Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Unha xornada nunha estación de esquí

Para ousados montañeiros nos seus inicios e elitista na súa confirmación, a práctica do esquí é unha opción de ocio invernal cada ano máis popular. A tempada pasada preto de oito millóns de persoas achegáronse a algunha das vinte e nove estacións de esquí alpino distribuídas polos montes ibéricos na procura de diversión e de contacto coa natureza. O esquí é hoxe accesible no económico e, ao ser a súa técnica básica doada de aprender, vai gañando adeptos ano a ano. Estes achéganse aos cumios nevados e alí sérvense dunhas estruturas calculadas ao milímetro e dunha organización na que nada se deixa á improvisación e na que traballan e fan funcionar centos de profesionais. Nunha xornada calquera, a estación que retratamos do Pirineo oscense ofrece 137 quilómetros esquiables, garante unha capacidade de 36.860 esquiadores por hora, alberga 97 pistas, mantén operativas as súas once telecadeiras e cinco telesquís e, de se precisaren, faría funcionar os 440 canóns de neve artificial distribuídos polos catro vales que ocupa.

  
Ruben García Blázquez

As máquinas de pistas.

Se o tempo o permite, e han de ser condicións moi extremas as que o impidan, as máquinas pisan a neve todos os días. A preparación das pistas verdes, azuis e vermellas obriga a dúas quendas de traballo. A primeira ocupa das 5 da tarde ata a media noite; a segunda toma o relevo deica as 8 da mañá. A súa misión é compactar e acondicionar a neve no espazo definido polas balizas que marcan o ancho e longo da pista. Ás cotas altas e ás lombas de compromiso as máquinas diríxense en parellas, xa que se enfrontan a pendentes que poden alcanzar o 100% ou, dito doutro xeito, a ángulos de 45 graos. Para preparar estas pistas de elevada inclinación a estación conta con máquinas equipadas con cabrestante.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

As telecadeiras.

Recollidas as máquinas nos seus hangares, unha hora antes da apertura da estación póñense en marcha as telecadeiras. Xunto co motor eléctrico, arríncase o de emerxencia, que funciona con gasóleo, como medida de comprobación por se cumprise utilizalo. Das condicións meteorolóxicas que condicionan a apertura das cadeiras o vento é determinante. A súa velocidade ha de ser inferior aos 20 metros por segundo e ha de se descartar a posibilidade de refachos fortes. Polo demais, pode nevar copiosamente ou alcanzarse temperaturas inferiores aos 20 graos baixo cero e non afectar ao funcionamento mecánico. De tecnoloxía desembragable, as cadeiras pasan polo cable a unha velocidade de cinco metros por segundo e na zona de embarque deceleran para recolleren o esquiador a 0.6 metros por segundo.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

Os písters.

Recoñecen a estación na súa integridade. Coñecedores da previsión meteorolóxica e do risco de aludes, arrancan dende as cotas altas e chegan ás máis baixas. Deciden a apertura ou non das pistas e informan da calidade da neve e do seu espesor. Comproban que as balizas estean colocadas: as de precaución (paus en negro e amarelo) e as do grao de dificultade (verde, azul, vermello e negra). Colocan os sinais de minorar a velocidade e os carteis de cruzamentos. Pero ese é só o inicio do seu traballo. Son eles os que rescatan os accidentados e, se cómpre, descéndenos en motos de neve e padiolas.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

Os aludes.

Dúas veces por semana, en colaboración coa AEMET, os písters realizan un corte de neve para interpretar pola estrutura das súas capas a probabilidade de aludes e determinan o risco de aludes segundo a Escala Europea. Tamén se realizan test rápidos se as condicións o aconsellan para determinar o risco en situacións puntuais. Toda esta información envíaselle á AEMET, que se ocupa de procesar os datos e de determinar cal é o nivel de risco de aludes. As cornixas, os tubos e as pas máis expostas ou susceptibles de que a neve se desprenda e alcance as pistas son obxecto de explosións controladas, ben a través de Gazex, de Avalancheur ou de Daissybell. Este último, suspendido dun helicóptero, permite realizar desencadeamento en calquera punto da estación. O persoal de estación é quen mellor coñece o risco, e aínda que en ocasións a aparencia inocente é enganosa, os sinais de aludes non son un capricho dos písters.

Os canóns.

Un mes antes do inicio da tempada comézase a fabricar de modo artificial a neve natural, que non leva ningún aditivo químico. Colocados cada setenta metros, os canóns ocupan 30 quilómetros e serven para conservar as pistas ata a clausura da estación. Impulsan a unha presión de 70 bares (unha billa doméstica aberta ao máximo non alcanza os tres bares) a auga e o aire que viaxan en canalizacións soterradas a un metro de profundidade. No núcleo de cada canón mestúrase o aire coa auga e créase a neve, sempre que as condicións climatolóxicas o permitan. Para que a operación sexa produtiva é necesario que a temperatura marque un valor de menos dous graos ou inferior na escala de temperatura húmida, unha variable que se obtén da temperatura seca e da humidade relativa. Os canóns todos manéxanse dende software e, dependendo de onde se atopen (cambian os parámetros segundo a zona), acéndense uns ou apáganse outros.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

Oito horas de ocio, vinte e catro de traballo

O esquiador máis apaixonado logo de oito horas completará unha xornada de esquí. Ao longo de todo ese tempo atoparía as pistas pisadas, os cruzamentos sinalizados, as balizas no seu sitio, as cadeiras funcionando e os paneis informativos actualizados. Poderá volver ao día seguinte e atopará a estación nunhas condicións similares. Só cambiará o tempo -nevará, fará sol, vento, néboa- e a neve estará húmida, será po ou dura, pero grazas a un equipo de decenas de profesionais nada máis dependerá da improvisación.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

Outras fotorreportaxes que che poden interesar

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto