Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Pais e nais na casa, e educadores e profesionais de restauración colectiva no comedor escolar deben asumir a responsabilidade de que os nenos adquiran hábitos alimentarios saudables
O neno come o que ve que comen os pais. A razón de que o menor coma mal débese, en boa medida, a unha conduta alimentaria mal aprendida na casa e a unha relación pouco reflexiva coa comida, a non lle conceder a importancia que ten. Por iso, resulta determinante que os pais, os avós e os educadores analicen ata que punto, co seu comportamento alimentario cotián, coa súa disciplina e co tempo e modo que invisten en ensinarlles a comer aos máis pequenos, son responsables da súa inadecuada conduta alimentaria. Hai que educar os nenos en sabores diferentes que lles permitan gozar dunha alimentación rica, variada e saudable. É tarefa dos pais e das nais no fogar, e dos educadores e profesionais de restauración colectiva no comedor escolar, inocularlles hábitos alimentario saudables. Iso si, sen renunciar a que as comidas constitúan un momento pracenteiro. E se, de paso, os maiores aprenden a comer algo mellor, a xogada sairá perfecta.
Os máis pequenos amósanse remisos, polo xeral, a consumiren froita, agás o plátano, doado de pelar e de agradable sabor doce. Pero a clave para iniciarse nunha dieta sa e variada está en que proben outras froitas, xa que certas vitaminas e minerais abundan nuns tipos de froita mentres que escasean noutros. O plátano contén moito potasio, pero apenas vitamina C. Os nenos deben comezar o día tomando froitas: un zume no almorzo, ou rebandas de plátano, amorodos. Na guía de EROSKI CONSUMER "Como previr a obesidade infantil" enuméranse unha serie de consellos para lograr que os nenos coman froitas e verduras. Pódena consultar en http://obesidadinfantil.consumer.es/web/es/frutas_verduras/2.php
A maioría dos nenos non comen as dúas porcións de vexetais diarias necesarias e fáiselles aínda máis costa arriba comer ensalada decote.
Así que os nenos cumpriron un ano, poden comezar a comer o peixe esmiuzado ou en cachiños, axustando a cantidade ás súas necesidades.
O papel esencial que xogan os legumes no crecemento e desenvolvemento dos nenos obriga a incorporar nos menús infantís pratos tradicionais, como os cocidos de lentellas, garavanzos ou fabas. Deben aprender a comelos a miúdo, non todo pode ser pasta e arroces. Tamén podemos ofrecer receitas modernas e atractivas con legumes, que sorprenderán aos máis pequenos.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI