Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
En 1997 unha comunidade de propietarios contratou cunha empresa o servizo de mantemento de ascensores por un período de dez anos. O contrato de adhesión prevía a prórroga automática, salvo renuncia previa con catro meses de antelación. Se a rescisión unilateral se producía fóra deste prazo, fixouse unha indemnización cun importe máximo equivalente a dous anos de facturación. No inicio do primeiro período de prórroga, a comunidade solicitou a rescisión do contrato. A empresa reclamou 945 euros que se aboaron, pero alegou de novo un erro e reclamou 1.881 euros máis, cantidade que a comunidade se negou a pagar. O asunto rematou no Xulgado e, en sentenza do 12 de febreiro do 2009, a Audiencia Provincial de Soria absolveu á comunidade de veciños de pagar por considerar que se trataba unha cláusula abusiva que vulneraba a boa fe e o equilibrio xusto de prestacións.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI