Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Froitas, verduras e peixe tamén son cousa de nenos

Pais e nais na casa, e educadores e profesionais de restauración colectiva no comedor escolar deben asumir a responsabilidade de que os nenos adquiran hábitos alimentarios saudables

  "Sempre lle agradecín á miña nai que me ensinase a comer de todo e que me insistise na importancia que ten unha boa alimentación". Esta declaración de fillo orgulloso que escoitamos de cando en vez representa unha cara da moeda, a positiva. A outra témola nunha escena moi común que se produce acotío no comedor de empresa ou na cea cos amigos: alguén faise o tolo e deixa no prato a metade da comida, e explica -laconicamente e só se lle preguntan- "nunca me gustaron as verduras", ou " é que eu sonche máis de carne: o peixe nin mi vai nin me vén". Velaquí as dúas caras da moeda dunha realidade, os hábitos alimentarios, que os especialistas relacionan cada vez máis coa saúde, en particular coa obesidade e coas enfermidades cardiovasculares. E, tamén, dun estado da situación que ten a súa orixe no que se aprende dende a infancia.

Na mesa familiar, se pomos o foco nos nenos e no seu comportamento ante a comida que lles servimos, vemos que a carne e mais as patacas fritidas voan, pero que deixan case toda a verdura; que se relamben de gusto coa pasta con tomate e queixo pero ollan de esguello para as lentellas e xamais acaban o peixe non sendo que careza de espiñas e non saiba moi forte; adoran os fritos, os doces, os lácteos e os bolos, pero non hai quen os dea feito comer con frecuencia ensaladas ou froita. Poderíase dicir que estes non son máis ca topicos, e que cada neno é un mundo, e sería ben certo, pero tanto os nutricionistas como os educadores, os profesionais do sector da restauración colectiva e os pais saben ben que esta situación se repite acotío en moitas familias e comedores escolares: os nenos comen mal, e seguro que hai desculpas e razóns que o explican, pero o feito ten unhas repercusións moi prexudiciais na súa saúde. Case un de cada seis menores españois de entre 6 e 12 anos padece obesidade, e a unha cuarta parte dos que non cumpriron 24 anos a báscula advírteos de que pesan máis do que lles convén. España é un dos países europeos con maiores taxas de obesidade infantil. A razón? O excesivo consumo de alimentos ricos en graxas e de produtos doces, e a tradicional reticencia dos nenos a inxerir froita, peixe e hortalizas. Os novos costumes de cativos e mozos, máis sedentarios ca os das xeracións anteriores (o uso intensivo de Internet, coas súas absorbentes redes sociais e mais a adicción aos videoxogos algo teñen que ver con eles) e mais a escasa actividade física compoñen o resto deste explosivo cóctel que hipoteca a saúde de moitos nenos e mozos.

A solución

  Para os nenos o día ten poucos momentos gratificantes (hai que se erguer cedo, asearse, estudar e atender na clase, moverse de aquí para acolá...) e o da comida é un deles. Ao igual do que acontece cos adultos, gústalles gozar ao se alimentaren. De feito, non pensan en nutrirse, senón en comer o que máis lles gusta. Que se pode facer para que aprendan a comer ben, e para que gocen comendo o que, de entrada, non lles gusta ou mesmo detestan? A recompensa é un método pouco aconsellable. Ofrecerlles como premio algo que os atrae moito, como a sobremesa ou as "chuches", se comen o que non lles agrada non é un bo método. Especialistas en nutrición infantil das universidades de Surrey e de Gales, ambas as dúas no Reino Unido, acaban de publicar unha investigación na que conclúen que este sistema de recompensar con alimentos pode incrementar aínda máis as preferencias dos nenos pola sobremesa ou polos doces, pois o emparellamento de dúas comidas tradúcese en que a comida de recompensa se considere máis positiva ca a de acceso. Outros especialistas aseguran que en certas circunstancias os premios poden aumentar a dispoñibilidade para modelar a conduta alimentaria, pero suxiren ofrecer recompensas non alimentarias, como o recoñecemento ("estou moi orgulloso de ti", "estás a aprender moito") ou pequenos obxectos, como adhesivos ou un lapis de cores cando acadan éxitos, noutras palabras, cando comen o que preferirían non comer.

Insistir na casa e mais no centro escolar sobre a importancia de adquirir hábitos alimentarios saudables, e compaxinar esta formación co ofrecemento cotián de menús equilibrados e ben pensados que acaben agradando aos pequenos é a mellor maneira de que aprendan a comer de todo.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto