Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.
As pasadas vacacións vinme obrigado a pagar polas miñas maletas nun voo de ida e volta coa miña familia. Poden as compañías aéreas de baixo custo cobrar pola equipaxe facturada? Podo reclamar a devolución?
O establecemento dunha taxa por facturación de equipaxe independente do custo do billete contravén o establecido na artigo 97 da Lei 48/1960 de navegación aérea, que sinala que o transportista "estará obrigado a transportar xuntamente cos viaxeiros, e dentro do prezo do billete, a equipaxe, cos límites de peso e volume que fixen os regulamentos", polo que no caso de que unha compañía esixa importes por facturación, considérase que o usuario debe reclamalos. Se coida que é o seu caso, presente unha reclamación de devolución alegando o cobramento contrario á devandita lei nas oficinas de consumo do seu concello ou provincia ou acuda a unha Asociación de Consumidores. Poderá instar ata un xuízo verbal contra a Compañía, sen necesidade de avogado nin procurador, dado que a contía do preito será inferior a 900 euros. No Xulgado proporcionaranlle un sinxelo formulario de demanda.
Non obstante, esta interpretación non é unánime. O Xulgado do Mercantil nº 1 de Bilbao, en sentenza do 29 de xaneiro do 2009, desestimou a reclamación dun usuario similar á formulada. Argumentaba que no contrato o pasaxeiro se comprometía coa compañía a non levar máis ca a equipaxe de man, co que obtiña un prezo máis vantaxoso. Por iso, concluía, non se daba incumprimento da previsión legal. O prezo do billete incluía o transporte de pasaxeiro e equipaxe, pero o prezo reducíase se non se portaba outra equipaxe ca a de man. Engadía esta sentenza que non se podía falar tampouco de abuso porque se coñecen, antes de contratar, os termos das distintas tarifas. Cada pasaxeiro escolle a que prefire e non se impide, que é o que a lei veda, que o viaxeiro non poida levar a súa equipaxe persoal e facturala na adega.
Por todo iso, convén que a persoa afectada revise os termos do seu contrato e a información que lle proporcionaron, que debe ser completa, veraz e accesible. Esta cuestión é clave para calibrar as posibilidades dunha reclamación.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI