Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

EROSKI CONSUMER analiza cuatro portales de empleo en Internet: Webs de emprego: un de cada dous traballos que ofertan non se axustan ao perfil do usuario

Dos 83 currículos inscritos en ofertas das catro webs de emprego, tan só un quedou finalista. A información sobre os empregos ofertados foi escasa

Os sitios web analizados

Analizáronse exhaustivamente os catro portais en función de 36 parámetros, que inclúen os datos de contacto da empresa e mais a súa identificación fiscal (se son bos de atopar e están ben visibles), a atención ao cliente, a súa navegabilidade e usabilidade, o currículo vítae (crealo ou subilo, o formato, a páxina persoal, etc.), a axuda para buscar emprego (alertas, seguimento, información sobre o posto, etc.), os contidos e servizos que ofrece cada un deles (formación, noticias e reportaxes, consellos, orientación e consulta a expertos), os foros, blogs e redes sociais, e o buscador de ofertas de emprego.

  •   Monster: boa usabilidade e mellor atención ao cliente. Con diferenza, é o servizo máis cómodo de usar: a inscrición é rápida, o acceso doado e o perfil do candidato é ben doado de cubrir. É a que mellor e máis clara atención ao cliente ofrece. Conta cun sistema moi sinxelo para atopar os datos todos da empresa, cun formulario para realizar consultas e reclamacións e mais cun teléfono gratuíto de atención ao cliente. Non obstante, a información sobre as empresas contratantes é mellorable. O proceso de solicitude de traballo é pouco claro e logo de completar o pertinente currículo, ás veces hai que repetir a operación na web da empresa que oferta ese emprego.
  •   Infojobs: o máis regular.Esta páxina, herdeira da publicación Segunda Man, destaca pola súa regularidade en todos os campos analizados, xa que se ben en ningún ou en case ningún dispón do mellor servizo, o seu nivel medio é satisfactorio. Sobresae o bo resultado no servizo de alertas, con información polo miúdo tanto das empresas como dos requisitos previos que se demandan para poder entrar a formar parte do proceso de selección. Os seus puntos febles: a publicidade e información adicional (a súa páxina principal está sobrecargada de información e de publicidade).
  •   Infoempleo: boa información adicional e vocación social. Esta páxina web de ofertas de traballo perde moitos puntos porque un paso tan importante como o de cubrir o perfil e correspondente currículo vítae do candidato resulta moi deficiente: a fotografía non se encadra ben, fanse demasiadas preguntas innecesarias e apartados como o de idiomas non aparecen correctamente cubertos por máis que o usuario teime en conseguilo. No tocante aos elementos positivos, dispón dunha valiosa e traballada información adicional (consellos útiles para atopar un posto de traballo, para conservalo e para mellorar o nivel profesional, entre outros). Destaca a ampla rede social de blogs coa que conta: créanse dende a páxina persoal de cada candidato de modo gratuíto e con amplas posibilidades de deseño. Cada semana colócase en portada un dos mellores. Tamén inclúe ofertas de traballo fóra de España.
  •   Trabajar.com: moi pouca atención ao usuario. A páxina peor valorada por ser pouco máis ca unha base de datos sobre ofertas de traballo cun sistema de alertas de correo electrónico por palabras clave que nin sequera se fixa na residencia do candidato. Suspende en case todos os campos e só innova en que dá algunhas das súas ofertas a través da súa conta Twitter.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto