Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Unha autoescola ofrece clases prácticas cunha duración inferior á contratada

Contratei os servizos dunha autoescola. Nas clases de condución descóntanme o cuarto de hora que tardan en levarme ao circuíto de prácticas do tempo de clase, que é de 45 minutos. Ademais, dixéronme que as clases eran de unha hora e logo no contrato pon que son de 45 minutos. Tampouco me informaron de que ao prezo hai que lle engadir un 16% de IVE. Que podo facer?

  De acordo co Regulamento regulador das escolas particulares de condutores, as clases prácticas deben ter unha duración mínima de 45 minutos, con excepción das manobras en circuíto pechado, que como mínimo deben durar 30 minutos. Se as clases practicas en circuíto pechado son de 30 minutos, a autoescola está a cumprir cos mínimos legais, pero se cadra non co contrato. A persoa afectada pode comprobar se o contrato especifica unha duración inferior a 45 minutos para aquelas clases prácticas realizadas en circuíto pechado. Se non é así, pode reclamar a duración pactada contractualmente. Así o ampara a normativa xeral sobre protección de consumidores relativa ao dereito a recibir información completa e veraz sobre os servizos, e mais o Código Civil, polo que os contratos obrigan ao cumprimento do expresamente pactado se é conforme á boa fe, ao uso e á lei. Solicite para iso unha Folla de reclamacións.

No que atinxe á duración das clases e mais ao cobramento do IVE púidose producir unha deficiente información precontractual. Se esta información previa consta na publicidade escrita ou nalgún folleto, a persoa afectada poderá probar con maior facilidade o incumprimento da autoescola e reclamar as condicións ofrecidas. Agora ben, atoparase con maiores dificultades se a información tivo exclusivamente carácter verbal. En calquera caso pode solicitar unha folla de reclamacións e acudir aos Servizos de Consumo do seu concello ou provincia.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto