección ante os raios solares, a saúde dos ollos.

Os pícaros corren máis perigo

Os nenos poden sufrir problemas nas pálpebras ou nos lacrimais como consecuencia da exposición solar, pero son os que menos utilizan as gafas de sol. Debemos convencer os cativos de que poñan as gafas de sol no verán, ás veces mesmo na sombra, xa que superficies como a area e a auga reflicten a luz solar. E cómpre procurarlles as lentes axeitadas e acostumalos dende ben pequechos a levalas. O criterio que se debe seguir na elección de gafas infantís é o mesmo ca para os adultos, non sendo que convén mercalas máis pechadas polos laterais para nos asegurarmos de que non entre a luz. As máis apropiadas para os pequenos son as que, no canto de suxeitarse con patillas, incorporan unha goma axustable á cabeza. Deste xeito evítase que caian e escachen mentres corren e xogan. Dicirlles que lles quedan ben e que así parecen máis guapos ou maiores, e mercarlles unhas que lles gusten e que lles sexan cómodas é comezar con bo pé.

Elixir ben as lentes de sol

Non serve calquera par de lentes de sol. Os expertos en saúde de EROSKI CONSUMER propoñen unha serie de consellos para atinar na compra:

     
  • Establecemento. Hai que acudir a establecementos especializados como ópticas ou farmacias, nos que contaremos co asesoramento de profesionais. Así e todo, tamén moitas tendas de moda venden lentes de sol coa protección solar axeitada.
  • Material. As lentes deben ser de cristal ou orgánicas, e nunca de plástico. Nas lentes orgánicas é máis sinxelo introducir substancias absorbentes dos raios UV, mentres que as lentes de cristal deben incluír filtros especiais, que se colocan por riba do cristal.
  • A cor. As cores máis aconsellables son o gris, por ser a máis neutra, a que menos distorsiona as tonalidades; e o castaño, porque mellora os contrastes e ofrece unha protección maior.
  • Filtro. Hai que establecer o filtro en función do contorno no que se vaian usar preferentemente esas lentes. Os filtros solares das lentes van do 0 ao 4.
  • O tamaño. Convén seleccionar modelos que protexan os ollos na súa totalidade entre a montura e o cristal, e non soamente contra os raios que chegan frontalmente, senón tamén contra os laterais.
  • Homologadas. As lentes de sol deben lucir o selo CE que asegura que cumpre coa normativa da Unión Europea. Pero deben cumprir tamén o estándar europeo sobre lentes de sol EN 1836:1997, especificar o número de filtro solar que incorpora a lente e aclarar se protexen ou non contra a acción dos raios ultravioleta (UV).
  • Cando usalas. O risco de lesións oculares causadas pola luz solar é maior entre as 10:00 h e as 16:00 horas, xa que é a franxa horaria na que maior penetración teñen os raios solares.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto